El Pacto de Estado por la Sanidad, en el que trabajaban los grupos parlamentarios desde febrero de 2009, naufragó ayer en el Congreso de los Diputados después de que los miembros de la Subcomisión fueran incapaces de cerrar un acuerdo sobre las recomendaciones que debían enviar al Sistema Nacional de Salud. Ver más en la noticia de ABC en donde hay un enlace al documento debatido en la Subcomisión con 60 recomendaciones que marcaban una hoja de ruta para intentar garantizar el sistema en el futuro.
2 comentarios:
Yo ya llevo un tiempo nadando en el (hispano)escepticismo, y poco espero –o nada– de la CLASE política que cada vez más nos desconcierta. Temo por la sostenibilidad y sospecho que los grupos parlamentarios que integran la Subcomisión de la Comisión de Sanidad han llevado un diálogo de sordos, o que los dos grandes se han ninguneado recíprocamente por intereses meramente partidistas y a la espera de las venideras elecciones, en tanto CIU y PNV mareaban la perdiz e IU se quedaba en tierra de nadie. Sería grave que algunos hubiesen estado dormitando todo este tiempo... ¡Qué mal pensamiento…! Pero parece que la cosa seguirá (bla, bla, bla...), porque hay que justificar sueldos y prebendas. ¡País! No sé a quién creer ni en qué confiar… ¿Tú qué crees, David?
Análise
Privatización: a cerna
06.10.2010 Para o BNG, foron as ansias do PP por camiñar por esta liña as que impediron o pacto pola sanidade ·· O PP teima en buscar vías para os 12.000 millóns de € de débeda
LAURA CAMINO . SANTIAGO
"Temos que evitar a sanidade pública desapareza, aínda que hai intereses en que así sexa. Debemos ser conscientes do que perderiamos, e do difícil que sería recuperalo, por estar o negocio por riba do interese: Aí está o caso de Estados Unidos".
Para a deputada do BNG Olaia Fernández Davila, son os intereses privatizadores os que están detrás da ruptura do agardado pacto pola sanidade pública, que deixa no aire o futuro do sistema e que ten na falta de consenso a orixe do fracaso. Concretamente, as ansias do Partido Popular (PP) por camiñar cara á privatización, como "está facendo en Galicia" aínda que de xeito "máis sutil que na era Fraga", asevera.
No entanto, o PP, quen culpa dese fracaso á falta dunha proposta de financiamento, defende que a "urxencia" radica en buscar os medios para afrontar a débeda do Sistema Nacional de Saúde (SNS) -que cifran en 12.000 millóns de euros-.
Morto o pacto -coa oposición de CIU e PP e a abstención de PNV- que sería o garante do futuro da sistema público, o Goberno central olla con optimismo e asegura que segue "vivo". Pero para a deputada nacionalista galega, a unanimidade "non é posible". Como podería selo cando se parte de proxectos tan diferentes?, pregúntase, para aseverar: "Pasou o que era lóxico".
Respecto das propostas do Bloque achegadas para o documento resultante do máis de ano e medio de reunións, son a convicción dun modelo de xestión pública; a resolución das listas de espera e a mellora dos tempos de atención primaria; un financiamento equitativo no estado e máis competencias das diferentes autonomías no Consello Interterritorial do SNS, representan a achega galega ao acordo.
Neste último punto coincide tamén o grupo Parlamentario do PP no Congreso, que aposta por que as comunidades poidan participar na elaboración dos Orzamentos Xerais do Estado, en materia de sanidade, a través do citado consello.
Así o anunciaron onte tras presentar un voto particular ao documento -Informe da Subcomisión para o Pacto de Estado pola Sanidade co obxectivo de que este acordo inclúa un novo modelo de financiamento para o Sistema Nacional de Saúde (SNS)- e reclamar "iniciativas urxentes" para facerlle fronte á súa débeda, que cifran en máis de 12.000 millóns de euros.
O PP reiterou onte o seu rexeitamento ao documento resumo, redactado polo presidente da Subcomisión, Gaspar Llamazares (IU) porque "non achegaba solucións" e era "inconsistente cos problemas reais da sanidade", aseguran.
Doutra banda, Olaia Fernández, quen recoñeceu con todo o positivo das achegas nas diferentes reunións da subcomisión, indicou que a postura contraria de CIU ao pacto está argumentada no modelo catalán de "acuciante xestión privada".
A deputada do BNG no Congreso, que defende un sistema "netamente público, non só no servizo senón tamén na xestión" e se manifesta contraria a calquera modelo de externalización ou privatización, considera clave un incremento do financiamento sanitario. Pero non esquece tampouco o atranco do "disparado e disparatado" gasto sanitario e lembra que algunhas das medidas prometidas pola ministra de Sanidade en marzo deste ano, como a introdución do medicamento unidose, aínda non se materializaron. Incide tamén na especial situación de Galicia, que está á cola en uso de xenéricos, "aínda que se está mellorando", e pide priorizar a sanidade, a educación e os servizos sociais sobre outros gastos, como os de infraestruturas. Non as de Galicia, que sofren un grande atraso, aclara.
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-sociedade/gh/privatizacion-cerna/idEdicion-2010-10-06/idNoticia-596993/
Publicar un comentario