Mostrando entradas con la etiqueta irmandade da sanidade galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta irmandade da sanidade galega. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de octubre de 2025

A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) homenaxea ao doutor Darío Álvarez Blázquez ( en Tui, 25 /10/2025)

 



A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) homenaxea ao doutor Darío Álvarez Blázquez (en Tui-Pontevedra, 25 /10/2025)

A figura do doutor Dario Álvarez Blázquez (1910-1979), creador dunha saga familiar galeguista, comprometido coa loita antifranquista, será recordada proximamente nunha homenaxe que prepara a Irmandade da Sanidade Galega  na súa cidade natal de Tui. Será unha nova oportunidade para poñer en valor o exercicio  da medicina   cos valores do humanismo e o galeguismo.

++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

Homenaxe ao doutor Darío Álvarez Blázquez

Xosé González Martínez

Faro de Vigo, 22 OCT 2025.

https://www.farodevigo.es/opinion/cartas-al-director/2025/10/22/homenaxe-doutor-dario-alvarez-blazquez-122867767.html

A Irmandade da Sanidade Galega (Isaga) vai celebrar o próximo día 25 en Tui unha homenaxe ao médico, galeguista e humanista don Darío Álvarez Blázquez. O acto terá unha parte académica no Auditorio Municipal Espazo Cultural ás 12.00 horas, e inmediatamente despois, nos Xardíns dos Álvarez Blázquez, develarase unha peza en bronce coa súa efixie elaborada polo escultor José Molares.

Falar do doutor Darío Álvarez Blázquez en Tui é falar dunha saga familiar fundada polo seu pai, tamén médico, don Darío Álvarez Limeses fusilado pola barbarie franquista o 30 de outubro de 1936. Foron días, meses de terror que deixaron unha forte pegada emocional na súa familia que vivíu coa raiba e impotencia aquel luctoso suceso.

Coñecín ao doutor Darío Álvarez Blázquez en 1965 nunha tertulia que se celebraba na rebotica de Domingo Fernández del Riego na rúa do Príncipe. Daqueles demorados parladoiros souben as vicisitudes polas que tivo que pasar a súa familia. Sempre o aseñorei. Para min era don Darío. Sen embargo, aos seus irmáns Xosé María, Emilio e Álvaro, que tamén tratei moito, atuavaos (tratábaos de ti).

Don Darío e os seus irmáns formaban unha piña familiar da que tamén formaban parte os seus fillos e sobriños. El era o pater familias de todos eles. Foi moi respetado polos galeguistas de Galicia do seu tempo. Participaba cos seus irmáns en proxectos culturais como Edicións Castrelos, que dirixía Xosé María, e da Serigrafía Galega, a primeira industria artesanal no seu xénero que houbo en Galicia, rexentada por Álvaro. Do seu obradoiro sairon as pegatinas que levaban moitos automóbiles demandando «Galego na escola» e «Falemos galego», e infinidade de serigrafías de obras dos pintores galegos máis afamados naqueles anos. Nalgún momento homenaxearemolo. De Emilio, que foi chanceler do Consulado da República Oriental do Uruguai en Vigo temos que dicir que deixou gratas lembranzas nas moreas de galegos emigrados a aquel país.

O que sempre admirei do doutor Darío Álvarez Blázquez foi a enteireza que amosaba na defensa dos principios democráticos e galeguistas. Tiven ocasión de coñecer en 1981 a dona Josefa Garcia Segret á que lle fusilaran o seu home, mestres ambos os dous no concello de Tomiño. A dona Josefa, que tiña unha condea de pena de morte, salvouna do pelotón de fusilamento don Darío certificando a súa gravidez para impedir a execución da sentenza. Como o tempo pasaba e a mentira non se podía seguir mantendo máis tempo, acudíu don Darío á prisión de Tui solicitando permiso para visitar á presidiaria. Cunha enteireza propia dunha persoa con altos valores morais extendeu unha certificación sen tremerlle o pulso na que acreditaba que a reclusa acababa de abortar. O director do presidio acreditou na certificación. Daquela aventura solidaria salvaron as vidas don Darío e dona Josefa á que logo lle conmutaron a pena de morte por outra perpetua. Esta historia deixouna escrita nas súas memorias Abajo las dictaduras!.

Hai que ter moitas conviccións éticas para arriscar tanto naquela actuación que ben lle puidera custar tamén a el a vida. A súa afouteza permitíulle participar nunha rede de axuda a fuxidos do franquismo. De todo isto deixou constancia nunha serie de artigos publicados pouco antes do seu falecemento. No ano 1947 estivo preso no cárcere de Vigo cos escritores Francisco Fernández del Riego e Valentín Paz-Andrade, co avogado Roberto González Pastoriza, o médico Ramón Baltar e o rexistrador da propiedade Alejandro Otero por militaren na UIL (Unión de Intelectuais Libres).

Os seus fillos Alfonso (avogado) e Darío (cardiólogo), grandes amigos meus, tributáronlle sempre ao seu proxenitor un profundo cariño e sinceira admiración.

Ambos os dous foron presidentes da Asociación Cultural de Vigo sendo eu secretario. Moitas veces, anos despois, cando lembrabamos aquelas escenas esperpénticas protagonizadas polos policias da Brigada Político-Social en todos os actos culturais programados ainda nos alporizaban. Situábanse os catro ou cinco que eran no fondo do local na derradeira fileira de sillas e ás veces erguíanse para ameazar en alta voz: «Le advierto al conferenciante que se está saliendo del guion autorizado por el Gobierno Civil. Si sigue haciéndolo suspenderemos la conferencia y lo llevaremos detenido a Comisaria».

Imaxine o lector e lectora a situación violenta que creaban aqueles energúmenos na sala. Don Darío e os seus irmáns, case sempre presentes, sentían o arreguizo que tiñan metido a lume no corpo despois das desgrazas polas que tiveran que pasar. Por certo, arrepentínme de terlle pedido a Xosé María Álvarez Blázquez un posto de traballo para un poeta xa falecido, que tivo covardía de escribir un gabancioso poema dedicado a Franco que empezaba así: «A ti, meu Xeneral e Caudillo de España». Cando Xosé María soubo da súa publicación nunha revista da 8ª Rexión Militar, falou cos seus irmáns, que recibiron a noticia con moitísima tristura. Xosé María chamoume para que fose velo á editorial. Recibíume chorando. «Mira, le isto, díxome, non podo soportar o comportamento deste rapaz». Decontado citei ao poeta e despois de pedirlle explicacións polo feito, e non satisfacerme, expulsámolo da UPG. Algún día terei que contar como determinados próceres do nacionalismo o rehabilitaron e reintegraron na organización dous anos despois. A don Darío débeselle que as primeiras misas en galego se puidesen oficiar nos templos das monxas do Asilo e das Trinitarias, das que el era médico, ata que as inxerencias hostís do bispo da diocese de Tui-Vigo, Frei José López Ortíz, que ostentaba ao tempo o emprego de xeneral castrense, obrigoulles ás relixiosas que impedísen as celebracións litúrxicas en galego nas súas igrexas. «Don Darío, lo sentimos mucho , pero nosotras debemos obediencia al señor obispo», dixéronlle.

O monumento coa efixie en bronce de Don Darío Álvarez Blázquez permanecerá para sempre no seu Tui natal para perpetuar a súa modélica memoria para exemplo dos tudenses.

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++



https://www.gciencia.com/retro/manual-50-anos-compila-enfermidades-frecuentes-pescadores/



PERFIL BIOGRÁFICO DO Dr. DARÍO ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

(Tomado de https://homenaxeaodrdaroalvarezblzquez.blogspot.com/2009/05/homenaxe-dos-seus-amigos-na-memoria-do.html


ESTUDIOS E PROFESIÓN

Nacéu en Tui o 30 de setembro de 1910. Morre en Vigo na súa consulta o 7 de xuño de 1979. Estudióu o bachelerato, por ensino oficial, no Instituto de Segunda Enseñanza de Pontevedra. 

Licencióuse en Mediciña e Ciruxía, por Santiago de Compostela, no curso 1931-1932. Doctoróuse pola mesma Universidade (sobresaliente "cum laude"), defendendo a tesis (8-6-1960) "La vida y la obra del célebre médico Francisco Sánchez, "El escéptico", profesor en Toulouse, 1550-1623".

Deantes realizóu o examen de grado (10-6-1950), con la calificación de sobresaliente.

Cursóu en Madrid, no Hospital de San Carlos, baixo a dirección do Dr. Don Carlos Díaz, as especialidades de pulmón e corazón. Obtivo os títulos correspondentes de Médico Especialista do Aparato Circulatorio e de Médico Especialista do Aparato Respiratorio, por O.O.M.M. de 15-11-1962.

Foi Tsiólogo por oposición do Patronato Nacional Antituberculoso e desempeñóu, dende 1936, a plaza de Tisiólogo do Centro Secundario de Hixiene rural de A Guardia.

No ano 1939 emprencipióu os estudios da Facultad de Ciencias Quimicas, en Santiago de Compostela.

Exercéu a profesión en Tui, dende 1932 a 1942, ano en que se trasladóu a Vigo, ao frente de toda a súa familia.

En 1940 leva a cabo un Curso de Tisioloxía no Sanatorio Briñas, de Bilbao.

Poseía o diploma de Inspector Munipal de Sanidad ( A Coruña 30-12-1932).

Foi médico, por oposición, de Asistencia Pública Domiciliaria, con exercicio durante máis de dez anos nesta actividade.

En Tui foi médico civil da dotación da lancha cañonera " Cabo Fradera".

Tamén en Tui foi Profesor Auxiliar de Cátedra de Cencias Naturales do Instituto de Segunda Enseñanza.

Dende o 21 de marzal de 1942 hastra a súa morte exercéu a Medicina en Vigo, a partir do seu primeiro empleo como médico da empresa "Talleres Luis Iglesias".

Foi Médico Xefe do Servicio do Aparato Respiratorio no Hospital da Cruz Roxa en Vigo.

De 1960 a 1966 foi Profesor Axudante de clases prácticas da asignatura "Historia de la Medicina" na "Escuela de Asistentes Técnicos Sanitarios", en Vigo.

Obtivo o título de Médico de Empresa en 1966, exercendo como tal ao servicio de varias entidades.

Foi Médico Xeneral da Seguridade Social, destinado aos beneficiarios da "Mutualidad Laboral de Empleadas del Hogar", dende 1960 deica a súa morte.

Médico-Asesor de "Pescanova, S.A." hastra que se xubilóu.

Foi socio fundador de I.M.E.C.O.S.A.

