Programa VII Jornada Clásicos en Psiquiatría, Vigo, 2012 |
Programa VII Jornada Clásicos en Psiquiatría, Vigo, 2012 |
O COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE VIGO ORGANIZA UNHA XORNADA SOBRE O NACEMENTO DA PSIQUIATRIA INFANTIL
Os especialistas tratarán a psiquiatria infantil a través do estudo do “Caso del Niño Salvaje” que sentou as bases da paidosiquiatria.
Vigo, 23 de xaneiro do 2012. A Comisión de Docencia de Saúde Mental do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, en colaboración coa Asociación Galega de Saúde Mental, vai celebrar o mércores dia 25 unha xornada sobre “El Nacimiento de la Psiquiatría Infantil: El caso del Niño Salvaje”. Esta xornada, aberta ao público, comezará ás 9.00 h. no Salón de Actos do Hospital Xeral.
O responsable do comité organizador e xefe do servizo da Unidade de Agudos do Hospital Nicolás Peña do CHUVI, Tiburcio Angosto explica que “este evento se enmarca no programa sobre Clásicos en Psiquiatría que ven desenvolvendo o Complexo Hospitalario e que ten por obxetivo realizar un percorrido polas teorías siquiátricas clásicas. Nesta VII edición adícase a psiquiatría infantil”
O tema a desenvolver versará sobre un caso dun neno salvaxe, que non falaba, atopado errando en 1798 nuns bosques franceses. O tratamento rehabilitador levado a cabo polo médico JMG IItard, constituiu un momento fundacional na historia da siquiatría infantil. Aínda que o tratamento foi un fracaso, o médico describiu máis tarde, nun artigo científico a psicoses sen linguaxe nos nenos. A publicación desta patoloxía infantil foi considerada como o acta fundacional da paidosiquiatría.
Prestixiosos especialistas
A xornada do mércores se iniciará coa proxección da película “El niño Salvaje” de F.Truffaut. Posteriormente se ofrecerán varias ponencias de diversos especialistas entre os que cabe subliñar a de Federico Menéndez que falará ás 12.15 sobre“De qué hablamos cuando hablamos de la infancia en la psicopatología. El niño como sujeto”; e a de Alberto Lasa, que ofrecerá un relatorio baixo o título “Deficiencia mental y psicosis en la infancia: su comprensión clínica y sus implicaciones terapéuticas” . (Fuente: Gabinete de Comunicación Sergas).
No hay comentarios:
Publicar un comentario