|
Anuncio de M.R. Lapela en A Monteira (Lugo) 1889 |
Descoñezo si Xosé González Martínez ("Pepe de Redondela") ou os membros e directiva da Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) ou os do colectivo Galeguizar Galicia, xa tiñan noticias destes dentistas de Lugo e Ourense que usaban a lingua galega nos anuncios que publicaban nalgúns xornais de Galicia a finais do seculo XIX.
Valga ista entrada pra, dalgún xeito, adherirnos dende o blog "Diario de un médico de guardia" ao Homenaxe a Xosé González que Galeguizar Galicia organiza o 31 de marzo no Castelo de Soutomaior (Pontevedra). Pra os leitores do blog que non saiban quen é a figura homenaxeada, deixamos un enlace a un breve artigo que escribiu hai uns días en www.praza.gal o médico Pablo Vaamonde sobor da traxectoria e traballo feito por Pepe de Redondela, o cal "Nas
últimas décadas fixo unha labor de gran trascendencia para “galeguizar
Galicia”, en defensa da cultura e da lingua propia"(tomado do artigo "Xosé González, un dos imprescindibles", por Pablo Vaamonde ( ver)),
Así, o dentista Manuel Rodríguez Lapela, que parece foi nado en Portomarín-Lugo, publicou moitos anuncios (cun toque de humor) en galego no semanario "A Monteira", un xornal en lingua galega editado en Lugo entre 1889-1890.
Tiña a sua consulta na rúa San Pedro 19 da cidade de Lugo naqueles anos, ainda que logo tivo gabinetes noutras rúas da cidade alomenos ata 1912.
|
Anuncio de M.R. Lapela en A Monteira, xaneiro 1890 |
|
Anuncio de M.R. Lapela en A Monteira, xaneiro 1890 |
Mais tamén en Ourense houbo dentistas e outros médico que se anunciaban en galego a finales do século XIX.. (Ao igual que no caso de Lapela no periódico A Monteira, ra un galego non moi do século XXI, diagmos pouco normativo... pero a intención vale).. Así foi o caso do dentista Antonio García del Villar, quen en 1894-1895 no diario As Burgas, editado en Ourense, facía publicidade en galego do seu gabinete dental na rúa do "Estetuto, 2" (penso que era a rúa Instituto, 2..actual Lamas Carvajal)... Neste semanal ourensán e nos mesmos números, podemos ler anuncios en galego do oculista Alonso Hernández, con gabinete na rúa Alba número 9.
|
Publicidade das consultas do dentista A. García del Villar e do oculista F Alonso Hernández. Periódico semanal As Burgas, 1895 (Ourense) |
|
Retrato de A,García del Villar (Arquivo familia García Péza, Ou) |
|
Publicidade das cosnultas do dentista A. García del Villar e do oculista F Alonso Hernánde, publicada no semanario As Burgas, 1895 (Ourense) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario