Mostrando entradas con la etiqueta tecnología sanitaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tecnología sanitaria. Mostrar todas las entradas

sábado, 23 de noviembre de 2019

"PRESENTE Y FUTURO DE LAS TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN EN LA SANIDAD GALLEGA: NUEVOS RETOS Y OPORTUNIDADES (SESION CIENTÍFICA ORDINARIA de la ACADEMIA MÉDICO QUIRÚRGICA DE OURENSE, 28 de noviembre de 2019)

SESION CIENTÍFICA ORDINARIA de la ACADEMIA MÉDICO QUIRÚRGICA DE OURENSE



28 de noviembre de 2019
"PRESENTE Y FUTURO DE LAS TECNOLOGÍAS DE LA INFORMACIÓN EN LA SANIDAD GALLEGA: NUEVOS RETOS Y OPORTUNIDADES "

Ponente: Dn. Benigno Rosón Calvo. Subdirector de Sistemas y Tecnoloxías de la Información del Servicio Galego de Saúde.


martes, 8 de noviembre de 2011

"O Plan Director do CHUO, o proxecto “Hospital 2050” e a ceremonia, interesada, da confusión" (Comunicado de la Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ourense)

Vista aérea del Complexo Hospitalario de Ourense,  aprox. año 1999-2000?, previo a las obras del parking y del  nuevo bloque quirúrgico.

Ofrecemos ós lectores do blog o texto dun comunicado da Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense:

COMUNICADO:Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense
Asunto: O Plan Director do CHUO, o proxecto “Hospital 2050” e a ceremonia, interesada, da confusión.

Nestes pasados días teñen saído nalgúns medios de comunicación unha serie de novas referidas a un suposto acordo entre o Ministerio de Ciencia e Innovación e a Xunta para, según parece, desbloquear a paralización do Plan Director de reforma e ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense. Dende a Plataforma
pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense, tralas pertinentes indagacións, queremos clarexar a cidadanía de Ourense o siguiente:

1) Nestas novas, mixturanse cuestións que nada teñen que ver entre si, xerando interesada confusión entre os lectores e terxiversandose o tema principal, que non deixa de ser outro que o alongado bloqueo da Xunta a continuar o Plan Director e a ampliación do CHUO.

2) O anunciado convenio que suscribirán o Ministerio de Ciencia e Innovación e o SERGAS ten a súa base nun Proxecto Hospital 2050 e cinguese a implantación nas dependencias dalgúns Hospitais de Galicia (ao parecer nos da provincia de Ourense e no Monforte) dun tipo de tecnoloxías innovadoras biomédicas (dixitalización, trazabilidade electrónica de datos clínicos...).Tratase dunha boa nova sempre e cando se materialice, pero non ten nada que ver, máis ben todo o contrario do que nas diferentes novas, incluso en entrevistas co parlamentario
Sr. Santalices, se afirma, co Plan Director do CHUO. O Plan Director non pode financiarse con fondos europeos adicados a promoción e desenvolvemento da innovación tecnolóxica. É unha obra pública que por lei depende en exclusiva da administración autonomica, e neste caso da Xunta.

3) Desgraciadamente, do Plan Director do CHUO seguimos sen saber nada con respeito a súa continuidade, máis aló dos vellos proxectos arquitectónicos que se van sacando do caixón de cando en vez para acochar a parálise do mesmo. 

4) Lamentamos que de novo se empregue o periodo de inicio de campaña electoral para “filtrar” por parte do SERGAS (única fonte posible da nova),un acordo que ainda non está rematado, no canto de informar a cidadanía de Ourense da realidade dos feitos.

5) Esta Plataforma ven demandando dende vai máis dun ano, de cales son os plans, orzamentos e datas para as esquencidas infraestructuras sanitarias de Ourense e mesmo en sede parlamentaria as preguntas e rogos dos diputados da oposición a propia Conselleira Sra. Farjas non ten sido quen de explicar porque a provincia
de Ourense sigue a ser a última en inversión nas infraestruras sanitarias e porque somos a primeira en desmantelamento dos mesmos (Toén e Piñor).

6) Resulta tamén lamentable escoitar ao Parlamentario por Ourense do PP Sr. Santalices falando de que a firma deste convenio desbloqueará o proxecto do Plan Director cando él mesmo se ten pronunciado públicamente de xeito claro a favor dun modelo PFI (financiamento privado) para o Hospital de Ourense en datas moi recentes. Condenamos e denunciamos que se fagan tantos esforzos en terxiversar e enganar namentras os nosos servizos sanitarios se recortan e deterioran día a día. Recortes e deficiencias da que son testigos tanto os usuarios como os profesionais da sanidade pública.

Ourense 7 de Novembro do 2011.-

--------------------------------------------------------------------------------------
Enlace a noticia:  http://www.laregion.es/noticia/179287/sanidad/futuro/disenara/ourense/inversion/millonaria/

>