| Hospital Toén. Vista del pasillo Unidad de Hospitalización (Unidad de residentes) enero 2012 |
![]() |
| Finca y edificios del Hospital de Piñor, primavera de 2003 |
![]() |
| Fotos Sanatorio Piñor, 1949 (Arch. Dr. Castro Paz) |
F |
| Finca y edificios del Hospital de Toén, primavera de 2011 |
![]() |
| Finca y edificios del Hospital de Toén, primavera de 2004? |
![]() |
| Finca y edificios del Hospital de Toén, primavera de 2004? |
| Finca y edificios del Hospital de Toén, otoño de 2011 |
| Finca y edificios del Hospital de Toén, otoño 2011 |
![]() |
| Plano del proyecto de Leprosería en Toén (años 30?) (Arch. familia arquitecto Manuel Conde, Ourense) |
NOTA DE PRENSA de la "PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE "
Asunto: Peche de Toén e apertura de Piñor como Centro de Rehabilitación para enfermos de Saúde Mental
O pasado luns día 16 de Xaneiro o Hospital de Toén pechou as súas portas e os seus doentes foron trasladados as prantas 2º e 3º do anterior servizo de Medicina Interna de Piñor. Sendo presentado o mesmo como a culminación dunha xestión eficiente e eficaz na que primou por enriba de todo o “beneficio aos pacientes”.
Dende a Plataforma sempre manifestamos que a situación de Toén, como infraestructura, e como modelo de atención ao paciente con problemas de saúde mental vai anos que precisaba dun cambio. O seu deterioro era tan evidente que calquera modificación por moi pequena que fose sempre ía significar un gran avance para os pacientes alí ingresados e para os profesionais que lles prestan coidados.
Neste contexto ¿cal foi a solución adoptada pola Consellería de Sanidade e pola Xerencia Unica de Ourense?. Dende o noso punto de vista a máis perxudicial para o sistema de saúde da nosa provincia e a clara constatación da marxinación que levamos sufrindo os cidadáns que aquí vivimos e residimos. Solución na que a Consellería e Xerencia non primaron o tan “cacareado” beneficio dos pacientes senon que practicaron a pura e dura austeridade sabendo que con moi pouco de inversión mataban dous paxaros dun tiro. O peche de Toén amenazado de investigación polo Valedor do Pobo e o non ter que levar adiante o proxecto feito polo goberno anterior para darlle solución a Hospitalización dos pacientes de Saúde Mental, para o que xa existía un proxecto aprobado e pagado o seu plan funcional. Estas son as verdadeiras razóns deste desproposito e de rebote teríamos o beneficio para os doentes.
Dende a Plataforma seguimos insistindo no seguinte:
1º.-O peche de Piñor fixo perder máis de 70 camas a provincia de Ourense.
2º-A suposta unificación do servizo de Medicina Interna quedouse nunha dispersión entre o Hospital Nai, Cristal e Materno.
3º.-O peche de Toén sen ningunha alternativa, coñecida, por parte da Consellería está a por en risco o uso público/sanitario deses terreos ou mesmo a súa privatización.
4º.-Pérdese para Ourense o proxecto de ter, tal como estaba proxectado, un novo centro de Rehabilitación de Pacientes con Enfermedades de Saúde Mental nos terreos de Piñor.
5º.-Síguese co colapso nas urxencias do CHUOU, que nega a Xerente Única, e que os traballadores levan denunciando continuamente e o luns día 23 concentraranse en señal de protesta.
6º.-O Plan Director a pesar de tódolos anuncios do Hospital 2050 sigue sen definir claramente o seu financiamento e remate. Insistimos que os fondos europeos non son para a infraestructura, son para que unha vez feita a mesma se lle dote de tecnoloxía de última xeneración.
7º-A provincia de Ourense como moi pronto terá, no mellor dos escenarios, o seu Hospital rematado cara o ano 2016 ou 2018 é decir máis de 20 anos despois de empezar co seu proxecto inicial.
8º.-Os pacientes hospitalizados terán que seguir compartindo habitacións de 3 persoas, baño entre 6 , sen aire acondicionado e con paredes e teitos sen pintura ou desconchados.
9º.-Os familiares e profesionais andaran ciscados polas distintas prantas do hospital sexa buscando os doentes que lles toca atender ou na procura do médico que leva ao seu familiar.
10º-Está Consellería de Sanidade despois de 3 anos de Xestión non ten feito ningunha inversión de importancia en Ourense e pola contra ten practicado a desfeita ben sexa en infraestructuras ou en eliminación de postos de traballo, aumento de contratos lixo ou incremento continuo da derivación a privada.
Ourense 20 de Xaneiro do 2012.
--------------------------------------------
![]() |
NOTA DE PRENSA
PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE 20-1-2012
|
INFORMACIÓN SOBRE LA NOTA DE PRENSA EN EL DIARIO "LA REGIÓN" y en OURENSE DIXITAL
http://www.laregion.es/noticia/192424/sanidade/alerta/sobre/privatizacion/edificio/
http://www.ourensedixital.com/_novas/12/01/23_05.htm










