miércoles, 13 de octubre de 2010

O PPdeG vota en contra de ''dignificar'' ás vítimas de Franco

Memoria histórica

O PPdeG vota en contra de ''dignificar'' ás vítimas de Franco

A maioría absoluta do PPdeG na Cámara galega rexeitou este mércores unha proposición de lei presentada polo PSdeG e apoiada polo BNG para a localización e identificación das persoas desaparecidas durante a Guerra Civil e a ditadura, e a dignificación das fosas comúns. Os socialistas reclamaban un censo de desaparecidos, un mapa de enterramentos e a identificación das vítimas.
A portavoz de Cultura do PSdeG, Concepción Burgo, durante a súa intervención agradeceu en primeiro lugar a presenza no Hemiciclo da Cámara Autonómica de diversas organizacións relacionadas coa recuperación da memoria histórica da nosa Comunidade. A deputada socialista dixo que para o PSdeG esta iniciativa ''supón un acto de xustiza ante unha vergoña histórica'' como son todos os mortos da represión e a ditadura. Sinalou tamén que ''é froito do compromiso moral e legal coas familias dos desaparecidos para honrar a súa memoria''. E resumiu esta proposta en dúas palabras: ''recordar e dignificar''.
Burgo recordou que esta iniciativa socialista desenvolve unha serie de artigos da Lei de Memoria Histórica, e tamén unha Resolución aprobada por unanimidade polo Parlamento de Galicia (8-10-2008), onde se instaba á Xunta a proseguir coas accións dirixidas a recuperar e dignificar a memoria das vítimas  da represión durante a Guerra Civil, eliminar os símbolos, e colaborar na identificación dos desaparecidos e enterrados en fosas comúns. A portavoz de Cultura emprazou aos poderes públicos a devolver os restos ás familias ''para que teñan a honra que se merecen''. 
Burgo remarcou que ''non queremos abrir feridas senón garantir dereitos''. E insistiu na súa exposición en que ''esta iniciativa ten un sentido tan ético que tería que superar calquera discrepancia política''. Así recordou que en Galicia hai ao redor de cen fosas cunhas catrocentas vítimas. Neste punto denuncia que o Goberno de Feijoo ''negouse a participar na construción do mapa de enterramentos de fosas realizados polo Ministerio de Xustiza''.
Xa na quenda de replicar a deputada socialista dixo que a actitude do PP sobre este asunto ''é lamentable''. Asegurou que toda a dereita europea condenou a ditadura e o franquismo. ''Nós non consideramos ao Partido Popular os herdeiros do franquismo, son vostedes, os que con actitudes como as que mostraron hoxe na Cámara, os que se converten nos seus herdeiros e defensores'', sentenciou.  Para rematar enviou unha mensaxe ao Partido Popular na que dixo que ''tanta misa do Peregrino e procesión de fe, e esquécense da xustiza. A única división de España créana vostedes'', concluíu Concepción Burgo.


Apoio do BNG

A deputada  do BNG, Ana Pontón mostrou o apoio do seu grupo á iniciativa socilaista, asegurando que ''no BNG somos conscientes do valor simbólico e emotivo das fosas e desaparecidos por ser a mostra máis palpable da barbarie do ano 36''. Pontón reclamou a reactivación, ''por parte do Goberno galego'' dun verdadeiro proceso para a recuperación da memoria histórica  porque colectivamente -dixo- ''temos  dereito á verdade''.
A nacionalista recordou que en Galicia non houbo guerra pero si unha represión ''violenta e brutal'' con 12.000 persoas represaliadas, 4.500 desaparecidas, 3.000 paseadas e 1.322 fusiladas logo de xuízos sumarísimos e pediu que o Partido Popular ''non nos siga tomando o pelo'' cando afirma que apoian a recuperación da memoria histórica e logo  paralizan a localización das fosas e reducen o  convenio coa universidade para estes labores.
Pontón considerou que ''seguen existindo poderes'' no Estado español que  rexeitan  levar a cabo unha investigación sobre os crimes do franquismo e aos seus autores e dixo  que ''os límites que o propio estado impón para este tipo de procesos tivo a súa maior expresión no proceso contra o xuíz Baltasar Garzón''.
A parlamentaria do BNG pediu que o Partido Popular, que condenou no ano 2008 o réxime franquista, demostre que esa condena  non era ''unha posta en escena'' e dea un paso adiante na recuperación da memoria histórica para que moitos familiares das vítimas da represión poidan recuperar os cadáveres e documentación dos procesos e sumarios.


O PP di que ''Franco é pasado''

Pola súa banda, o deputado do PPdeG Agustín Baamonde acusou ao PSdeG e ao BNG de non querer expor o tema da memoria histórica sobre o franquismo con ''espírito de conciliación e concordia''.
No transcurso do acalorado debate da proposición, no que Baamonde e o deputado do BNG Bieito Lobeira cruzáronse acusacións, o parlamentario do PPdeG criticou que a oposición trate de que o Goberno galego actúe de oficio para investigar o pasado en relación coa memoria histórica, o que, dixo, ''significa colocar outra vez a uns contra outros''.
Baamonde cualificou de ''innecesaria, inútil e contraditoria'' a proposición de lei dos socialistas, e aos deputados do BNG acusounos de pretender ''reescribir a historia dun xeito tendencioso''. ''Non se pode facer unha memoria parcial, selectiva e interesada", dixo o deputado do PPdeG, quen engadiu que ese período non pode ser analizado "sobre o principio maniqueo'' dos bos e os malos.
Baamonde asegurou que ''Franco é pasado'' e dixo que de seguir nesa liña, a oposición será coñecida ''como os Atapuerca da política española''.

Xaime Quessada, "Los sótanos de Gobernación",1968 
Colmeiro, 1936, "Muller con fusilado"

5 comentarios:

David Simón dijo...

CRÓNICA
Las fosas de la guerra enfrentan a los dos bandos del Parlamento
D. S. SANTIAGO/LA VOZ. 14/10/2010
Valoración (0 votos)
La socialista Concepción Burgo fue la encargada de defender ayer en el pleno del Parlamento gallego la primera iniciativa legislativa que impulsa el PSdeG en dieciocho meses de legislatura y que versaba sobre la localización de las fosas comunes y la identificación de las personas desaparecidas durante la Guerra Civil y la dictadura franquista, porque -dijo Burgo- «ninguén nesta sala aceptaría que os seus seres queridos estiveran enterrados nunha cuneta».

Aunque Burgo evitó el tono revanchista para facilitar que el PP se sumara a la propuesta, lo cierto es que Agustín Baamonde dejó claro que los populares no iban a refrendar ningún intento de «reescribir a historia» y obligar a la Administración autonómica a investigar «os enterramentos».

Tras eso acusó a los socialistas de ser los «Atapuerca da política española», mientras al Bloque le espetó que «calquera ten na familia un avó falanxista».

Estas palabras encendieron los ánimos de la Cámara, creando dos bandos. Uno, con Bieito Lobeira declarando mancillada la memoria de sus abuelos y con Beatriz Sestayo pregonando que «o franquismo non morreu, está no PP», y otra con un PP que aguantó el tirón. Al final, la ley decayó. Pero lo llamativo fue que los socialistas Pachi Vázquez, Carmen Gallego o María Quintas, pese a ser proponentes, no acudieron ni a votar.
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/10/14/0003_8783354.htm

David Simón dijo...

El PP rechaza por "maniquea" la identificación de víctimas de la guerra
Un diputado popular tacha al PSOE de "Atapuerca de la política" por su propuesta
EL PAIS (Galicia)- Santiago - 14/10/2010
No sé si puede existir algo más humano y justo que encontrar y enterrar a los desaparecidos". La diputada del PSdeG Concepción Burgo apeló a la conciencia de los diputados de todos los grupos para que apoyaran su proposición de ley sobre la localización e identificación de desaparecidos en la Guerra Civil.

"No sé si puede existir algo más humano y justo que encontrar y enterrar a los desaparecidos". La diputada del PSdeG Concepción Burgo apeló a la conciencia de los diputados de todos los grupos para que apoyaran su proposición de ley sobre la localización e identificación de desaparecidos en la Guerra Civil. Se trataba de crear un censo de desaparecidos, promover un banco de ADN que facilite su investigación o hacer un mapa de fosas comunes, para dar con las víctimas "de uno y otro bando". Lo que se encontró fue la negativa de la mayoría del PP y una agria respuesta de su diputado Agustín Baamonde, que acusó al PSdeG de intentar "investigar el pasado". Baamonde subió el tono a medida que avanzó su intervención, hasta tachar a los socialistas de "los Atapuerca de la política española"... (mas en enlace:http://www.elpais.com/articulo/Galicia/PP/rechaza/maniquea/identificacion/victimas/guerra/elpepuespgal/20101014elpgal_2/Tes )

David Simón dijo...

Feijóo di que o PSdeG busca "tirar rendibilidade" da Guerra Civil
O presidente da Xunta xustifica o seu rexeitamento á proposta socialista para exhumar represaliados e acusa o PSdeG de tentar desviar a atención da crise económica.
XORNAL.COM 14/10/2010 - 14:35 h.

O PP cualifica de “inútil” a iniciativa que pedía honrar os represaliados franquistas
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acusou esta mañá ao PSdeG de tentar "tirar rendibilidade" política da "páxina máis negra da historia de España", despois de que os socialistas tentasen onte, sen éxito, sacar adiante unha proposta de lei no Parlamento para apoiar a exhumación de persoas asasinadas pola ditadura franquista e pór en marcha iniciativas a prol da súa memoria.
Durante a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta e a preguntas de Xornal de Galicia, Feijóo asegurou que "as propostas do PP son moi claras" e, para os conservadores, afirma, "a Guerra Civil está superada". "A liorta que tiveron os nosos avós non pode marcar a actualidade política", afirma.
Neste sentido, o xefe do Executivo galego asegura manifestar "o maior dos respectos para os nosos avós, que se mataron entre si" ao estaren "divididos" en dous bandos. "En momentos de crise -conclúe- hai quen busca falar de calquera cousa menos dos problemas da xente".

David Simón dijo...

"Núñez Feijóo quiere que el pasado siga enterrado... en las cunetas"
El PSdeG critica el "virulento" rechazo del PP a localizar a las víctimas del franquismo y recuerda que "los abuelos no se mataron entre sí" porque en Galicia "no hubo guerra"
HENRIQUE MARIÑO Madrid 14/10/2010 20:45
http://www.publico.es/espana/341562/-nunez-feijoo-quiere-que-el-pasado-siga-enterrado-en-las-cunetas/version-imprimible

David Simón dijo...

"As declaracións de Feijóo sobre a proposta para dignificar ás vitimas da guerra civil son dunha gran baixeza moral"
Concepción Burgo di que as declaracións de Feijoo amosan claramente que o PP "segue negándose a recoñecer que o franquismo foi unha dictadura"
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2010. A portavoz de Cultura do Grupo Parlamentario Socialista Concepción Burgo dixo hoxe que as afirmacións de Feijoo, nas que acusa ao PSdeG de buscar rendibilidade política coa proposta sobre a Guerra Civil “son dunha gran baixeza moral”.

A deputada socialista di que o único que pretende con esta proposta “ é que as familias das víctimas da Guerra Civil e da dictadura franquista poidan ser localizalas e darlles un enterro digno”.

Burgo di que moitos do “avós” (como chama Feijoo as víctimas) están enterrados nas cunetas en fosas ou en montes, e os seus netos teñen dereito a enterralos dignamente e a honrar a súa memoria “ esto é unha cuestión de xustiza e de ética”, asegurou a deputada.

Advirte que para Feijoo a Guerra Civil e a dictadura estará superada “pero para as familias que non saben onde están os seus seres queridos, asasinados na dictadura franquista, o duelo e a dor continua”, asevera Burgo.

A deputada socialista esixe a Feijoo que cumpra a Lei da Memoria Histórica aprobada polo Congreso dos Deputados xa que denuncia que “non o esta a facer e ninguén esta por encima da Lei”, sentenciou.

E conclúe “as declaracións de Feijoo amosan claramente cal é o problema que o PP que segue negándose a recoñecer que o franquismo foi unha dictadura”, resumiu.
http://www.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=6416