I XORNADA GALEGA SOBRE TRABALLO SOCIAL E SAÚDE MENTAL “RELEGADOS Á CONDICIÓN DE INFRA-CIDADÁNS: NOVOS DESAFÍOS EN SAÚDE MENTAL”
Data: 24 DE NOVEMBRO DE 2017
Lugar: FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN. Campus de Ourense-Universidade de Vigo. Aula Emilia Pardo Bazán.
Organiza: ASOCIACIÓN GALEGA DE SAÚDE MENTAL – AEN ( http://www.agsm-aen.org )
Dirixido a: Profesionais do ámbito sanitario e social, estudantes e poboación en xeral.
Dirixido a: Profesionais do ámbito sanitario e social, estudantes e poboación en xeral.
Área temática: Saúde mental e Estado de benestar.
Obxectivos: Establecer un encontro onde o diálogo entre os distintos profesionais especializados en saúde mental, servizos sociais de A.P, servizos comunitarios e do terceiro sector, aborden aspectos relacionados coas políticas sanitarias, sociais e xudiciais que afectan directamente á inclusión real na sociedade de cidadáns/as con enfermedade mental.
A intervención do profesional axústase á particularidade atopada tendo en conta a singularidade e a subxectividade do propio doente. Na nosa área de traballo a intervención no social alcanza maior dimensión e complexidade.
En ocasións, accederemos a unha realidade paralela que forma parte do propio suxeito.
O obxectivo do encontro pretende, en definitiva, poder analizar e discutir as dificultades encontradas nas nosas intervencións diarias á hora de apoiar ou axudar a construir proxectos de vida.
PROGRAMA
9:00 - 9:30h
Recepción de participantes
9:30 - 10:00h
Presentación da Xornada.
Ramón Area Carracedo – Presidente da AGSM-AEN
10:00 - 11:30h
Mesa 1 – A LOUCURA: COMO UN FEITO SOCIAL
Chus Gómez Rodríguez – Psiquiatra UHRP Hospital de Piñor - Psicanalista ELP Vigo
Iñaki Márquez – Coordinador AEN – Adiccións
Modera: David Simón Lorda – Psiquiatra USM-CHOU
11:30h
Pausa café
12:00 - 13:30h
Mesa 2 – A LOUCURA: ENTRE A ENCRUCILLADA DO SANITARIO E O SOCIAL
Alfonso Alonso Fachado – Subdirector Xeral de Planificación e Programación Asistencial
Jorge Rubén Sampedro Grande
Subdirector Xeral de Dependencia e Valoración da Discapacidade da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia
Representante da FUNGA (Fundación Pública Galega para a tutela de persoas adultas)
Modera: Marta Capeáns Outeiro – Presidenta Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
13:30h
Homenaxe ás primeiras traballadoras sociais de Galicia
14:00h
Descanso comida
16:00 - 17:30h
Mesa 3 – A LOUCURA: COMO ANTÓNIMO DE DEREITOS E LIBERDADES
Julio Jiménez Feliz – Director do IMELGA de Ourense
Eva Regueiro Rodríguez – Fiscal da Fiscalía Provincial de Ourense
Modera: Carmen Verde – Doutora en Filosofía Política e Moral, Diplomada en Traballo Social
17:30 - 19:00h
Mesa 4 – A LOUCURA: EXPERIENCIAS DENDE O TRABALLO SOCIAL
Gemma González Pendas – Traballadora Social da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM)
Ana Isabel Guillén Vilanova – Xefa de Servizo de Traballo Social – EOXI-Santiago.
Programa Persoas Sen Fogar con TMS. Área de Santiago.
Luís Carmona – Traballador Social – EOXI-Ourense. Unidade Hospitalaria de Rehabilitación Psiquiátrica Hospital de Piñor.
Modera: Mª José Vázquez Vázquez – EOXI-Ourense. Traballadora Social
19:00h
Clausura
Marta Capeáns Outeiro – Presidenta Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario