https://www.facebook.com/Amigasdarepublica |
https://www.facebook.com/Amigasdarepublica |
A Raia Seca Solidaria.
Homenaxe ao guerrilleiro antifascista
Alfredo Yáñez "O Aguirre" e á comunidade de Sernande (Vinhais)
Sábado, 25 de maio de 2024
SERNANDE ( Vinhais-PORTUGAL) e A GUDIÑA (Ourense)
+++++++++++++++++++++++++++
ORGANIZA: Amigos da República
Colaboran: Os Torgueiros Asociación Os Torgueiros, União de Freguesias de Quirás e Pinheiro Novo (Vinhais) e Concello de A Gudiña.
++++++++++++++++++++++++++++++
11:00 (Portugal)/12:00 (España).
En SERNANDE -VINHAIS (Portugal) . No adro da ermida de Santo Antònio de Sernande.
Acto Homenaxe ao guerrilleiro antifascista Alfredo Yáñez "O Aguirre" e á comunidade de Sernande (Vinhais).
Interveñen: Amigos da República, União de Freguesias de Quirás e Pinheiro Novo (Vinhais) e Dionísio Pereira.
+++++++++++++
17:30-20:30.
Na Gudiña (Ourense) - Casa da Viuva.
Presentación da xornada na Gudiña (Asociación Os Torgueiros).
17:30-Proxección do documental "A Menina que vía homes encadeados" (2022), de Alicia López Méndez e Javier López Rodríguez.
Participan: Javier López Rodríguez e Felipe Lubián Lubián.
Presenta/Modera: David Simón (Amigos da República)
18:30-Conferencia: "A Resistencia antifranquista dende Portugal. As orixes da Federación de Guerrillas e o exilio fracasado".
Ponente: Alejandro Rodríguez Gutiérrez (Grupo Sputnik Labrego. Historiador)
Presenta/Modera: Dionísio Pereira (Historiador)
++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
Vaise celebrar un acto de lembranza agradecida pola solidariedade que atoparon as persoas, galegas ou doutras zonas de España, que fuxiran da Ditadura franquista entre 1936 e 1947 e se refuxiaron na zona da actual União de Freguesias de Quirás e Pinheiro Novo, especialmente na aldeia ou pobo de Sernande.
Haberá un sinxelo acto en Sernande - Vinhais Sernande na lembranza do guerrilleiro antifranquista Alfredo Yáñez "O Aguirre", de Xares-A Veiga (Ourense), e soterrado en Sernande sen lápida, mais tamén en homenaxe daquela veciñanza da raia que tanto padeceu por axudar aos nosos perseguidos e perseguidas.
A iniciativa está sustentada pola Asociación Amigos da República de Ourense, e impulsada por historiadores e profesores como Dionísio Pereira e Lola Varela. Tamén colaboraron en recollida de información e na investigación de campo persoas como o etnógrafo Xosé Rodríguez Cruz (de A Gudiña) ou Fernando Fernández Yáñez ( de A Veiga- Ourense). Colaboran a Asociación Cultural Os Torgueiros (A Gudiña), Javier López Rodríguez (Hermisende-Zamora), Felipe Lubián (de Lubián- Zamora )ou Alejandro Rodriguez (do grupo Sputnik Labrego), ademáis da União de Freguesias de Quirás e Pinheiro Novo, e o Concello da Gudiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario