https://www.facebook.com/ostorgueiros/ |
Dende a Asociación Cultural "Os Torgueiros" de A Gudiña Ourense https://www.facebook.com/ostorgueiros/, e co obxectivo de dignificar a memoria das vítimas da Guerra Civil e posguerra e coñecer a súa historia, organizan un homenaxe a Anuncia Casado, unha muller da comarca de Viana do Bolo e As Frieiras que foi asesinada polos fascistas en agosto do 1936. Militante comunista e dirixente social, o seu martirio polos fascistas continúa vivo na memoria popular.
O lema do acto é "Anunciación Casado, 86 anos despois".
Terá lugar o vindeiro sábado 20 de agosto na Gudiña e en nos alrededores e pobo de Castro-Viana do Bolo.
A xornada arrancará as 18:30 no lugar da curva das Revendeitas, na carretera entre A Gudiña e Viana do Bolo (ver localizacion) e continuará no cemiterio do cercano pobo de Castro (Viana), onde foron depositados os restos de Anuncia Casado, tras recuperalos os veciños dunha fosa onde a enterraran os seus asasinos.
Anuncia Casado Atanes (Cualedro 1897- Viana do Bolo, 1936), coñecida popularmente entre a súa veciñanza como “A Pasionaria”, foi unha militante comunista cuxa morte, especialmente, cruel a elevou a categoría de símbolo. Formada politicamente na emigración en Euskadi, onde ficou viúva, no período republicano residiu en San Mamede (Viana do Bolo) cos seus catro fillos, desenvolvéndose como labrega con terras de seu.
A loita política da “Pasionaria” de Viana ficou na memoria das xentes da súa comarca. Neste sentido, actuou como responsábel do Partido Comunista nesas terras e destacou como organizadora e axitadora na loita dos labregos e dos obreiros dos camiños de ferro na Gudiña. Precisamente, os operarios desta zona destacaron pola súa capacidade de loita e pola súa resistencia ao fascismo após 18 de xullo de 1936.
O acto fecharase as 19:30 na Casa da Viúva da Gudiña, domicilio natal do último alcalde republicano da localidade, Felicísimo Pérez, cunha palestra onde intervirán os investigadores Dionisio Pereira, David Simón e Lola Varela.
Links ENLACES
https://www.facebook.com/ostorgueiros/
- CILIA TORNA (2022). A Gudiña e Viana homenaxean a Anuncia Casado https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/gudina-viana-homenaxean-anuncia-casado/20220807104029149402.html?fbclid=IwAR0TWDCkCJxw3qRz7pKuaWiqJrsiIYz5XFzsQJLELuc5n2nsRXlEQtKqbww [consultado el 11 de agosto de 2022].
- CILIA TORNA (2022). As redes de fuga da Galiza franquista promovidas polos nacionalistas. https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/redes-fuga-da-galiza-franquista-promovidas-polos-nacionalistas/20220109092013135379.html [consultado el 13 de julio de 2022].
- CILIA TORNA (2022). O apoio dos servizos secretos franceses á loita das guerrillas antifascistas galegas. https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/apoio-servizos-secretos-franceses-loita-das-guerrillas-antifascistas-galegas/20220531180835144643.html [consultado el 13 de julio de 2022].
FERNÁNDEZ, E. & PEREIRA, D. (2022): " A primeira resistencia armada ao golpe militar na Galiza (1936-1940)", ( editorial Em selecta companha, 2022). http://companha.gal/produto/a-primeira-resistencia-armada
--SIMÓN LORDA, D. (2009): De Chaguazoso a Chaguazoso -pasando por el Parque Nacional de Dartmoor-. Diario de un médico de guardia , 13 de diciembre de 2009. https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2009/12/de-chaguazoso-chaguazoso-pasando-por-el.html [consultado el 13 de julio de 2022].-
- SIMÓN LORDA, D. (2010): Noticias "republicanas" desde "As Terras das Frieiras": Cádavos (A Mezquita), Fructuoso Manrique y "Don Sergio". Diario de un médico de guardia, 17 de enero de 2010 . https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2010/01/noticias-republicanas-desde-as-terras.html [consultado el 13 de julio de 2022].-
- SIMÓN LORDA, D. (2012): Paisajes e historias de la guerrilla antifranquista en la "raia seca": por Terras das Frieiras y A Rota Fría Trasmontana. Diario de un médico de guardia, 25 de febrero de 2012. https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2012/02/paisajes-e-historias-de-la-guerrilla.html [consultado el 13 de julio de 2022].
SIMÓN LORDA, D. (2022): Guerrilleros, exiliados, servicios secretos y otras historias de la guerra civil y la posguerra en la raia seca ourensana de As Frieiras (A propósito del libro "A primeira resistencia armada ao golpe militar na Galiza (1936-1940)" ) https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2022/07/guerrilleros-exiliados-servicios.html [consultado el 11 de agosto de 2022].
No hay comentarios:
Publicar un comentario