Foi Médico dos Consulados en Vigo dos EEUU. de Norteamérica, da República Oriental del Uruguay e da República de Venezuela.

De de Tui asimesmo foi Médico de diversas comunidades que lle acretaron longamente a súa confianza: As "Franciscanas de Clausura" do Convento de Tui;"Las Hijas de Jesús", de Vigo; as "Madres Doroteas" de Tui e Vigo; as "Hermanitas del Asilo de los Ancianos Desamparados; os "Hermanos Misioneros de la Casa de Reposo de Nuestra Señora de la Salud" de Teis-Vigo, e, entre outros, de un colectivo étnico: a comunidade xitana de Vigo e seu entorno.

****

SOCIEDADES

Socio Numerario da "Asociación de Especialistas de Enfermedades del Tórax de Galicia", 1956.

Membro Corresponsal da " Real Academia de Medicina y Cirugía de Sevilla", nombramento obtido en concurso, 1958.

Fundador da " Sociedad Española de Historia de la Medicina, 1961.

Membro correspondente da Real Academia Gallega, 27-2-1967.

Socio Corresponsal da "Academia Médico Quirúrgica de Santiago de Compostela"1969.

Membro Corresponsal da "Sociedad de Médicos, Escritores y Artistas", 1969. Numerario dende 1-10- 1975.

Membro de número da " Sociedad Española de Medicina y Seguridad del Trabajo", 1970.

Socio de número da "Academia Médico-Quirúrgica de Vigo" e socio de Honor.

C O N G R E S O S

Curso intensivo sobre "Medicina del Trabajo en la Industria Pesquera" Madrid, 1966.

Participación activa nas "Terceras Jornadas Médicas Galaico-Portuguesas", Vigo 1968.

Distinción ao "Mérito Científico· pola asúa aportación ao "Sexto Congreso Nacional de Medicina y Seguridad del Trabajo", Vigo, 1971.

Miembro Titular, pola súa aportación, ao "XII Congreso Argentino de Anestesiología" Buenos Aires, 1971.

Asistencia activa ao "XII Congreso Internacional del Cáncer", Buenos Aires, 1978.

PUBLICACIÓNS E CONFERENCIAS CIENTÍFICAS

Necesidades y posibilidades de la lucha antituberculosa en España", Tui, 31-12-1936.del Metil-Propil-Fenol en la neumonía", Tui, 1938.

"Farmacología de la Viríasis". Comunicación no Symposium sobre Viríasis, Academia Médico-Quirúrgica de Vigo, 1959

Francisco Sánchez ·El Escéptico". Un gallego precursor". Pontevedra. Publicaciones de El Museo, 1964.

"Carta de un Médico a los Pescadores". Vigo, primera edición, agosto 1965; segunda edición, San Xoan,1967.

"Sugerencias etiológicas en torno a la paro-amiloidosis portuguesa". Terceras Jornadas Médicas Galaico-Portuguesas. Vigo, 1968.

"Patología específica del pescador. Patología digestiva". Conferencia pronunciada no"VI Congreso de Medicina y Seguridad del Trabajo", Vigo, 1971.

"Hipótesis de trabajo para una posible vacuna anti-tumoral". XII Congreso Internacional del Cáncer. Buenos Aires, octubre 1978.

El XII Congreso Internacional del Cáncer en Buenos Aires", Conferencia pronunciada na Academia Médico-Quirúrgica de Vigo. Nadal 1978,

"La saudade, ¿un síndrome disnímico?. Discurso de ingreso na Sociedad de Médicos Escritores, 1975. Publicado en folleto por Ediciones Castrelos, Vigo, 1979.

LIBROS, CONFERENCIAS E COLABORACIÓNS LITERARIAS

Novelas policíacas, escritas baixo o seudónimo anagramático de Dr. Lázaro Evia: "El fracaso de Clayton", 1938. "A las cinco en punto", 1939. Editorial Letras. Zaragoza.

Dr. Lázaro Evia ( Darío Álvarez Blázquez) : "El fracaso de Clayton", 1938.

Durante moitos anos escribíu no "Jornal de Noticias" de Oporto, do que era corresponsal, baixo a rúbrica xenérica de: "Aquí Vigo..."

Colaboróu nas revistas literarias e de pensamento: "Papeles de Son Armadans" de Camilo José Cela; "Vieiros" (México), "Historia y Vida", "Encrucillada", "Galicia", Buenos Aires, etc..

Tamén o fixo, co seu propio nome ou baixo seudónimos de "Vesícator", "Magister" e"Nemoroso", nos periódicos "Faro de Vigo", "El Pueblo Gallego", "Correo de Galicia, "La Voz de Galicia, "La Noche", e outros.

Publicóu no "Faro de Vigo", unha serie de traballos preconizando a creación de un Museo na Casa da Troya.

É digna de salientar a serie de artículos que publicóu na derradeira etapa da súa vida en"La Voz de Galicia", recollendo as súas propias vivencias da guerra civil, baixo o título de "Historias de fuxidos".

Tamén compre destacar a súa narración publicada na revista "Historia y Vida", tiduada "Historias de la retaguardia nacionalista·, que le valeu o segundo premio do certamen de relatos convocado pola devandita revista.

Ficaron inéditos e quedan pendentes de publicacións dous traballos interesantes: "Memorias de la cárcel", 1947, e "Memorias e Historias de un Médico del Ferrocarril".

