Mostrando entradas con la etiqueta homenaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta homenaxe. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de octubre de 2024

Homenaxe ás vítimas do franquismo ( 31 de outubro, Día da Memoria e Homenaxe a todas as vítimas do golpe militar, a Guerra e a Ditadura). Acto en Ourense o 28 outubro (organiza Comisión Executiva municipal do PSdeG de Ourense)


 


Aprobada en outubro de 2022, a Lei de Memoria Democrática busca promover o coñecemento das etapas democráticas da historia de España e manter a memoria das vítimas da guerra española e da ditadura franquista.

Esta Lei de Memoria Democrática está destinada a toda a sociedade en xeral e, en particular, a todas as vítimas que sufriron danos físicos, morais, psicolóxicos ou patrimoniais, ou viron socavados os seus dereitos fundamentais, como consecuencia das violacións das normas internacionais de dereitos humanos e do dereito internacional humanitario durante o período que abrangue o golpe de estado do 18 de xullo de 1936, a guerra posterior e a ditadura, incluído o período ata a entrada en vigor da Constitución de 1978.
Nesa Lei estableceu varias datas como días oficiais de Memoria: o 31 de outubro, como Día da Memoria e Homenaxe a todas as vítimas do golpe militar, a Guerra e a Ditadura; e o 8 de maio, como Día de lembranza e homenaxe ás vítimas do exilio como consecuencia da Guerra e da Ditadura.

--------------------------------


Imaxe tomada de https://psdegpsoeourense.es/wp-content/uploads/2024/10/cartel_vitimasgcfranquismo.jpeg?w=1024


A Comisión Executiva municipal do PSdeG de Ourense organiza un acto para homenaxear ás vítimas da guerra civil e o franquismo no que se abordará a lei de Memoria Democrática.
👉 O encontro terá lugar o vindeiro luns, 28 de outubro, ás 19.30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel e nel se abordará, entre outros aspectos, a Lei de Memoria Democrática
Contará coas intervencións da secretaria xeral, Natalia González; o secretario de Memoria Democrática, Xosé Lois Carrión, así como o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e a secretaria xeral de XX.SS. de Ourense, Alba Iglesias.

🟥 Ourense, 21 de outubro de 2024. A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE, da man da secretaria xeral, Natalia González, o secretario de Memoria Democrática, Xosé Lois Carrión, así como o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e a secretaria xeral de XX.SS. de Ourense, Alba Iglesias, homenaxeará ás vítimas da guerra civil e o franquismo o vindeiro luns, 28 de outubro, cun acto que terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
🟨 Trátase dunha homenaxe que non só recorda ás persoas asasinadas, tamén a aqueles que tiveron que exiliarse ou resultaron presas en cárceres e campos de concentración ou traballo, ademais de abordar distintos aspectos da Lei de Memoria Democrática aprobada hai dous anos nas Cortes Xerais. “Esta normativa fundaméntase no firme convencemento de que o coñecemento do noso pasado recente contribúe a asentar a nosa convivencia sobre bases máis firmes, protexéndonos de repetir os seus erros”, destaca Natalia González.
🟪 Pola súa banda, Xosé Lois Carrión engade que a lei “sitúa ás vítimas da guerra e da ditadura franquista no centro da acción pública e das políticas de memoria democrática, que teñen por obxecto dar cumprimento aos principios do dereito internacional dos dereitos humanos de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición”. 
+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

jueves, 30 de marzo de 2017

Dentistas e ciruxanos d´a boca "Galeguizando Galicia"...alá polo século XIX

Anuncio de M.R. Lapela en A Monteira (Lugo)  1889



Descoñezo si Xosé González Martínez ("Pepe de Redondela") ou os membros e directiva da Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) ou os do colectivo Galeguizar Galicia, xa tiñan noticias destes dentistas de Lugo e Ourense que usaban a lingua galega nos anuncios que publicaban nalgúns xornais de Galicia a finais do seculo XIX.

Valga ista entrada pra, dalgún xeito, adherirnos dende  o blog  "Diario de un médico de guardia" ao Homenaxe a Xosé González que Galeguizar Galicia organiza o 31 de marzo no Castelo de Soutomaior (Pontevedra). Pra os leitores do blog que non saiban quen é a figura homenaxeada, deixamos un enlace a un breve artigo que escribiu hai uns días en www.praza.gal o médico Pablo Vaamonde sobor da traxectoria e traballo feito por Pepe de Redondela, o cal "Nas últimas décadas fixo unha labor de gran trascendencia para “galeguizar Galicia”, en defensa da cultura e da lingua propia"(tomado do artigo "Xosé González, un dos imprescindibles", por Pablo Vaamonde ( ver)), 

 Así, o dentista Manuel Rodríguez Lapela, que parece foi nado en Portomarín-Lugo, publicou moitos anuncios (cun toque de humor) en galego no semanario "A Monteira", un xornal en lingua galega editado en Lugo entre 1889-1890.
Tiña a sua consulta na rúa San Pedro 19 da cidade de Lugo naqueles anos, ainda que logo tivo gabinetes noutras rúas da cidade alomenos ata 1912.



Anuncio de M.R. Lapela en A Monteira, xaneiro 1890

Anuncio de M.R. Lapela en A Monteira, xaneiro 1890




Mais tamén en Ourense houbo dentistas e outros médico que se anunciaban en galego a finales do século XIX.. (Ao igual que no caso de Lapela no periódico A Monteira, ra un galego non moi do século XXI, diagmos pouco normativo... pero a intención vale).. Así foi o caso do dentista Antonio García del Villar, quen en 1894-1895 no diario As Burgas, editado en Ourense, facía publicidade en galego do seu gabinete dental na rúa do "Estetuto, 2" (penso que era a rúa Instituto, 2..actual Lamas Carvajal)... Neste semanal ourensán e nos mesmos números, podemos ler anuncios en galego do oculista Alonso Hernández, con gabinete na rúa Alba número 9.

Publicidade das consultas do dentista A. García del Villar e do oculista F Alonso Hernández. Periódico semanal As Burgas, 1895 (Ourense)


Retrato de A,García del Villar (Arquivo familia García Péza, Ou)




Publicidade das cosnultas do dentista A. García del Villar e do oculista F Alonso Hernánde, publicada no semanario As Burgas, 1895 (Ourense)