sábado, 21 de noviembre de 2015

HOMENAXE AO DOUTOR E POLÍTICO GALEGUISTA MANUEL PEÑA REY. En Ourense, 28 de Novembro 2015. V ASEMBLEA XERAL DA IRMANDADE DA SANIDADE GALEGA (ISAGA) 2015


´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´´

V ASEMBLEA XERAL DA IRMANDADE DA SANIDADE

 GALEGA (ISAGA) OURENSE 2015

HOMENAXE AO DOUTOR E POLÍTICO GALEGUISTA MANUEL PEÑA REY (Viascón, Cotobade, Pontevedra, 1889–Ourense, 1957).


Data: 28 de novembro de 2015, sábado.
Lugar: PARANINFO do INSTITUTO OTERO PEDRAYO.

11.30 horas: Colocación dunha placa no edifício onde exerceu a profesión como médico xinecólogo o doutor Peña Rey. Parque San Lázaro.
12.30 horas: Acto de homenaxe e incorporación de novos irmandiños.

Guión do acto:
Presentación do acto a cargo de Carmen Pérez Vaquero e Carlos Eirea.
- Apertura a cargo do alcalde de Ourense ou representante municipal no acto.
- Intervención de Xaquín Monteagudo, presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.
-Intervención de Xosé Luís Álvarez Prieto, membro da coordinadora de ISAGA.
-Incorporación de novos irmandiños, imposición de becas, lectura e sinatura do compromiso.
-Intervención de David Simón Lorda (médico psiquiatra): "Semblanza do doutor Manuel Peña Rey, médico xinecólogo e militante galeguista.".
-Intervención de Manuel Peña-Rey Bouzas (médico e dirixente do Partido Comunista), fillo do homenaxeado.
-Intervención do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.
-Actuación musical.
14.00. Peche do acto

++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++






Anuncio de Clínica Dr. Manuel Peña Rey (Ourense) na  revista NÓS (años 20). (Arch. Xosé Lois Carrión). O Dr. Manuel Peña Rey (Viascón, Cotobade, Pontevedra, 1899–Ourense, 1957foi xinecologo, director do Hospital Provincial, presidente do Colegxo de Médicos e unha importante figura do Partido Galeguista en Ourense durante os anos da Segunda República

Debuxo de Castelao, anos 20.




Anuncio de Clínica Dr. Manuel Peña Rey na  revista NÓS (años 20). (Arch. Xosé Lois Carrión).


Dr. Manuel  Peña Rey(Viascón, Cotobade, Pontevedra, 1889–Ourense, 1957). , anos 50 (Arch. familiar)






Programa Fiestas Corpus 1924, Ourense
Publicidad Sanatorio Quirúrgico Manuel Peña Rey y José Mosquera 
Folleto. (Colecc. particular ARCH. Diario Medico de Guardia)http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2013/06/fiestas-de-ourense-y-publicidad.html
Debuxo del Álbum "Fradel da guerra", de X. Conde Corbal.
"Manuel Peña Rey fue destituido en agosto de 1936 de su puesto de médico y de director del Hospital Provincial de Ourense, junto con el doctor Vázquez de Parga. Es nombrado para sustituirlo como encargado de la Sala de Obstetricia y Ginecología del Hospital el médico Manuel Pol Piñeiro.
Detenido el 28 de octubre de 1937 estuvo encarcelado en Ourense en O Carballiño por breves períodos entre 1937 y 1938. Se libra de ser fusilado a través de recomendaciones de amigos y conocidos, pero el TRRP de A Coruña mantendrá abierto su expediente hasta bien entrados los años cuarenta0 además de someterle a restricciones para trabajar y obligarle al pago de diferentes multas y contribuciones “voluntarias” de 5.000 pesetas para el Ropero de Guerra, o “renuncias voluntarias” a cantidades elevadas (10.000 pesetas) que le adeudaba la Diputación provincial, etc.... Según el informe del Comisario Jefe de la Comisión de Investigación y Vigilancia de Orense de 26 de octubre de 1940, que figura entre la documentación de su expediente de Responsabilidades Políticas, el doctor Manuel Peña Rey estaba afiliado al Partido Galeguista y era socio de la Agrupación de Oficios Varios en la Casa del Pueblo. Había sido apoderado del Frente Popular en 1936 “pactando con aquel y trabajando con denuedo en pro de la Independencia de Galicia, lo que dio lugar a discusiones en su partido”.
Testificaron a su favor durante la instrucción del Expediente de responsabilidades políticas diversas personas como Antonio Saenz Díez. Celso de la Torre o el doctor Luis Santos Ascarza (quien con fecha 11 de diciembre de 1940 defiende ante el Tribunal la integridad moral y profesional del doctor Peña).
La sentencia del TRRP de A Coruña de fecha 9 de abril de 1941 lo declara incurso en responsabilidad política, le impone cinco años de inhabilitación especial para cargos públicos de mando, confianza y directivos, y le condena al pago de 500 pesetas.
Tardará más de ocho años en ser rehabilitado lo hará el Gobernador Civil Vicente Muñoz Calero, por intereses personales derivados de la necesidad de precisar la asistencia del médico Peña Rey para atender a un familiar cercano–" (tomado de libro "Médicos Ourensanos Represaliados en la Guerra Civil y en la Posguerra. Historias de la -longa noite de pedra" (2010),  David Simón Lorda, Fundación Dez de Marzo/Concello de Ourense).


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------
OUTROS LINKS:

Nombres e historias de la Obstetricia y la Ginecología en Ourense: De Manuel Peña Rey (1918) al Congreso de la Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía (2011)




Dende o Blog de Pablo Vaamonde

5 comentarios:

Jose A. Lamelas G. dijo...

Como muchas otras veces, gracias al Dr. David Simón Lorda conocemos parte de la historia de nuestros compañeros, en aquellos años de la guerra civil y los posteriores de nuestros compañeros de profesión. Lo mal que lo pasaron unos y la defensa y apoyo que hicieron otros.

David Simón-Lorda dijo...

http://www.laregion.es/opinion/xose-gonzalez-martinez/doutor-pena-rey-castelao-compromiso/20151127075844584518.html
"O doutor Peña Rey, Castelao e o compromiso"
por xosé González.
As cidades e vilas que se senten orgullosas de renderen homenaxes perpetuas aos seus cidadáns egrexios están habitadas pola súa memoria, representada en monumentos e placas conmemorativas que que lles dan á súa paisaxe urbá unha personalidade de seu. Ourense é, sen dúbida, unha desas cidades que sempre honrou a aqueles persoeiros que en distintas épocas foron sobranceiras figuras. Se ben é certo que foron recoñecidos todos os que están, sen embargo, aínda non están todos os que son merecentes de tales lembranzas. Este é o caso do doutor Peña Rey, a quen a Irmandade da Sanidade Galega, Concello de Ourense e Secretaría Xeral de Política Lingüística honrarán cun acto que se celebrará o próximo sábado. Descubrirase primeiramente unha placa n a fachada do edificio onde vivíu no Parque de San Lázaro, na que se fará mención á sabedoría deste médico e galeguista militante; celebrándose a continuación un acto académico que terá como escenario o histórico e fermoso paraninfo do Instituto Otero Pedrayo.


David Simón Lorda, siquiatra e historiador da represión que o réxime franquista exerceu sobre os médicos da provincia de Ourense, recolleu nun seu libro as vicisitudes que tivo que pasar o doutor Peña Rey días despois da sublevación militar de 1936. Cárcere, inhabilitación e sancións de considerables contías económicas. Sorprende, xa que logo, que sendo Ourense unha cidade que se caracteriza polo repecto e veneración polos seus próceres, non tivese pensado nunca no doutor Peña Rey, sendo como foi un cualificado profesional da medicina e sobranceiro militante do galeguismo desde a fundación das Irmandades da Fala.


Peña Rey, especialista en xinecoloxía, gozou da admiración da sociedade ourensán polo seu rrigor e acertos no exercicio profesional. Home de moitas preocupacións científicas que actualizaba con activas presenzas en cónclaves relacionados coa medicina, participou con Nóvoa Santos e outros cualificados médicos do seu tempo no intento de crear unha Liga para loitar contra o cancro, encontro que se celebrou no Balneario de Mondariz en 1934.


A vinculación do doutor Peña Rei cos prohomes da Xeracións Nós está máis que probada a través de diversas plataformas culturais e pola súa militancia no Partido Galeguista. Nuha carta que lle escribía Castelao a Eduardo Blanco desde Badajoz onde cumpría condena de desterro, dicíalle: “Fíxenlle uns deseños a Peña Rey para unha conferencia a prol de roturas de útero e amañei unha conferencia con proieicións que din antonte en Oporto”.


Peña Rey pertenceu a unha xeración de eminentes profesionais da medicina que fixeron do seu exercicio profesional un servizo á sociedade que quixeron galeguizar e que por esta razón moitos deles foron asasinados, represaliados ou obrigados e fuxiren ao exilio para salvarense das gadoupas dunha represión feroz que se cebou nos homes de ciencia con desmedido asañamento simplemente por seren respectuosos co seu xuramento hipocrático, baseado na responsabilidade e compromiso humanístico.

David Simón-Lorda dijo...

Homenaxe ao doutor Peña Rey
XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ* 27.11.2015 | 02:09
http://www.farodevigo.es/opinion/2015/11/27/homenaxe-ao-doutor-pena-rey/1358442.html
Para coñecermos a historia da ciencia e da medicina en Galicia publicaronse dous excelentes libros que recomendamos. Un, do historiador Ricardo Gurriarán Rodríguez, titulado "Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940)". Esta obra é a síntese da tese de doutoramento do seu autor, no que o lector poderá atopar unha amplísima nómina de científicos que no seu tempo acadaran un considerable prestixio alén das nosas fronteiras, e que, sen embargo, son grandes descoñecidos por unha gran maioría dos profesionais da medicina. O outro, do siquiatra David Simón Lorda, "Médicos ourensanos represalidados en la Guerra Civil y en la posguerra. Historia de la "longa noite de pedra", un relato estremecedor do asañamento con que foron tratados moitos médicos. Fusiláronse a uns, "paseáronse" a outros, e moitos foron condenados a cadea, liberándose de tales martirios os que puideron fuxir cara o exilio.

Os dous libros teñen referencias ao doutor don Manuel Peña Rey, un profesional da medicina ourensá, home de moitos saberes científicos e compromisos políticos e sociais. A súa participación en congresos internacionais acreditan a súa preocupación pola ciencia. En 1935 participa no Hotel Balneario de Mondariz, dirixido polo empresario galeguista Enrique Peinador Lines, nunha "Semana do Cáncer", na que participaran, entre outros, Roberto Nóvoa Santos, García Blanco, Martínez de la Riva e Angel Baltar, "co obxecto de cambiar impresións sobre a fundación dunha Liga Rexional en Galicia para combater o máis eficazmente posible o cancro". Posteriormente promoverán a construción dun centro oncolóxico en Vigo, que non se chegaría a facer.

O siquiatra David Simón Lorda no libro xa mencionado relata moi polo miúdo os avatares que tivo que padecer Peña Rey, militante do Partido Galeguista, desde que foi destituido da dirección do Hospital Provincial de Ourense en 1936. Aí empezou o seu calvario. Foi detido o 28 de outubro de 1937 e permaneceu en prisión en O Carballiño en distintos períodos en 1937 e 1938. Librouse de ser fusilado, pero mantívose aberto o seu expediente ata ben entrados os anos corenta, ademais de sometelo a restriccións e contribucións "voluntarias" de 5.000 pesetas para o Roupeiro da Guerra. O Tribunal de Responsabilidades Políticas o 9 de abril de 1941 declarao incurso en responsabilidade política e imponlle cinco anos de inhabilitación especial para cargos públicos de mando, confianza e directivos. Tardará oito anos en ser rehabilitado; farao o gobernador civil Vicente Muñoz Calero por intereses persoais derivados da necesidade de precisar a asistencia do médico Peña Rey para atender a súa muller.

Cando hoxe son excepcionais os casos de hospitais privados que se anuncien en lingua galega, no primeiro terzo do século pasado o noso lembrado doutor facíao na prensa de entón como "especialista en partos e doenzas propias da muller". A súa consulta médica estaba dotada xa con toda clase de modernos aparellos tecnolóxicos.

A Irmandade da Sanidade Galega celebrará o próximo día 28 dous actos importantes na cidade de Ourense. Ás 11.30 descubrirase na fachada da casa que fora do doutor Peña Rey, no Parque de San Lázaro, unha placa conmemorativa, rescatando así a súa memoria, e perpetuándoa para sempre na paisaxe urbá. Ás 12.30 horas, no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo, terá lugar o acto académico no que, amais da lección maxistral de David Simón Lorda, ingresarán na Irmandade unha vintena de profesionais que se unirán aos máis de douscentos que xa forman parte dela, garantindo a continuidade do proceso galeguizador na sanidade pública e privada.

*Presidente do Foro E. Peinador

David Simón-Lorda dijo...

http://www.laregion.es/articulo/ourense/homenaxe-xusto-necesario-ao-xinecologo-manuel-pena-rei/20151129082428584892.html
O Paraninfo do IES Otero Pedrayo acolleu onte un acto de homenaxe ao doutor Manuel Peña Rei (1899-1957), un dos pioneiros da Xinecoloxía en Ourense. Non se sabe con certeza se foi o primeiro médico desta especialidade que se estableceu na cidade aínda que se ten constancia da súa actividade dende o ano 1917. A Irmandade da Sanidade Galega (Isaga) honraba así a memoria deste ilustre da medicina ourensá pero tamén o seu compromiso co uso da lingua galega no ámbito sanitario. "Foi un home comprometido co galeguismo e proba diso foron as súas reseñas que publicou na revista Nós", explicou Pablo Vaamonde, presidente da Isaga.

Os seus fillos, Manuel e María de los Ángeles Peña-Rei Bouzas, asistiron tamén ao acto de onte, que comezou ca colocación dunha praca no edificio no que o seu pai exerceu a profesión ata o 1957, sito no número oito do Parque de San Lázaro. "Un letreiro xusto e necesario", dixo Manuel Peña-Rei, médico e dirixente do Partido Comunista, que di ter moitas lembranzas do seu pai. "A mellor herdanza que me fixo foi unha biblioteca fermosa e a súa afición pola lectura. Cando tiña un oco, sempre lía libros de historia, literatura ou de calquera temática", dixo. Outros dos recordos que aínda mantén vivos é o sepelio do seu pai, momento no que el tan só tiña 19 anos. "Estaba estudando Medicina en Santiago e quedei abraiado coa multitude de mulleres que había no seu enterro", explicou. Peña-Rei fixo referencia tamén á solidariedade do seu pai cos médicos máis novatos. "Daquela época non había sanidade pública e o meu pai axudou aos médicos máis novos, que o tiñan complicado para comezar", explicou. Di que intentou vivir alleo á represión franquista, que incluso chegou a condenar a morte ao seu pai. "Non foi fusilado grazas aos seus amigos e compañeiros", dixo o médico psiquiatra David Simón Lorda, quen lembrou que no propio Paraninfo do Otero Pedrayo era onde se celebraran os consellos de guerra.

Durante o acto académico, que contou coa presenza do presidente do Colexio de Médicos de Ourense, José Luis Jiménez, entre outras personalidades, tamén se procedeu á incorporación de novos irmandiños de Isaga, que se comprometeron ao uso do galego no seu ámbito profesional. O presidente da Isaga, Pablo Vaamonde, pediulles que potenciasen o uso da lingua xa que "se o galego ten dificultades no eido social, moito peor no ámbito médico", explicou. Tamén se agradeceu o compromiso doutros médicos como é o caso de Carlos Quintián, "o primeiro que empregou en Ourense a receita en galego", dixo Xosé Luis Álvarez Prieto, membro de Isaga.

David Simón-Lorda dijo...

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/11/29/homenaje-doctor-pena-rey-persona/1359569.html
Homenaje al doctor Peña Rey, una persona comprometida con el galleguismo
Una placa en la casa donde vivió refleja el reconocimiento a su trayectoria

Redacción | Ourense 29.11.2015 | 03:00

Fue un hmenaje sentido a una persona que dejó huella en los ourensanos. Una placa en la casa en la que residió refleja el reconocimiento al doctor Manuel Peña Rey, un médico ginecólogo que más allá de su profesión, fue un "hombre integro" y comprometido en el galleguismo, como así se puso de manifisto en el acto celebrado ayer con el descubrimiento de una placa, en la que estuvieron presentes familiares, entre los que se encontraba su hijo, Manuel Peña Rey, con una destacada treyctoria profesional en el mundo d ela medicina, así comoen el ámbito político y social.

Un acto que contó con la presencia del alcalde, Jesús Vázquez, y miembros de la corporación, con la excepción del grupo socialista y de Ourense en Común, así como representantes del mundo dela cultura y de la sociedad ourensana, que posteriormente acudieron a las jornadas médicas que se celebrarone en el paraninfo del instituto "Otero Pedrayo".

El regidor municipal destacó la relevancia de la figura del doctor