Vista aérea del Complexo Hospitalario de Ourense, aprox. año 1999-2000?, previo a las obras del parking y del nuevo bloque quirúrgico. |
Ofrecemos ós lectores do blog o texto dun comunicado da Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense:
COMUNICADO:Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense
Asunto: O Plan Director do CHUO, o proxecto “Hospital 2050” e a ceremonia, interesada, da confusión.
Nestes pasados días teñen saído nalgúns medios de comunicación unha serie de novas referidas a un suposto acordo entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e a Xunta para, según parece, desbloquear a paralización do Plan Director de reforma e ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense. Dende a Plataforma
pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense, tralas pertinentes indagacións, queremos clarexar a cidadanía de Ourense o siguiente:
1) Nestas novas, mixturanse cuestións que nada teñen que ver entre si, xerando interesada confusión entre os lectores e terxiversandose o tema principal, que non deixa de ser outro que o alongado bloqueo da Xunta a continuar o Plan Director e a ampliación do CHUO.
2) O anunciado convenio que suscribirán o Ministerio de Ciencia e Innovación e o SERGAS ten a súa base nun Proxecto Hospital 2050 e cinguese a implantación nas dependencias dalgúns Hospitais de Galicia (ao parecer nos da provincia de Ourense e no Monforte) dun tipo de tecnoloxías innovadoras biomédicas (dixitalización, trazabilidade electrónica de datos clínicos...).Tratase dunha boa nova sempre e cando se materialice, pero non ten nada que ver, máis ben todo o contrario do que nas diferentes novas, incluso en entrevistas co parlamentario
Sr. Santalices, se afirma, co Plan Director do CHUO. O Plan Director non pode financiarse con fondos europeos adicados a promoción e desenvolvemento da innovación tecnolóxica. É unha obra pública que por lei depende en exclusiva da administración autonomica, e neste caso da Xunta.
3) Desgraciadamente, do Plan Director do CHUO seguimos sen saber nada con respeito a súa continuidade, máis aló dos vellos proxectos arquitectónicos que se van sacando do caixón de cando en vez para acochar a parálise do mesmo.
4) Lamentamos que de novo se empregue o periodo de inicio de campaña electoral para “filtrar” por parte do SERGAS (única fonte posible da nova),un acordo que ainda non está rematado, no canto de informar a cidadanía de Ourense da realidade dos feitos.
5) Esta Plataforma ven demandando dende vai máis dun ano, de cales son os plans, orzamentos e datas para as esquencidas infraestructuras sanitarias de Ourense e mesmo en sede parlamentaria as preguntas e rogos dos diputados da oposición a propia Conselleira Sra. Farjas non ten sido quen de explicar porque a provincia
de Ourense sigue a ser a última en inversión nas infraestruras sanitarias e porque somos a primeira en desmantelamento dos mesmos (Toén e Piñor).
6) Resulta tamén lamentable escoitar ao Parlamentario por Ourense do PP Sr. Santalices falando de que a firma deste convenio desbloqueará o proxecto do Plan Director cando él mesmo se ten pronunciado públicamente de xeito claro a favor dun modelo PFI (financiamento privado) para o Hospital de Ourense en datas moi recentes. Condenamos e denunciamos que se fagan tantos esforzos en terxiversar e enganar namentras os nosos servizos sanitarios se recortan e deterioran día a día. Recortes e deficiencias da que son testigos tanto os usuarios como os profesionais da sanidade pública.
Ourense 7 de Novembro do 2011.-
--------------------------------------------------------------------------------------
Enlace a noticia: http://www.laregion.es/
>
3 comentarios:
SOS Sanidade Pública' duda del plan para ampliar el CHUO.
http://www.laregion.es/noticia/180379/sanidade/publica/ampliar/
El psiquiátrico de Conxo es una cárcel paupérrima
http://www.publico.es/espana/410891/privatizar-los-hospitales-acaba-saliendo-caro
Privatizar los hospitales acaba saliendo caro.
Varios estudios revelan que la entrada de la empresa privada en la gestión de centros públicos, como pretende Cospedal en Castilla-La Mancha, dispara el gasto público a largo plazo.
Publicar un comentario