Dictóu en diversos centros e datas conferencias en Galicia, Portugal, Madrid e Buenos Aires.

A morte chegóu ao seu carón cando tiña adiantada a redacción das súas "Memorias".

OUTRAS ACTIVIDADES ARTÍSTICAS

Pintóu ao óleo, con máis amor que asiduidade, e foi premiado en outono de 1952 con Medalla de Bronce pola súa obra "Corredoira", na II Exposición de Médicos Pintores Españoles, celebrada en Elche naquel ano. Con dito motivo foi nomeado membro da "Sociedad de Médicos Pintores".

Fixo, algunhas vegadas, crítica de pintura i escultura-

Deixóu inédita unha obra teatral titulada "Cuando se aprende a llorar".

DEPORTES

Amante das actividades deportivas-inda que non practicante, agás a caza e a pesca fluvial n súa mocedade- foi fundador do equipo de fúbol "Arenas de Tui" e directivo do Real Club Celta, sendo, asimesmo, médico de dito Club durante moitos anos.

BIOGRAFÍA POLÍTICA

Neto de Don Emilio Ávarez Giménez, Catedrático de Retórica e Poética do Instituto de Pontevedra e destacado militante do liberalismo galego, fillo de Darío Ávarez Limeses, médico y periodista, abnegado defensor das libertades humanas, polo que sufréu a morte en 1936, Darío gardóu, de xeito indeclinable, fidelidad á tradición galegista e democrática da familia.

Foi Presidente do Partido Galeguista de Tui e apoderado de dito Partido nas eleccións xenerais e no Plebiscito do Estado de Autonomía en 1936.

Socio fundador da Editorial Galaxia, viviu sempre a rente dos intelectuais que mantiveron aceso o lume do galeguimo político e cultural.

En 1947 foi detido e posto en prisión, en compaña dun escolleito núcleo de profesionais por pertenecer á UIL, ou "Unión de Intelectuales Libres".


Portada do Expediente da Causa de 1947, no que Darío Álvarez estivo preso no cárcere de Vigo cos escritores Francisco Fernández del Riego e Valentín Paz-Andrade, co avogado Roberto González Pastoriza, o médico Ramón Baltar e o rexistrador da propiedade Alejandro Otero por militaren na UIL (Unión de Intelectuais Libres)..


En 1974-75 foi membro fundador da Xunta Democrática de Vigo e de Galicia.

No propio ano 1974 foi fundador do Movemento Socialista de Galicia (MSG), e logo, en razón da fusión diste núcleo con o PSG, pasóu a formar parte diste último colectivo, que deixóu en 1977, logo de participar activamente na campaña electoral do mes de San Xoán de aquel ano.

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++

Outros links:

sábado, 21 de noviembre de 2015

HOMENAXE AO DOUTOR E POLÍTICO GALEGUISTA MANUEL PEÑA REY. En Ourense, 28 de Novembro 2015. V ASEMBLEA XERAL DA IRMANDADE DA SANIDADE GALEGA (ISAGA) 2015


´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´

V ASEMBLEA XERAL DA IRMANDADE DA SANIDADE

 GALEGA (ISAGA) OURENSE 2015

HOMENAXE AO DOUTOR E POLÍTICO GALEGUISTA MANUEL PEÑA REY (Viascón, Cotobade, Pontevedra, 1889–Ourense, 1957).


Data: 28 de novembro de 2015, sábado.
Lugar: PARANINFO do INSTITUTO OTERO PEDRAYO.

11.30 horas: Colocación dunha placa no edifício onde exerceu a profesión como médico xinecólogo o doutor Peña Rey. Parque San Lázaro.
12.30 horas: Acto de homenaxe e incorporación de novos irmandiños.

Guión do acto:
Presentación do acto a cargo de Carmen Pérez Vaquero e Carlos Eirea.
- Apertura a cargo do alcalde de Ourense ou representante municipal no acto.
- Intervención de Xaquín Monteagudo, presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.
-Intervención de Xosé Luís Álvarez Prieto, membro da coordinadora de ISAGA.
-Incorporación de novos irmandiños, imposición de becas, lectura e sinatura do compromiso.
-Intervención de David Simón Lorda (médico psiquiatra): "Semblanza do doutor Manuel Peña Rey, médico xinecólogo e militante galeguista.".
-Intervención de Manuel Peña-Rey Bouzas (médico e dirixente do Partido Comunista), fillo do homenaxeado.
-Intervención do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.
-Actuación musical.
14.00. Peche do acto

++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++






Anuncio de Clínica Dr. Manuel Peña Rey (Ourense) na  revista NÓS (años 20). (Arch. Xosé Lois Carrión). O Dr. Manuel Peña Rey (Viascón, Cotobade, Pontevedra, 1899–Ourense, 1957foi xinecologo, director do Hospital Provincial, presidente do Colegxo de Médicos e unha importante figura do Partido Galeguista en Ourense durante os anos da Segunda República

Debuxo de Castelao, anos 20.




Anuncio de Clínica Dr. Manuel Peña Rey na  revista NÓS (años 20). (Arch. Xosé Lois Carrión).


Dr. Manuel  Peña Rey(Viascón, Cotobade, Pontevedra, 1889–Ourense, 1957). , anos 50 (Arch. familiar)






Programa Fiestas Corpus 1924, Ourense
Publicidad Sanatorio Quirúrgico Manuel Peña Rey y José Mosquera 
Folleto. (Colecc. particular ARCH. Diario Medico de Guardia)http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2013/06/fiestas-de-ourense-y-publicidad.html
Debuxo del Álbum "Fradel da guerra", de X. Conde Corbal.
"Manuel Peña Rey fue destituido en agosto de 1936 de su puesto de médico y de director del Hospital Provincial de Ourense, junto con el doctor Vázquez de Parga. Es nombrado para sustituirlo como encargado de la Sala de Obstetricia y Ginecología del Hospital el médico Manuel Pol Piñeiro.
Detenido el 28 de octubre de 1937 estuvo encarcelado en Ourense en O Carballiño por breves períodos entre 1937 y 1938. Se libra de ser fusilado a través de recomendaciones de amigos y conocidos, pero el TRRP de A Coruña mantendrá abierto su expediente hasta bien entrados los años cuarenta0 además de someterle a restricciones para trabajar y obligarle al pago de diferentes multas y contribuciones “voluntarias” de 5.000 pesetas para el Ropero de Guerra, o “renuncias voluntarias” a cantidades elevadas (10.000 pesetas) que le adeudaba la Diputación provincial, etc.... Según el informe del Comisario Jefe de la Comisión de Investigación y Vigilancia de Orense de 26 de octubre de 1940, que figura entre la documentación de su expediente de Responsabilidades Políticas, el doctor Manuel Peña Rey estaba afiliado al Partido Galeguista y era socio de la Agrupación de Oficios Varios en la Casa del Pueblo. Había sido apoderado del Frente Popular en 1936 “pactando con aquel y trabajando con denuedo en pro de la Independencia de Galicia, lo que dio lugar a discusiones en su partido”.
Testificaron a su favor durante la instrucción del Expediente de responsabilidades políticas diversas personas como Antonio Saenz Díez. Celso de la Torre o el doctor Luis Santos Ascarza (quien con fecha 11 de diciembre de 1940 defiende ante el Tribunal la integridad moral y profesional del doctor Peña).
La sentencia del TRRP de A Coruña de fecha 9 de abril de 1941 lo declara incurso en responsabilidad política, le impone cinco años de inhabilitación especial para cargos públicos de mando, confianza y directivos, y le condena al pago de 500 pesetas.
Tardará más de ocho años en ser rehabilitado lo hará el Gobernador Civil Vicente Muñoz Calero, por intereses personales derivados de la necesidad de precisar la asistencia del médico Peña Rey para atender a un familiar cercano–" (tomado de libro "Médicos Ourensanos Represaliados en la Guerra Civil y en la Posguerra. Historias de la -longa noite de pedra" (2010),  David Simón Lorda, Fundación Dez de Marzo/Concello de Ourense).


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------
OUTROS LINKS:

Nombres e historias de la Obstetricia y la Ginecología en Ourense: De Manuel Peña Rey (1918) al Congreso de la Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía (2011)




Dende o Blog de Pablo Vaamonde

viernes, 28 de noviembre de 2014

HOMENAXE AO NEUROPSIQUIATRA JOSÉ MANUEL LÓPEZ NOGUEIRA

HOMENAXE DA IRMANDADE DA SANIDADE GALEGA AO NEUROPSIQUIATRA JOSÉ MANUEL LÓPEZ NOGUEIRA (Ferrol, 1932-Santiago, 1983).

SANTIAGO, 29 NOVEMBRO 2014



----------
Otros enlaces:

Curadores, humanistas e galeguistas. Por Xosé González. La Región, 27-11-2014.

http://www.laregion.es/opinion/xose-gonzalez-martinez/curadores-humanistas-galeguistas/20141127083439506795.html

López Nogueira e o galego. Por Pablo Vaamonde. Galicia Dixital, 26-11-2014.

http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.12030.php


----------

Entrevista con López Nogueira en "El Pueblo Gallego, 18-8-1971" (Arch. Diario de un médico de guardia")


martes, 18 de marzo de 2014

Homenaje al doctor Gonzalo Gurriarán (Una iniciativa de ISAGA y un artículo de Pablo Vaamonde).

Slide 1


---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Irmandade da Sanidade GalegaEl doctor Gonzalo Gurriarán (1904-1975) recibe un homenaje el día 22 de marzo en O Barco de Valdeorras (OURENSE), en un acto organizado por la Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) y el Concello de O Barco.

En la WEB da ISAGA ( http://www.isaga.eu/)  se pueden visualizar las últimas noticias en torno a este acto::
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

OFRECEMOS A LOS LECTORES DEL BLOG UN MAGNIFICO ARTÍCULO DEL DR.PABLO VAAMONDE EN HOMENAJE AL DR.GONZALO GURRIARÁN. EL TRABAJO ESTÁ PUBLICADO EN NUEVA TRIBUNA: 

http://www.nuevatribuna.es/articulo/sociedad/desenterrar-palabras/20140318134942101842.html

Desenterrar las palabras (Homenaje al doctor Gonzalo Gurriarán)

Por Pablo Vaamonde | En su biografía hay muchos momentos que reseñar, pero tiene especial relevancia su colaboración con la guerrilla antifranquista en la inmediata postguerra...
 | Pablo Vaamonde | 18 Marzo 2014 - 15:06 h.

http://www.nuevatribuna.es/articulo/sociedad/desenterrar-palabras/20140318134942101842.html

El doctor Gonzalo Gurriarán (1904-1975) recibe un homenaje a finales de marzo en el Barco de Valdeorras, su tierra natal. Es un auténtico desconocido en Galicia. Los organizadores pretenden honrar su figura por el compromiso demostrado con esta tierra y sus gentes. En su biografía hay muchos momentos que reseñar, pero tiene especial relevancia su colaboración con la guerrilla antifranquista en la inmediata postguerra.

En el tiempo del terror fue capaz de superar su propio miedo, en el tiempo de la represión supo estar al lado de los huídos, en aquel tiempo de persecución y violencia tuvo la valentía de poner su profesión al servicio de la resistencia. Atendió a muchos maquis y, por medio de enlaces, suministró medicamentos a los miembros de la guerrilla. Esta era una actividad de alto riesgo. Entre el Barco y Ponferrada, en el año 1945, se produjeron más de 2.000 detenciones. Recuerda David Simón en un artículo que "las partidas de la guerrilla mantuvieron importantes períodos de actividad hasta 1950-52 en muchos lugares de Galicia. Una importante zona de actividad fue la raya con Portugal y el oriente de la provincia de Ourense, en los territorios montañosos y especialmente en el macizo de Trevinca. Fue una lucha duradera: unos diez años de resistencia organizada". En esa zona los miembros de la resistencia tuvieron el apoyo y la atención sanitaria ofrecida por el doctor Gurriarán.

Su hijo Ricardo, historiador, nunca escuchó estas historias en la casa familiar. Supo de las actividades de su padre cuando ya había muerto, repasando las cinco mil cartas que guardaba. Publicó un libro con la biografía del doctor Gurriarán que, en sus primeros años, parecía destinado a una vida diferente de la que tuvo. Hizo la carrera de Medicina, de forma brillante, en Salamanca, fue alumno de la Residencia de Estudiantes de Madrid y amplió estudios en Estrasburgo, donde se inició en la investigación biomédica.
Pero la Guerra Civil lo lo truncó todo. No tenía una especial actividad política, aunque en las tierras de Valdeorras era apodado Negrín, por el vínculo personal que tenía con quien había sido profesor suyo y que luego llegó a presidente de la República. Cuando comenzó la guerra él estaba en el Barco. Después de estar escondido durante un tiempo, en febrero de 1937 fue incorporado como cirujano en diversos hospitales de campaña del frente de Madrid. Cuando terminó la contienda no tuvieron en cuenta los servicios prestados: le abrieron un expediente de depuración, le impidieron continuar con su trabajo de investigador y no pudo ejercer la profesión en la sanidad pública hasta 1948. Pero, para entonces, ya llevaba años ejerciendo la medicina privada y colaborando con el maquis.
En aquel ambiente asfixiante, con los falangistas y la guardia civil vigilando sus pasos, a finales de los años 40 organizó el "Club de Montaña Pena Trevinca" (que protegía sus frecuentes visitas al monte) y dirigió la primera y única selección gallega de esquí, que debutó en la sierra del Guadarrama con un jersey que llevaba bordado el nombre de Galicia. Son jirones de una historia personal que ejemplifica la de muchos resistentes en el tiempo del franquismo. El doctor Gurriarán guardó silencio. Había cosas que no se podían nombrar. Ni al propio hijo. Hay silencios cargados de emociones. Pero es ya tiempo de desenterrar las palabras-como reclama Clara Valverde en un hermoso libro-. Es preciso saber qué le pasó a nuestros padres y a los abuelos, para poder contárselo a nuestros hijos. Hay que romper el pacto de silencio alrededor del miedo. El Estado no hizo los deberes elementales de la democracia -verdad, justicia, reparación-, y tenemos una sociedad enferma, con un duelo permanente individual y colectivo. En España, afirma Clara Valverde, 75 años después de la Guerra Civil, 40 años después de la muerte de Franco y décadas después de la Transición, la transmisión generacional de traumas sociales y políticos aun no se abordó. Hay que recuperar la palabra, reconstruir el relato de nuestra historia familiar y colectiva, tenemos que saber de donde venimos para poder entender como somos.
El doctor Gonzalo Gurriarán fue un héroe. Hay que recuperar su nombre y su ejemplo del olvido. Tenemos que saber que, en los tiempos de la infamia, hubo muchos como él, que arriesgaban la vida por ayudar a las víctimas.


Nuevatribuna
© 2014 Nuevatribuna 


lunes, 4 de marzo de 2013

Doutor Antón Beiras e a Irmandade da Sanidade Galega




La asociación IRMANDADE DA SANIDADE GALEGA (ISAGA) ha organizado este pasado fin de semana un homenaje al Dr. Antón Beiras García (1915-1968)en Vigo.  Reproducimos a continuación algunos artículos  (uno de Manuel Bragado en Faro de Vigo y otro del dr. Sánchez Salorio en La Voz de Galicia) aparecidos en prensa acerca de este oftalmólogo vigués que fue un activo antifranquista ( con militancias en el PC y en el galeguismo cultural).

++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

http://www.farodevigo.es/opinion/2013/03/04/doutor-anton-beiras/767571.html

Doutor Antón Beiras

Manuel Bragado

04.03.2013 | 07:30


Foi moi oportuna a homenaxe da Irmandade da Sanidade Galega e o Colexio Oficial de Médicos da provincia de Pontevedra en memoria da figura humana e intelectual do doutor Antón Beiras García. Dende o sábado, unha placa no número 22 da rúa Policarpo Sanz, onde tivo no primeiro piso a súa consulta, lembrará a figura deste oftalmólogo galeguista falecido hai corenta e cinco anos. Foi o doutor Antón Beiras un comprometido militante antifranquista nas filas do Partido Comunista, amante do deporte da vela na ría nosa a bordo do seu bote de madeira "Ultreia", membro do primeiro consello de administración da editorial Galaxia, investigador destacadísimo no eido da Estraboloxía e creador do sinoptóforo de televisión, que bautizou con retranca como "Vigoscopio". O mesmo Beiras a quen moitos vigueses lembrarán polo feito de ser o compañeiro da pedagoga Antía Cal, a fundadora do Colexio Rosalía de Castro, outra figura extraordinaria e irrepetible.
Pertencente á xeración das Mocidades Galeguistas, viviu Beiras durante a Guerra Civil e os anos de dura Posguerra o drama interior dos galeguistas organizados que nunca renunciaron ás súas conviccións. Instalado en Vigo dende o ano 1950, dúas iconas presidían a súa consulta no primeiro piso do edificio Sanchón (o mesmo onde no terceiro tiña as súas oficinas a revista "Industrias Pesqueras" de Valentín Paz Andrade), unha fotografía do doutor Nóvoa Santos e unha estatuíña de Castelao, que acabara de finar en Buenos Aires. Ambas pezas que amosaban as dúas angueiras que moveron a súa vida, o seu inequívoco afán como investigador médico e o seu compromiso coa lingua e cultura de Galicia. Actividades que Beiras soubo integrar con enorme coherencia no seu comportamento familiar, social e profesional. Emporiso, a familia Beiras-Cal foi, probablemente, a primeira en educar aos seus fillos en galego, como o doutor Beiras foi tamén o primeiro en publicar en galego un texto científico tras o alzamento franquista, un auténtica proeza para aquel ano 1958, no que Ramón Otero Pedrayo impartira a súa primeira clase en galego (dende 1936), no día da súa xubilación como catedrático da Universidade de Santiago.
Abraia hoxe a lucidez argumentativa daquel artigo, "Ensaios para mellorar os resultados terapéuticos no estrabismo", publicado en "Referatas", a revista da Academia Médico Quirúrgica de Vigo. Antón Beiras defendía no seu limiar a lingua galega como "vehículo axeitado para ser instrumento de todos os saberes", ao tempo que salientaba as achegas dos médicos ao labor da súa promoción, citando a doutores como Pondal, Leiras Pulpeiro, Rodríguez Seoane ou ao propio Castelao. Neste artigo, o doutor Beiras propoñía que os médicos "honrasen a propia fala, escribindo nela as súas observacións e experimentos", así como tratando de expresarse en galego cos seus pacientes coa intención de "identificarse e chegar ao pobo que pertencen, sen renunciar, ao senso universal da ciencia". Ambas propostas normalizadoras para a nosa lingua que, transcorridos cincuenta e cinco anos, non perderon vixencia ningunha.
Outra grande proeza do doutor Beiras foi a creación do Vigoscopio, co que culminou a súa investigación do tratamento do estrabismo, a doenza do ollo virollo, mediante o tacto, seguindo as teorías do oftalmólogo polaco doutor Starkiewicz, sen fármacos nin intervención cirúrxica. Unha achega relatada con todo detalle por Alejandro Otero Davila, un dos seus colaboradores máis achegados, en "Antón Beiras. La mirada certera" (2009), un libro esencial para profundizar na figura do oftalmólogo galeguista. Unha tarefa de investigación aplicada que iniciara coa creación doutros aparellos como o quinepleoscopio (1958) e que culminou cos diversos prototipos do sinoptóforo de televisión (Vigoscopio), o primeiro presentado en 1963 no Congreso de Telecomunicacións realizado en Madrid, o segundo no Congreso Internacional de Oftalmoloxía celebrado en París en 1965 e o terceiro e cuarto, o definitivo, nos anos 66 e 67, cando xa estaba instalado na Clínica-Taller do Colexio Hogar de San Roque. Os primeiros traballos desenvolvéronse nas instalacións da ETEA en Teis, daquela na punta do traballos das telecomunicacións, contando co financiamento da Caixa de Aforros de Vigo, que quedou coa patente e coa propiedade dos aparellos. Seguro que non debeu ser doado ao doutor Beiras convencer ao alcalde Portanet e aos responsables da caixa de que "a investigación non é un gasto, senón un investimento de futuro, imprescindible para o progreso da humanidade", argumentos do investigador humanista que non perderon vixencia. Antón Beiras, o iluminado, como foi despedido agarimeiramente en "Faro de Vigo" por Darío Álvarez Blázquez, merece toda a nosa admiración.
+++++++++++++++++++++++++++++++++++++
La Voz de Galicia 

