viernes, 13 de marzo de 2020

Fronte ao Coronavirus: Queda na Casa

DEL GABINETE DE COMUNICACIÓN SERGAS-OURENSE
https://www.facebook.com/ComSergasOU/videos/223658762092231/
Fronte ao coronavius tod@s podemos colaborar. Estamos a traballar intensamente, precisamos da túa axuda para seguilo facendo. Queda na casa.

Axúdanos por favor, non acudas ao Centro de Saúde por temas leves. Non satures as urxencias. Deixa o 061 para pacientes graves e emerxencias.

Estamos a facer todo o posible para coidarvos, axúdanos, deixanos tempo para coidar dos que mais nos necesitan

Axúdanos, non te contaxies, non contaxies. Queda na casa, pide consulta telefónica no teu centro de saúde. Pensa nos mais débiles, pensa nos teus.

Os nenos e nenas non están de vacacións, eles tamén poden colaborar quedando na casa, eles teñen menos riscos pero poden ser fonte de contaxios. Queda con eles na casa, educa en saúde, educa en solidariedade.

Ten sentidiño, limita os teus contactos sociais e segue os consellos das autoridades sanitarias. #NACASA



Fronte o Coronavirus tod@s podemos colaborar. Sentidiño, hixiene de mans, limita os teus contactos sociais e segue as recomendacións das autoridades sanitarias. Xa sabes, queda na casa, especialmente as persoas maiores, con patoloxías crónicas e inmunodeprimidos. Non son Vacacións é saúde.


https://youtu.be/PGjr78FOju4

No hay comentarios: