XXI XORNADAS PSIQUIATRIA, PSICANALISE E LITERATURA .
ASOCIACION GALEGA DE SAÚDE MENTAL- AEN (ASGM-AEN)
Sábado 28-maio-2016.
Pazo de Trasalba-Amoeiro-Ourense
XXI Xornadas de
Trasalba 2016 - GALICIA STYLE,
"GALICIA
STYLE"
Texto de presentación de la Xornada, tomado de la página web de la ASOCIACION GALEGA DE SAÚDE MENTAL- AEN (ASGM-AEN):
Máis información en http://www.agsm-aen.org/ xornadas.php?t=3
Inscricións en http://www.agsm-aen.org/ inscripcions.php
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
No ano 1991
celebráronse no Pazo de Trasalba as primeiras xornadas baixo o titulo xenérico de Psiquiatría,
Psicanálise e Literatura. O nome facía honra ao pulo por conservar e ampliar os
lazos que unen disciplinas que nunca terían que estar a separarse (por moito
que se empeñaran e se empeñen dende diferentes lugares e discursos).
Foi o bulebule do
inxenio do Lamas (e a súa arela) quen pariu a idea, acadando que a afectio
societatis fixera de pez para tecer a rede de Trasalba, dotada dun certo aire
clandestino e un acabado informal (aínda que coidado), rasgos definitorios de
toda a serie.
Cartel Xornadas año 1995. (de archivo redacción de Diario de un médico de guardia) |
Un tempo despois,
dedicáronse cada ano a un tema xenérico: a ausencia, as emerxencias, a
comunidade, o retorno, a marea negra do Prestige e a saúde mental, coa música a
outra parte, os nomes do mal… e así ata 21 títulos que compoñen unha pequena
cronoloxía intelectual do país e do oficio. Os contidos e as palabras foron
conformando uns encontros abertos, dialogantes e cheos dun bo facer que
espabilaba os maxíns dos asistentes quen, nun entusiasmo poucas veces visto, xa
comezaban a artellar o seguinte Trasalba.
Dende daquela, e
xa vai un cuarto de século (que se di pronto), fomos quen de mantelas con
continuidade 20 edicións. Por elas
desfilaron xentes das letras, das artes, da política, do cinema, da canción, do
xornalismo... de todos os recunchos de Galicia, ademais de profesionais do terreo deste oficio psy,
enredados coa tolemia e co asunto das paixóns, sufrimentos e outras historias
humanas.
Esa aposta aínda
continúa tras un pequeno paréntese duns anos de silencio, posiblemente
interpretable, e que coincide cun certo esparexemento e diásporas varias.
Este ano
celebramos de novo as XXI xornadas ás que todos estades invitados. O titulo
xenérico é Galicia Style con toda a retranca que ten escribir títulos deste
xeito.
Xurde dunha teima
sen resolver sobre a que vimos falando de xeito informal dende xa hai
tempo, ata que, por fin, a idea coagulou
en facer un encontro. (por certo, un mecanismo moi Trasalba style).
Trátase de poder
falar do que os termos Galicia e Estilo suscitan nos diferentes invitados, e a
partires do que nos conten, facer una conversa que sexa texto e pretexto. Abrir
preguntas, desenferruxar os miolos e atreverse a pensar sobre o que acontece ou
o que non; do que, se non o fai, debera; do porque si ou porque non.
Se identidade e
identificación non son o mesmo: ¿que rasgos nos configuran como pobo?, ¿é
Galicia sitio distinto como dicía Reixa? ¿que relacións mantemos co poder? ¿de
que maneira gozamos como pobo? ¿que relación temos co saber ? ¿e a relación coa
pulsión de morte?
Estas son
algunhas das cuestión polas que orientarse e abrir o debate.
Se o estilo supón
unha posición subxectiva, e á consistencia do mesmo a través do tempo lle
podemos chamar identidade, poderiamos aventurar un subtítulo ao redor da
cuestión do estilo: ¿que posición ética como pobo temos fronte o desexo, o amor
e o goce?
Sobre destas
cuestións e outras moitas posibles, falaran os nosos convidados, aportando o
seu saber e reflexións sobre o asunto, e o que lles suxire.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PROGRAMA
Mesa 1. 9:00h.
Presentación das xornadas
“Galegos en
Venezuela: 1950-1980. Adaptación e choque de percepcións”.
Moncho Campos (Profesor
de Historia da Universidade de Vigo).
“A nena e o infinito canto do tubérculo”.
Olga Novo (Poeta,
profesora IES).
“A fraseoloxía como
expresión de estilo”.
Francisco
Fernández Naval (Novelista e poeta).
“A-discreción”.
Antón Casais Lestón (Psiquiatra, psicanalista).
Descanso 11.30 h
a 12:00 h
Mesa 2. 12:00 h
“Fronteira interior: ¿ónde remata Galiza por
dentro de nós? Unha aproximación dende a práctica da poesía”.
Ana Cibeira. (Poeta).
“A
indiferencia coma feito diferencial galego”.
Xaime Subiela (Politólogo).
“A identidade galega como creba: unha proposta
estilística”.
Xosé Manuel
García. (Licenciado en Dereito).
“A paixón de
Concepción Arenal. ¿Un torrente ou abismo?”
María Antonia de
Miguel. (Psicanalista).
14:00h. Conversa de Clausura:
“Cambio de papeis na función social do médico.
Reflexións sobre unha peripecia”.
Profesor Manuel
Sánchez Salorio (Médico oftalmólogo, humanista),... presentado por Santiago Lamas.
+++++++++++++++++++++++++
No hay comentarios:
Publicar un comentario