domingo, 11 de agosto de 2024

Rafael de Vega Barrera, médico republicano, Lugo 1936. Reparación y Memoria.

El Dr. Rafael de Vega (izquierda) en axto oficial (inauguración?) del Hospital Provincial de Santa María en Lugo. Año 1930. 



_______

https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/anulada-condena-rafael-vega-executado-polo-fascismo-1936/20240807175955204341.html

tomado do link de Nós Diario:

"O Goberno estatal anula o xuízo a Rafael de Vega, médico republicano asasinado en Lugo en 1936

Masón e médico de Lugo, sufriu un xuízo sumarísimo.

O Goberno estatal procedeu, a través do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, á declaración de recoñecemento e reparación persoal para o médico de Lugo Rafael de Vega Barrera, tras a solicitude presentada e ao quedar acreditado que sufriu "persecución por razóns políticas e ideolóxicas durante a época da guerra civil española".

Fíxoo con base no disposto na Lei de Memoria Democrática e ao declarar "ilegal e ilexítimo" o tribunal que xulgou Rafael de Vega Barrera e calquera outros órganos que, a partir do golpe de estado de 1936, constituíronse "para imporlle por motivos políticos, ideolóxicos, de conciencia ou crenza relixiosa condenas ou sancións", xa fosen estas penais ou administrativas.

Natural da vila de Zazuar (Burgos) e médico de profesión, era tamén membro da masonería. Traballou como cirurxián en Lugo e despois foi director do Hospital Municipal da cidade da Muralla, localidade na que foi o encargado de proclamar a Segunda República española desde o balcón da casa do Concello.

Durante as eleccións xerais de 1931 foi elixido deputado pola demarcación provincial de Lugo en representación do Partido Republicano Radical, sendo detido cinco anos despois, concretamente o 24 de xullo de 1936, polos militares sublevados, para ser posteriormente recluído na Prisión Provincial.

Logo, procesóuselle mediante procedemento sumarísimo urxente e, por sentenza de outubro de 1936 ditada polo Consello de Guerra instruído na praza militar, resultou condenado a pena de morte polo suposto delito de traizón. A súa execución produciuse o 21 de outubro de 1936. Posteriormente, os seus bens foron incautados e se lle impuxo unha multa de 1,5 millóns de pesetas en concepto de responsabilidade patrimonial".

‐---------

Outros  links:

https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/search?q=Vega+barrera

https://www.researchgate.net/publication/269278703_Medicos_Ourensanos_Represaliados_en_la_Guerra_Civil_y_en_la_Posguerra_Historias_de_la_longa_noite_de_pedra . Médicos ourensanos represaliados en Guerra Civil y posguerra.  David Simón Lorda. 2010. Ed. FUNDACIÓN DEZ DE MARZO.


sábado, 10 de agosto de 2024

O Brasileiro, a resistencia guerrilleira antifascista ( na raia de Castro Laboreiro e a Baixa Limia)

 


 5º ROTEIRO DOS FUGIDOS 👣

🚩‘Manolo Dente d´ouro’ ou o ‘Brasileiro’, a resistência guerrilheira antifascista.

👉Entre 1939 e 1943 operou no Val do Límia umha das primeiras unidades guerrilheiras antifascistas galegas, comandada por Víctor García García, popularmente conhecido nessa altura como ‘Manolo Dente d´ouro’, e como ‘Brasileiro’ a partir de 1943 já como secretário geral do PC na Galiza.

👉Guiados polo Américo Rodrigues -conhecedor da história do ‘Brasileiro’ e da geografia e etnografia castreja-, visitaremos os lugares polos que transitou o dirigente guerrilheiro.

👉Contaremos com a excepcional presença de Víctor García Fernández, filho do ‘Brasileiro’.  


📆⏰DOMINGO 11 DE AGOSTO DE 2024

9.30 h. Saída em autocarro desde o bar Fortes de Mugueimes [Moinhos].

10.30 h. Chegada à vila de Castro Laboreiro (Igreja Matriz).  

10.45 h. Saída simbólica da Loja da Macheta.

14.00 h. Chegada ao Ribeiro de Cima à Casa da Africana, onde foi cercado pola guarda.

14.15 h.  Volta em autocarro de Pau Fito para Castro Laboreiro.

14.30 h. Jantar no parque de Merendas das Veigas, em Castro Laboreiro.

17.30 h. Saída em autocarro de Castro Laboreiro para Mugueimes.


FICHA TÉCNICA

Distáncia: 10 km.

Tempo estimado: 3 horas.

Dificuldade: baixa.

Percorrido: nom se realizará pola estrada, seguirá sempre por caminhos antigos, os que percorreu ‘Manolo Dente d´ouro’.

Pode ser feito de sapatilhas e roupa curta.

Devemos levar água e comida para o trajeto e para o posterior jantar, que pode ficar resguardada no autocarro.


Preço 10€ adultos

            5€ crianças


☎️Para anotar-se, encaminhar whastApp ou telefonar ao 616 868.

×+++++++++××××××-----------




Outros links ao tema de Castro Laboreiro,  a guerrilla e os fuxidos na zona durante Guerra Civil e posguerra:

https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2016/09/entrimo-tierra-viva-sobre-saltando-raia.html

https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2019/12/buscando-rastros-de-un-medico-galego.html