domingo, 10 de octubre de 2010

Proposición de ley en el Parlamento de Galicia para la búsqueda e identificación de las víctimas gallegas de la represión franquista.


El PsdeG-PSOE presenta una proposición de ley en el Parlamento de Galicia para la búsqueda e identificación de las víctimas gallegas de la represión franquista. Desde "Diario de un médico de guardia" felicitamos al PSdeG-PSOE por dicha iniciativa y nos adherimos a dicha propuesta. Se debatirá en el próximo pleno de la Cámara.

Enlace a noticia en Xornal.com:

O PSdeG propón unha lei galega para dignificar os represaliados

http://www.xornal.com/artigo/2010/10/10/galicia/psdeg-propon-lei-galega-dignificar-represaliados/2010101000402001418.htm

Os socialistas presentan no Parlamento unha nova normativa para crear un censo de desaparecidos.As vítimas e represaliados galegos da ditadura franquista poderían estar máis próximos a conseguir unha reparación se vai adiante unha iniciativa do PSdeG no Parlamento de Galicia. Este avance na memoria histórica dependerá do que se decida este martes no pleno da Cámara sobre unha proposición de lei do PSdeG, na que se contempla, entre outras cuestións, a localización e identificación de desaparecidos durante a Guerra Civil e o franquismo.

O voceiro do grupo parlamentario socialista, Xaquín Fernández Leiceaga, defenderá esta proposta de nova lei para a busca e identificación das vítimas galegas da represión franquista. “Esta represión sistemática, que adoptou múltiples formas, causou varios miles de mortos en Galicia onde, pola súa singularidade durante este período, se multiplicaron as foxas e enterramentos” xa que a Guerra non foi “convencional” nesta esquina do mapa, reza o texto que os socialistas rexistraron na Cámara galega este verán.

De conseguir o visto e prace dos tres grupos con representación no Parlamento (PSdeGPPdeGBNG), a proposición só pasaría a primeira criba, trala que se tería que iniciarse a súa tramitación. No entanto, a Xunta do PP leva amosando unha actitude negativa coa memoria histórica dende que chegou ao poder no 2009.

RECORTES CO PP NO PODER

Así, o Executivo autonómico rexeitou participar na elaboración do mapa de foxas estatal en colaboración co Goberno central, ao igual que outras autonomías dirixidas polos populares. Ademais, recortou os fondos destinados a proxectos de investigación relacionados coa localización de restos dos represaliados na comunidade, como é o caso do proxecto universitario Nomes e Voces.

A pesar destes antecedentes en negativo, o PSdeG pretende conseguir unha norma galega que apoie “as accións necesarias para recuperar e dignificar a memoria das vítimas e traballar na identificación de desaparecidos e soterrados”.


1 comentario:

David Simón-Lorda dijo...

Lourenzo Fernández: “O rexeitamento á Lei da Memoria galega denota ignorancia”
O experto analizou onte a necesidade de saber o por que do franquismo nunha charla en Gondomar

http://www.xornal.com/artigo/2010/10/23/galicia/lourenzo-fernandez-rexeitamento-lei-da-memoria-galega-denota-ignorancia-do-pasado/2010102223461502523.html