Antón Beiras na memoria e no corazón
01/03/2013
A Irmandade da Sanidade Galega celebra en Vigo un acto na honra de Antón Beiras.
Manuel Sánchez SalorioE pídeme unhas verbas sobre quen foi o meu amigo e tamén compañeiro de aventuras e desventuras naquela súa orixinal invención para tratar o estrabismo que o propio Antón bautizou como Vigoscopio. Se agora pecho os ollos e abro a porta ao fluír das lembranzas, Antón aparece como un varón maduro, mesmo atlético, que non para de moverse. Movendo sempre aqueles seus ollos de miope, explorando incesantes todo o seu arredor. Lembro tamén e sobre todo a súa simpatía e a súa vitalidade. Esa forma particular da vitalidade que é a enerxía. Beiras era compacto, obstinado, enérxico e moi seguro de si mesmo pero a súa personalidade nada tiña que ver coa que é propia dun tipo duro. A solidariedade cos demais e mesmo as veces unha inesperada tenrura rompían ese posible perfil de dureza.
A capacidade de comunicación cos demais facía que esa súa vitalidade fora contaxiosa. Resulta ben curioso o que nos ocorre no trato cos demais. Benedetto Croce deixou dito que «pelma é aquel que nos quita a soidade sen darnos a compañía». Hai persoas que tan só saudalas percibimos que dentro de nós o ánimo se volve máis forte e que nos medran as ganas de vivir e de facer cousas importantes. Pola contra, hai outras que con só velas éntranos un xeito de preguiza.
Antón Beiras era o prototipo desa vitalidade contaxiosa. E iso era o que o facía orixinal, irrepetible. Nas conversas con Eckerman hai un momento no que se conta a visita de Napoleón a Goethe en Weimar. Eckerman pregunta: ¿cómo era, que aspecto tiña? E Goethe contesta: era sempre el, se vía que era el. Iso é todo. Valeu a pena telo coñecido.
Se alguén me preguntase como era Antón Beiras eu tamén diría: era el, sempre se vía que era el. Non se parecía a ninguén. Valeu a pena telo coñecido.
Antón foi o primeiro galeguista optimista que eu coñecín. Despois souben que tiña sufrido persecución e cadea pero endexamais o seu discurso foi o da queixa ou do vitimismo. Un día regaloume un exemplar da primeira edición de Sempre en Galiza. Agora búscoa na biblioteca e leo a dedicatoria: «A M.S.S. nestes días de alboradas dos pobos do mundo. Fraternalmente». Esa era a fonte da enerxía da Antón Beiras: a fe e a esperanza na alborada. Porque foi el quen -¡hai máis de cincuenta anos!- me fixo entender o que Sempre en Galiza significa. Sempre Antón Beiras andará pola miña memoria e o meu corazón.

+++++++++++++++


HAY MUCHA MAS INFORMACION SOBRE VIDA Y OBRA DEL DR. ANTÓN BEIRAS EN : http://antonbeiras.com/

sábado, 29 de octubre de 2011

Irmandade da Sanidade Galega





No Concello da Estrada, ás 12 horas no Teatro Principal, vai celebrarse hoxe un acto no cal vai presentarse a ISAGA (IRMANDADE DA SANIDADE GALEGA).


Esta nova entidade, que terá ámbito de toda a Comunidade Autónoma de Galicia, vai estar integrada por persoal da sanidade pública e privada (médicos, boticarios, veterinarios, enfermería…) e profesionais da docencia nas ciencias médicas, ten dous obxectivos: o impulso do  humanismo e a normalización da lingua galega neste ámbito, e buscará a súa extensión territorial realizando actos por Galicia enteira, fomentando tamén a figura de médicos senlleiros e humanistas que entenderon a medicina como unha ciencia sempre asociada á idiosincrasia do noso pobo.
A extensión do uso da lingua galega nas relacións cos usuarios, porque entendemos que é necesario para a pervivencia do noso idioma, alén dos circuítos culturais; cunha orientación humanista, porque reivindicaremos a tradición da Escola Médica Galega que ten en Varela de Montes, Nóvoa Santos, Rodríguez Cadarso, Rof Carballo…e os epígonos García Sabell, López Nogueira, Reimóndez Portela (ex-alcalde da Estrada, médico humanista, precursor da autonomía galega) que sempre entenderon que o exercicio profesional tiña que ser respectuoso coa cultura dos usuarios, atribuíndose á utilización destes medios beneficios para unha boa diagnose clínica.
As 12:00 horas, no Teatro Principal principiará o acto coa imposición de becas aos 35 primeiros membros -todos eles destacados profesionais-, e a lección inaugural a cargo do psiquiatra e  doctor Emilio González Fernández, médico especialista en antropoloxía médica.

A segunda parte do acto dedicarase a homenaxear ao médico don Manuel Reimondez Portela, que exerceu por toda a comarca de A Estrada durante toda a vida, personalidade de traxectoria brillante, escritor, político, un dos pais do Estatuto dos 16, e que foi forxado intelectualmente na tronzada tradición humanística da Escola Médica Galega, do que fará unha reseña biográfica o estudoso da súa obra Valentín García"
(texto tomado de http://oquepasadiaadia.com/blog/index.php/2011/10/presentacion-da-irmandade-da-sanidade-galega/ )
-----------------------------
Manuel Reimóndez Portela



------------------------------------------------


Dende "Diario de un médico de guardia" queremos transmitir noso apoio á iniciativa do acto de hoxe e felicitar ós organizadores, promotores e participantes (especialmente aos amigos  Pablo Vaamonde e Emilio González Fernández, - ámbolos dous médicos e mestres dos que sempre estamos a aprender cousas sobre Galicia e os galegos-). Lamentamos non ter podido asistir.