jueves, 13 de febrero de 2020

Mauthausen, regreso ao campo da morte ( Acto de ARMH y Amigos da República, no Liceo de Ourense, 14 febreiro 2020)



Como complemento da exposición sobre Francesc Boix, fotógrafo de Mauthausen no Liceo de Ourense, o vindeiro venres 14 de Febreiro ás 20h vaise proxectar o documental: Mauthausen, regreso ao campo da morte.
Os protagonistas do documental son Enrique Doval de Lugo e Joaquín Balboa de Ourense. Os autores do documental vixaron con eles a Austria en 1989.

Presenta o acto: Carmen G-Rodeja (ARMH) eDavid Simón ( Amigos da Republica de Ourense)


Haberá unha mesa redonda e e debate posterior con o investigador Eladio Anxo Fernandez Manso, e o realizador e xornalista  José Torrente.

E a participación de familiares de deportados en campos de concentración
+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

Entre a apertura do campo de Mauthausen en agosto de 1938 e a liberación polo exército de Estados Unidos en maio de 1945, unhas 190.000 persoas foron deportadas a Mauthausen.

Miles de presos foron mortos a golpes, abatidos a tiros, asasinados mediante inxeccións ou levados a perecer por conxelación. Polo menos 10.200 presos do campo de concentración foron asasinados mediante gas letal na cámara de gas do campo central, no campo de Gusen, no centro de execución do castelo de Hartheim ou ben nun vehículo adaptado para iso que realizaba o traxecto entre Mauthausen e Gusen. A maioría dos presos morreu como consecuencia da súa explotación como man de obra, levada a cabo sen ningún escrúpulo e acompañada de malos tratos, así como unhas racións alimentarias insuficientes, unha vestimenta deficiente e a carencia de atención médica. En total perderon a vida polo menos 90.000 presos en Mauthausen, Gusen e os seus subcampos, preto da metade deles no últimos catro meses que precederon á liberación.
Enrique Doval con Joaquín Balboa en Mauthausen

No hay comentarios: