miércoles, 10 de julio de 2024

Homenaxe ao guerrilleiro monfortino Ramón Yáñez Pereira "O Médico" en Caseta de Ansemil (Celanova-Ourense), 14 xullo 2024

Cartaz do artista celanovés Baldomero Moreiras (2024)




O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e o Comité pola Memória Histórica do Val do Límia homenaxearán ao guerrilleiro monfortino Ramón Yáñez Pereira "O MÉDICO" sinalando o lugar onde foi asasinado en xulllo de 1943 polas forzas franquistas de represión: a Caseta de Ansemil, no termo municipal de Celanova; e cunha conferencia do historiador Carlos Morais no Salón de Arcos da Casa do Concello de Celanova o domingo 14 de xullo ás 11,45 horas.

 O Comité pola Memória Histórica do Val do Límia e o Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova sinalarán como lugar de memoria o sitio onde foi morto Yáñez, cuxo nome figurará tamén no memorial ás vítimas da represión soterradas no cemiterio de Celanova.

Os comités convidan a socias e veciñanza a participar da conferencia, na que Morais relatará a vida de Yáñez Pereira, emigrante en Barcelona antes da guerra, cadro comunista na clandestinidade e, finalmente, incorporado á guerrilla na zona do Laboreiro a principios dos anos corenta, que foi delatado en Celanova por un vello coñecido a quen lle veu pedir axuda para fuxir cara ao exilio, mais foi denunciado, emboscado e asasinado o 13 de xullo de 1943.

LOCALIZACIÓN DE FAMILIARES

Segundo a documentación que recuperou Morais, Yáñez Pereira foi soterrado no cemiterio de San Breixo en Celanova, e polo tanto o seu nome figura no memorial ás 88 vítimas da barbarie fascista que alí recibiron sepultura e que se instalará proximamente ao abeiro do Plan Estatal de Exhumacións coordinado pola Grupo Histagra da Universidade de Santiago de Compostela, con financiamento público, unha vez que se obteñan os permisos da Xunta de Galiza e do Bispado de Ourense, en trámite.

Desde as asociacións memorialistas lévase desenvolvido este ano unha campaña de busca de familiares de Ramón Yáñez Pereira a través das redes sociais e publicacións en prensa, e solicitase a colaboración da veciñanza con calquera dato sobre a familia que se pode achegar a través do mail memoria.celanova@gmail.com

CARTEIS

Durante o acto no Salón de Arcos, estarán a disposición do público un lote de 30 carteis sobre o suceso da Caseta de Ansemil realizados polo artista celanovés Baldomero Moreiras, que adicará os exemplares, cunha axuda de 3 euros por exemplar para financiamento do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.

LINKS:

Face https://acortar.link/OT3n13

WEB https://acortar.link/yh5pKT

TW (X) https://twitter.com/adiante_gal/status/1808787191797010782



jueves, 4 de julio de 2024

"El silencio de la locura" (sobre el Sanatorio Psiquiátrico de Toén... Un trabajo de TFG de Aroa Gutiérrez Silva, Facultad de Periodismo de la Universidad de Santiago de Compostela)

 


El silencio de la locura


https://aroaaagutierrez.wixsite.com/my-site-3/about-9

"El silencio de la locura", un trabajo de TFG de Aroa Gutiérrez Silva, Facultad de Periodismo de la Universidad de Santiago de Compostela, julio 2024:

"Si las paredes hablaran podrían relatar todo lo que ocurrió en los 53 años en los que el sanatorio psiquiátrico de Toén se mantuvo operativo.

Por suerte o por desgracia esto nunca será posible, pero siempre hay otras opciones para conocer su historia.

Soy Aroa Gutiérrez Silva, estudiante de último año de Periodismo en la Universidad de Santiago de Compostela.

Mi interés por investigar a fondo la historia de este psiquiátrico se retrotrae al verano del año 2023. La visita a la exposición 'Escoitar cos ollos' de Arte Espida me cautivó. Automáticamente quise conocer más acerca de cómo es la psiquiatría de hoy en día y cómo fue la de un pasado. 

Intento aportar una percepción más clara de lo que fue, lo que es y lo que será el psiquiátrico de Toén y contribuir en el olvido del estigma social hacia las personas con enfermedades mentales, que desgraciadamente sigue presente" ( EL Silencio de la Locura, Aroa Gutierrez Silva, 2024).  

++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

En la página web que da soporte y alberga al proyecto  periodístico multimedia del trabajo de TFG de  Aroa Gutiérrez podremos ver diferentes textos, fotos, entrevistas y vídeos.

https://aroaaagutierrez.wixsite.com/my-site-3/about-9


Vista del Sanatorio de Toén, año 1961. Archivo familia Pino ( publicado en 2005 en el libro "Locura, Medicina, Sociedad: Ourense, 1875-1975", por David Simón (2005)). 


lunes, 24 de junio de 2024

LA DRA. OLIMPIA VALENCIA ("Ciclo recordando a..." en El Liceo de Ourense, 24 junio 2024)


O luns 24 de xuño ás 20:00 horas, Olimpia Valencia, a limiá que se convertiu na primeira médica de Galicia, será a protagonista do "Ciclo recordando a..." de El Liceo de Ourense. Ana Fuentes (familiar de Olimpia e xornalista, autora do libro "Olimpia Valencia. Ocho décadas de historia desde los ojos de una pionera"), Alberto Cuquejo (científico) e Alexander de los Ríos (historiador e director de Vía Lethes) participarán nunha mesa na "Sala de Tertulia" do Liceo presentada e moderada por Delfín Caseiro.

++++++++++++++++++++++
A la doctora Olimpia Valencia ya la habíamos recordado en el libro "Médicos ourensanos represaliados en la Guerra Civil y posguerra" (2010, 2ª edición, Fundación Dez de Marzo/Concello de Ourense). De aquellas hicimos un breve resumen de su periplo biográfico y profesional, en donde fundamentalmente lo que hicimos fue recopilar informaciones de Ricardo Gurriarán, de Consello da Cultura Galega y de alguna otra fuente oral.

Aportamos a continuación lo que en 2010 publicamos en el libro citado sobre la Dra. Valencia :
"Olimpia Valencia López (Baltar, Ourense, 1898-Vigo, Pontevedra,1987): Oriunda de tierras ourensanas, aunque su periplo vital y profesional la relaciona con Vigo. Entre 1919 y 1925 completa la carrera de Medicina en la Facultad de la Universidad de Santiago. Fue una de las primeras médicas que estudian la carrera de Medicina en Santiago (1919-1925) y que ejerce en Galicia. Durante su estancia en Madrid para realizar el doctorado con el doctor Recaséns, vive en la Residencia de Estudiantes, en relación con la Institución Libre de Enseñanza. Se dedica a la Ginecología y abre una consulta en Vigo en 1928, en la céntrica Rúa do Príncipe, donde ejercerá hasta su jubilación. Sufrió encarcelamientos breves en 1937 y en la posguerra debido a su simpatía por las izquierdas y a su participación en diversos actos a favor de candidatos del Partido Galeguista entre 1931 y 1936. Fue cofundadora de la Academia Médico-Quirúrgica de Vigo y de la Alianza Francesa de esa ciudad.
Hija única de una familia acomodada, su vida representa un caso único, pero también significativo, de incorporación de la mujer al ámbito académico y profesional en el primer tercio del siglo XX en España, avance drásticamente interrumpido por el golpe militar de 1936. La guerra y el franquismo hicieron que esta mujer viviese retirada y centrada en su vida familiar y en su trabajo. En la década de 1940 consiguió entrar en la Seguridad Social y se retiró en la década de 1960. 
Olimpia Valencia siguió trabajando con más de ochenta años en su consulta privada, en consonancia con una vida austera dedicada al trabajo y al estudio. Siempre ha sido reconocida por su elegancia personal, su discreción y su calidad humana. El Ayuntamiento de Vigo dio su nombre a una calle en 1998 y en 2003 el municipio (era alcalde Lois Castrillo, del BNG) le rindió nuevo homenaje con la colocación de una placa conmemorativa en el edificio que albergó su primera consulta" (tomado de "Médicos ourensanos represaliados en la Guerra Civil y posguerra" (2010, 2ª edición, pp.207-209).

viernes, 14 de junio de 2024

A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) homenaxea ao Dr. Carlos Guitián ( en Ourense, 15 xuño, 2024)

Carlos Guitián Rodríguez (1927-2024)

Carlos Guitián en 2017. Imagen tomada de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2024/01/27/span-langglfalece-aos-96-anos-urologo-carlos-guitian-medico-galeguista-innovou-nunha-tecnica-cirurxicaspan/00031706386416824956281.htm




A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) homenaxea ao Dr. Carlos Guitián Rodríguez (1927-2024)  mañá sábado en Ourense. Dende este blog sumámonos ao merecido homenaxe a este galeno ourensano .

”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

* Xosé González Martínez. Presidente do Foro E. Peinador.

Hai dous anos visitamos no seu domicilio ourensán  ao doutor Carlos Guitián. Tiñamos mentes de facerlle unha entrevista. A súa saúde xa estaba quebrada e o resultado foi outro do previsto: apenas aproveitamos algunhas respostas, moi proveitosas, por certo, para aproximarmonos ao seu perfil biográfico

Carlos Guitián morreu con noventa e seis anos. A súa especialdidade médica foi a uroloxía. Moitos ourensáns recordan os seus acertados diagnósticos en tempos nos que a ciencia non acadara os graos de perfección que ten hoxe a expecialidade.  Á consulta do doutor Guitián acudían pacientes dos pobos da provincia de Ourense, reenviados por médicos rurais con escasa formación para detectaren anomalías fisiolóxicas  de difícil diagnóstico e tratamento, tal e como relata no seu libro “Enfermos pobres, médicos tristes”, o doutor Roberto Fernández Álvarez, cuxa lectura recomendo, ao persoal sanitario, pero tamén a todas as persoas que teñen interese pola historia da sanidade pública.


O doutor Carlos Guitián pertenceu por  inclusión xeracional a unha  élite médica que se deu en chamar Escola Médica Compostelana, constituída por catedráticos da Facultade de Medicina que tiñan consulta privada.  Os pacientes con patoloxías severas incertas acudían con frecuencia á “Fonte Limpa”, que así denominaban popularmente os titulares daquelas clínicas privadas de médicos humanistas, avalados polos coñecementos científicos en conexión constante cos centros de investigación máis avanzados do mundo naqueles tempos.


Carlos Guitián formou parte desa élite médica. O seu selo humanístico fundamentabase no  coñecementos das  peculiaridades propias e na idiosincrasia dos doentes galegos (“as enfermidades son iguais en todos os sitios do mundo, pero os doentes non”). De aí que o noso admirado doutor estivese involucrado en cantas iniciativas culturais tivesen como obxectivo a galeguización de Galicia.


Coñecíno  na chamada “Misa de Rosalía” que un grupo de crentes galeguistas convocaban anualmente cada 25 de xullo. E como estamos a falar dun modo de resistencia perante un réxime negador das manifestación culturais de raíz galega, permítome lembrar que a primeira liturxia en lingua galega fora oficiada polo P. Seixas colaborando  eu co oficiante na condición de  monaguillo  na efeméride patriótica de 1965. Alí estaba eu con quince anos. A xente que acudía á igrexa de San Domingos de Bonaval era numéricamente pequena, pero cualitativamente de nivel intelectual elevado; os máis deles,  sobreviventes da Xeración Nós, e cofundadores da restauración cultural de Galicia no franquismo. Non lembro quen foi, pero alguén dos presentes presentoume a Carlos Guitián como un máis “das  novas xeracións de mozos que han continuar o noso labor”.


Pero foi outro 25 de xullo de 1969, cando a intervención policial dirixida polo axente da brigada social, Benito Nieto “O chepas”, a quen coñeciamos en Vigo, fora dunha contundencia desmedida por mor dunha voz que emitíu un “Viva Galicia Ceibe”. Lembro ao meu carón a Otero Pedrayo co caxato erguido pedíndolle inútilmente responsabilidade a aqueles policías  desertores do arado indocumentados que repartían porrazos a eito, sen miramentos. Non esquezo a imaxe do escultor Camilo Nogueira, grande coma un castelo, caendo a rebullón polas escaleiras; outros intentaban fuxir en desbandada  daquela desproporcionada agresividade policial. Deteñen a Xaime Isla Couto e isto motiva que Carlos Guitián alporizadamente dixera “non hai dereito”. A resposta do policía foi dicir “y Vd, también”, metendo os dous como sacos de patacas nun “Jeep”.


A Irmandade da Sanidade Galega, que é unha entidade que pretende galeguizar aos profesionais da sanidade, convoca para o próximo día 15 de xuño, en Ourense,  dous actos: un, na Avda. da Habana  onde vivíu Carlos Guitián, para  descubrir unha placa de homenaxe a súa memoria; media hora despois, outro de índole académica no paraninfo do Instituto Otero Pedrayo, que contará coa presenza do Presidente do Parlamento de Galicia, para glosar as virtudes que adornaron o intelixente e modélico bo facer profesional do homenaxeado. No mesmo acto ingresarán na Irmandade da Sanidade Galega dezasete novos irmandiños e irmandiñas, médicos e demais profesionais do sistema sanitario galego- dispostos a secundaren o exemplo galeguizador de Carlos Guitián, coa idea de crear unha escola de galeguismo na sanidade pública.

 +++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++


Otros Links: 

- "Carlos Guitián Rodríguez, médico, voluntario y galeguista hasta la médula"  https://www.laregion.es/articulo/ourense/obituario-carlos-guitian-rodriguez-medico-voluntario-galeguista-medula/202401280700531268717.html

-Del Dr Guitián al Dr. Romano: urología en Ourense y Galicia. https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2017/04/del-dr-guitian-al-dr-romano-urologia-en.html

-"Carlos Guitián e as lembranzas", http://www.laregion.es/opinion/manuel-herminio-iglesias/carlos-guitian-lembranzas/20170412083305700522.html

-"Homenaxe ao doutor Carlos Guitián", http://www.farodevigo.es/opinion/2017/04/24/homenaxe-ao-doutor-carlos-guitian/1666136.html

-"Don Carlos Guitián, o médico que facía as recetas en galego", http://pablovaamonde.blogspot.com.es/2017/04/don-carlos-guitian-o-medico-que-facia.html


lunes, 3 de junio de 2024

Luís Pimentel o médico poeta (Medicina e Letras Galegas na Biblioteca da Facultade de Medicina da USC ,maio 2024)


https://sway.cloud.microsoft/isA46KzOx7DNeZA6?ref=Link&loc=endofstory
https://www.zendalibros.com/tu-que-sabes-de-luis-pimentel/


Luís Pimentel, o médico poeta

Neste 2024 a Biblioteca da Facultade de Medicina da USC continúa a súa serie de mostras sobre antigos estudantes da facultade a quen se lles chegou a adicar o Día das Letras Galegas nalgunha ocasión.

Achegánse este ano á figura de Luís Pimentel (Lugo, 1895-1958), médico e poeta lucense homenaxeado pola Real Academia Galega no ano 1990.

Este médico-poeta estudou Medicina en Compostela entre 1914 e 1922. Logo, desenvolveu toda a súa carreira médica en Lugo.

A súa produción literaria non é moita pero relacionase estreitamente coa súa actividade profesional, tal como o deixa reflectido nestas verbas: 

“Señoras e señores: Non é raro, senón frecuente, que os médicos teñamos aficións artísticas, ou literarias. Por esta frecuencia chegouse a pensar en cal sería o motivo: o contacto tan directo coa dor humana? (...) eu vos digo que a miña profesión de médico serviu para dar vida aos meus poemas, e tamén esta vocación de poeta (así o creo eu) para exercer a certa altura ética e estética a miña carreira (…)”

Déixamos un enlace a unha pequena presentación de Luís Pimentel e da súa obra, e que ten sido elaborada pola BIBLIOTECA da FACULTAD DE MEDICINA de SANTIAGO DE COMPOSTELA.

LINK a presentación a expo(Biblioteca de la Facultad de Medicina de la USC) :

Medicina e Letras Galegas

Luís Pimentel o médico poeta

https://sway.cloud.microsoft/isA46KzOx7DNeZA6?ref=Link&loc=endofstory

(Biblioteca de la Facultad de Medicina de la USC)



++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
LUIS PIMENTEL E O BLOG "Diario de un médico de guardia"
Este blog, que comeza no verán do 2009, un blog sobre temas relacionados coa Medicina e a Historia....e que chámase "Diario de un médico de guardia", toma o nome dun  capitulo do libro póstumo  "Barco sin luces" (1960) de Luis Pimentel. A primeira entrada do blog explico un pouco   https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2009/07/medicina-sociedad-e-historia.html



Algunha outra vez teño feito referencia a Pimentel no blog:



https://sway.cloud.microsoft/isA46KzOx7DNeZA6?ref=Link&loc=endofstory


miércoles, 29 de mayo de 2024

"Mentes no labirinto: saúde mental, cultura e inclusión" (“Mentes en el Laberinto: salud mental, cultura e inclusión”). Exposición en el Arquivo de Galicia en Santiago, 7 de junio al 18 de octubre de 2024

 

https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl/arquivo-galicia/evento/semana-internacional-dos-arquivos-0

Con motivo de la celebración de la Semana Internacional de los Archivos del 3 al 7 de junio, el Arquivo de Galicia (Archivo de Galicia) ha programado entre sus actividades jornadas de puertas abiertas que incluyen la visita a las instalaciones del archivo y la exposición "Hijas de Galicia: mujeres en emigración..y también la inaguración de la exposición: "Mentes no labirinto: saúde mental, cultura e inclusión" (“Mentes en el Laberinto: salud mental, cultura e inclusión”).  

La inauguración de la exposición "Mentes no labirinto: saúde mental, cultura e inclusión"  tendrá lugar el viernes 7 de junio a las 12:00 horas en el Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela).

Según la información que aporta la pagina web del Arquivo de Galicia https://arquivosdegalicia.xunta.gal/gl/arquivo-galicia/evento/semana-internacional-dos-arquivos-0

"Con esta exposición pretendemos acercarnos, a través de la documentación del Hospital Psiquiátrico de Conxo (conservada en el Archivo de Galicia) y del Hospital Psiquiátrico de Toén y su heredero Piñor, al funcionamiento de estas instituciones y al tratamiento de las enfermedades mentales en Galicia. Entre todos ellos, prestaremos especial atención a la incidencia que los conflictos bélicos producen en la salud mental de la población civil y militar que los padece, junto con los diferentes escritos, dibujos, pinturas o esculturas que muestran la creatividad de los pacientes y que, sin duda, son de interés desde el punto de vista diagnóstico, terapéutico y artístico".

++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

Hospital Psiquiátrico de Conxo ( foto de abril de 2011. David Simón)

Hospital Psiquiátrico de Conxo ( foto de abril de 2011. David Simón)


Documentación de Hospital Psiquiátrico de Conxo ( Arquivo de Galicia, 2014 aprox.. David Simón)

Documentación de Hospital Psiquiátrico de Conxo ( Arquivo de Galicia, 2014 aprox.. foto de David Simón)


Hospital Psiquiátrico de Toén ( años 2008 aprox )  SERGAS.Ourense)

Hospital Psiquiátrico de Toén ( años 70 ). Foto realizada por Dr. Grcía de la Villa. Hospital del  PANAP-AISNA. Direccion General de Sanidad. Ministerio de Gobernación)


 ( Imagen Coleccion Hospital Psiquiátrico de Toen ( 1959-2012)  PANAP-AISNA..Conselleria Saniade...SERGAS. Ourense)

 Hospital Psiquiátrico de Piñor-CHUO. SERGAS. Ourense. Foto de David Simón. 2020... Antiguo sanatorio antituberculoso ( inaugurado en 1955).



PROXECTO ARTE ESPIDA 
( Hospital Psiquiátrico de Piñor-CHUO. SERGAS. Ourense)



“Investigación biomédica: un valor añadido para el sistema sanitario público” (conferencia Clausura Curso de la Academia Médico-Quirúrgica de Ourense, 29 mayo 2024)

 

https://amqourense.com/


Conferencia de clausura del año académico 2023-2024 de la Academia Médico Quirúrgica de Ourense

“Investigación biomédica: un valor añadido para el sistema sanitario público”

Dr. Joaquín Cubiella Fernández


Miércoles, 29 de mayo de 2024.

A las 19:30 horas en el Salón de Actos del Centro Cultural Marcos Valcárcel

Rúa Progreso, 30. Ourense

++++++++++

En la conferencia de clausura del año académico 2023 2024 de la Academia Médico Quirúrgica de Ourense, el Dr. Joaquín Cubiella presentará la motivación para poner en marcha líneas de investigación en nuestros centros sanitarios públicos y las opciones para llevarlas a cabo.

La investigación biomédica dentro del sistema sanitario debe ser considerada como una necesidad. Aporta beneficios en términos de empoderamiento de los profesionales, captación de recursos, nuevas opciones diagnósticas y terapéuticas para nuestros pacientes y la posibilidad de colaborar con el tejido productivo de nuestro país. No obstante, dado que la cultura de la investigación es diferente a la de la asistencia sanitaria pública, existen grandes barreras para la puesta en marcha y crecimiento de grupos de investigación competitivos. Esto es incluso más complejo en nuestro entorno, eminentemente asistencial, y en un contexto de crisis como la que vivimos actualmente.

Es necesario el compromiso de los profesionales sanitarios para que, cada uno a su nivel, apoyen y propongan actividades investigadoras con la visión de generar una cultura de investigación en el medio plazo en la sanidad orensana.

++++++++++++++++++++++++++++









lunes, 6 de mayo de 2024

Día de homenaje y recuerdo a las víctimas del exilio, 8 de mayo de 2024. Algunas notas/actos desde Ourense y desde el blog "Diario de un médico de guardia"

El artículo 8 de la Ley de Memoria Democrática (LMD) establece el 8 de mayo como día de homenaje a las víctimas del exilio: "Se declara el día 8 de mayo de cada año como día de recuerdo y homenaje a los hombres y las mujeres que sufrieron el exilio como consecuencia de la Guerra y la Dictadura". Esta fecha coincide con la victoria definitiva de las tropas aliadas sobre las tropas nazis y fascistas, poniendo fin a la Segunda Guerra Mundial, una jornada conmemorada en Francia como "Día de la victoria".

Uxío Souto. Paso dos Pirineos, 1939.
Museo de Pontevedra. Depósito da familia Souto Aliseda. Tomado de libro Memorial da liberdade, Xunta de Galicia, 2006
.


“Al recuperar del olvido al exilio, España recupera una parte de sí misma”(2002, Adolfo Sánchez, filósofo e exiliado republicano). 

Fichas del Servicio de Migración-Registro de Extranjeros del Estado de México: ficha del médico ourensano Antonio Fernández Carnicero, exiliado a México en verano de 1936. Tomado de
http://pares.mcu.es/MovimientosMigratorios/staticContent.form?viewName=presentacion  .
El doctor Fernández Carnicero en compañía de maestro Luis Soto, continuó ligado al activismo político en el exilio. Existen numerosos testimonios documentales y orales de la participación de Fernández Carnicero en la actividad antifranquista en México, al menos hasta finales de la década del cuarenta vinculado al "Grupo Gallego de la UGT en México" (cuyo máximo representante fue Luis Soto). Contribuirá a formar la “Comisión Gallega de Ayudas a la Junta Suprema de Unión Nacional” en 1944, siendo secretario de la propaganda de la misma ( y Luis Soto vicesecretario), y ​​que se integra en la “Federación de Organismos de Ayuda a los Republicanos Españoles” (FOARE).


Desde la Agrupación Municipal do PSdeG- PSOE e Xuventudes Socialistas de Ourense se organiza el día 8 de mayo un recuerdo y homenaje a los miles de personas que tuvieron que  exiliarse como consecuencia de la Guerra Civil y la dictadura franquista.  Quieren así rendir homenaje a su lucha por las libertades y derechos. Lo hacen mediante la proyección del documental "𝑬𝒙𝒊𝒍𝒊𝒐" (2002) producido por TVE y la  Fundación Pablo Iglesias. 


ALGUNOS LINKS DE "DIARIO DE UN MÉDICO DE GUARDIA" RELACIONADOS CON EL EXILIO:

- Los nombres del exilio / Os nomes do exilio (médico, republicano, galego). https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2011/12/los-nombres-del-exilio-os-nomes-do.html

-"Vieiros" y stories del exilio gallego en México ( Luis Soto Fernández y el médico Antonio Fernández Carnicero).https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2021/11/vieiros-y-stories-del-exilio-gallego-en.html

-De la represión franquista en la sanidad gallega a las inicitaivas de la JARE en el exilio en México (viejos y nuevos y trabajos). https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2012/09/de-la-represion-franquista-en-la.html

-Buscando rastros y memorias de médicos gallegos refugiados en la "raia seca" de Portugal en los años de la Guerra Civil y posguerra: desde Castro Laboreiro a Montalegre. https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2019/12/buscando-rastros-de-un-medico-galego.html

-Los Vaamonde Valencia de Alongos-Toén-Ourense: Exilio y represión en la Guerra Civil y posguerra ( a propósito de la conferencia sobre el arquitecto ourensano José Lino Vaamonde y su exilio a Venezuela). https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2018/09/los-vaamonde-valencia-de-alongos-toen.html

-Más fotos que son novela: exilio republicano gallego en "La Casa de la Troya" (Buenos Aires) (con Daniel Trabazo Serapio, odontólogo).https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2013/02/mas-fotos-que-son-novela-exilio.html

-Médico, historiador, exiliado, republicano: Francisco Guerra (1916-2011). https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2011/12/medico-historiador-exiliado-republicano.html

-A propósito del post "Camiños do exilio" en jeanfrujo.blogspot.com. https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2011/08/proposito-del-post-caminos-do-exilio-en.html

Homenaje en Redondela al médico socialista Alejandro Otero Fernández (Redondela, Pontevedra, 1888-México, 1953).https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2011/02/homenaje-en-redondela-al-medico.html


Portada de revista "De mar a mar"(1943, Buenos Aires),  que fue uno de los primeros proyectos intelectuales y culturales sostenidos en Buenos Aires durante los años cuarenta por parte de un grupo destacado de exiliados españoles –en su mayoría, gallegos- en su diálogo con la intelectualidad latinoamericana.

"Lift the Embargo: All Aid to Spain!"; Advertisement by Medical Bureau and North American Committee to Aid Spanish Democracy protesting non-interventionist embargo on exports to Spain. Appeared on the back cover of the March 1939 issue of the magazine Direction (Darien, Conn).




jueves, 2 de mayo de 2024

Día Mundial de la Salud Mental Materna (en el primer miércoles de mayo), 1 de mayo de 2024.


"Maternidad" (1932), de Alexander Deineka


El primer Día Mundial de la Salud Materna se lanzó en el año 2016 y se conmemora cada año el primer miércoles de mayo, que este año se celebra el 1 de mayo de 2024. 

El Día Mundial de la Salud Mental Materna se lanzó para aumentar la conciencia acerca de los problemas de salud mental materna, con la finalidad de que más mujeres busquen ayuda, reciban tratamiento adecuado y menos sufran. El objetivo común es sensibilizar a la población mundial acerca de la importancia de la salud mental materna y mejorar los recursos destinados por los gobiernos a la prevención, detección y tratamiento de los trastornos mentales durante el embarazo y el primer año tras el nacimiento (trastornos mentales perinatales).

ALGUNOS ENLACES: 

SOCIEDAD MARCÉ ESPAÑOLA

http://www.sociedadmarce.org/

La Sociedad Marcé es una sociedad multidisciplinar que engloba profesionales de las áreas implicadas en la atención, formación e investigación en salud mental perinatal. incluye profesionales de la medicina, psiquiatría, psicología, pediatría, obstetricia, biología, enfermería, trabajo social, fisioterapia, terapia ocupacional.


Asociación Española de Psicología Perinatal

http://www.asociacionpsicologiaperinatal.es/

Maternidad. Xaime Quessada.

OTROS Día Mundial de la Salud Mental Materna (en el primer miércoles de mayo) en DIARIO DE UN MEDICO de GUARDIA

miércoles, 24 de abril de 2024

A Raia Seca Solidaria. Homenaxe ao guerrilleiro antifascista Alfredo Yáñez "O Aguirre" e á comunidade de Sernande (Vinhais) Sábado, 25 de maio de 2024 SERNANDE ( Vinhais-PORTUGAL) e A GUDIÑA (Ourense).

https://www.facebook.com/Amigasdarepublica
https://www.facebook.com/Amigasdarepublica

A Raia Seca Solidaria.

Homenaxe ao guerrilleiro antifascista

Alfredo Yáñez "O Aguirre" e á comunidade de Sernande (Vinhais)

Sábado, 25 de maio de 2024

SERNANDE ( Vinhais-PORTUGAL) e A GUDIÑA (Ourense)

+++++++++++++++++++++++++++

ORGANIZA: Amigos da República

Colaboran: Os Torgueiros Asociación Os Torgueiros, União de Freguesias de Quirás e Pinheiro Novo (Vinhais) e Concello de A Gudiña.

++++++++++++++++++++++++++++++

11:00 (Portugal)/12:00 (España).

En SERNANDE -VINHAIS (Portugal) . No adro da ermida de Santo Antònio de Sernande.

Acto Homenaxe ao guerrilleiro antifascista Alfredo Yáñez "O Aguirre" e á comunidade de Sernande (Vinhais).

Interveñen: Amigos da República, União de Freguesias de Quirás e Pinheiro Novo (Vinhais) e Dionísio Pereira.

+++++++++++++

17:30-20:30.

Na Gudiña (Ourense) - Casa da Viuva.

Presentación da xornada na Gudiña (Asociación Os Torgueiros).

17:30-Proxección do documental "A Menina que vía homes encadeados" (2022), de Alicia López Méndez e Javier López Rodríguez.

Participan: Javier López Rodríguez e Felipe Lubián Lubián.

Presenta/Modera: David Simón (Amigos da República)

18:30-Conferencia: "A Resistencia antifranquista dende Portugal. As orixes da Federación de Guerrillas e o exilio fracasado".

Ponente: Alejandro Rodríguez Gutiérrez (Grupo Sputnik Labrego. Historiador)

Presenta/Modera: Dionísio Pereira (Historiador)

++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

Vaise celebrar un acto de lembranza agradecida pola solidariedade que atoparon as persoas, galegas ou doutras zonas de España, que fuxiran da Ditadura franquista entre 1936 e 1947 e se refuxiaron na zona da actual União de Freguesias de Quirás e Pinheiro Novo, especialmente na aldeia ou pobo de Sernande.

Haberá un sinxelo acto en Sernande - Vinhais Sernande na lembranza do guerrilleiro antifranquista Alfredo Yáñez "O Aguirre", de Xares-A Veiga (Ourense), e soterrado en Sernande sen lápida, mais tamén en homenaxe daquela veciñanza da raia que tanto padeceu por axudar aos nosos perseguidos e perseguidas.

A iniciativa está sustentada pola Asociación Amigos da República de Ourense, e impulsada por historiadores e profesores como Dionísio Pereira e Lola Varela. Tamén colaboraron en recollida de información e na investigación de campo persoas como o etnógrafo Xosé Rodríguez Cruz (de A Gudiña) ou Fernando Fernández Yáñez ( de A Veiga- Ourense). Colaboran a Asociación Cultural Os Torgueiros (A Gudiña), Javier López Rodríguez (Hermisende-Zamora), Felipe Lubián (de Lubián- Zamora )ou Alejandro Rodriguez (do grupo Sputnik Labrego), ademáis da União de Freguesias de Quirás e Pinheiro Novo, e o Concello da Gudiña.



 

lunes, 1 de abril de 2024

Abril Republicano 2024 en Ourense (Amigos da República, Ourense)


Cartel/Cartaz de Amigos da República no Abril Republicano 2024. 
Deseñado por Baldomero Moreiras para Amigos da República.





Abril Republicano 2024 en Ourense. Actos de Amigos da República ,10-14 abril 2024.




PROGRAMA DE ACTOS. ABRIL REPUBLICANO 2024. 

AMIGOS DA REPÚBLICA- OURENSE

https://www.facebook.com/Amigasdarepublica/

Mércores, 10 ABRIL 2024.

20:00h. BIBLIOTECA PÚBLICA “NÓS”-OURENSE.

Conferencia: “As mulleres que o franquismo agochou en Conxo” 

Ponente: Montse Fajardo Pérez ( periodista e escritora)

Presenta:  David Simón (Amigos da República).

 Coa colaboración da Biblioteca Pública de Ourense.

--------------------------------------------------------

Xoves, 11 abril 2024.

20:30 . Casa da Cultura. Rúa Concello. CineClube Padre Feijóo.

PROXECCIÓN PELÍCULA: “El maestro que prometió el mar” (2023) (105 minutos)

Organiza: CineClube Padre Feijóo e Amigos da República.

Presenta: Xosé Manuel Fernández ( Amigos da República) e CineClube Padre Feijóo

-------------------------------------------------------

Venres, 12 ABRIL 2024.

20:00H. LICEO DE OURENSE. Salón Nobre.

Mesa Redonda: REPRESIÓN NO FRANQUISMO: testimonios de familiares de represaliados ourensanos (participarán familiares de Adolfo Rodríguez Ansias, Manuel Sueiro Iglesias, Estanislao Alonso Reverter, Manuel Gómez del Valle, María del Valle Lozano e Manuel Peña Rey)

Presenta: Manuel Sueiro (Amigos da República)

--------------------------------------------------------

Venres, 12 ABRIL 2024

21:30H. LICEO DE OURENSE

CEA /FESTA da REPÚBLICA.

(Tickets á venta na cafetería do Liceo de Ourense).

--------------------------------------------------------

Domingo, 14 abril 2024

12:00. CEMITERIO DE SAN FRANCISCO.

ACTO de HOMENAXE AOS REPUBLICÁNS REPRESALIADOS

Colabora Concello de Ourense e grupo “Os Fedellos” (de Loiro)

------------------------------------------------

Colaboran: Liceo de Ourense, CineClube Padre Feijóo, Biblioteca Pública de Ourense e Concello de Ourense

viernes, 15 de marzo de 2024

Medicina gráfica: Qué es y cómo utilizarla (en la Academia Médico Quirúrgica de Ourense, Jueves, 4 de abril de 2024)

 Medicina gráfica: Qué es y cómo utilizarla

https://amqourense.com/2024/03/13/medicina-grafica-que-es-y-como-utilizarla/


"Medicina gráfica: Qué es y cómo utilizarla "
Conferenciante: Dra. Eugenia García Amor

Conferencia organizada por la Academia Médico Quirúrgica de Ourense
Jueves, 4 de abril de 2024. 

A las 19:30 horas en la sala de exposiciones del Centro Cultural Marcos Valcárcel,
Rúa Progreso, 30. Ourense.
----------------------------------------------------------------------------
Links: