Vista del AHPOU Ourense |
Desde el Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOU) nos anuncian la publicación de nuevos números del boletín FRONDA, en donde aportan información y novedades sobre las instituciones benéfico-asistenciales de Ourense, extraídas de los fondos que se conservan en el Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Hay textos sobre Junta Provincial de beneficencia, el Hospital de San Roque...
Felicitamos desde este blog a los responsables del Archivo y de la edición/publicación (Pablo Sánchez Ferro, Francisco Sandoval...) de los siempre interesantes boletines de FRONDA,
Libro Actas Junta Provincial de Beneficencia de Ourense, 1858. Imagen recortada y tomada de Fronda nº41 (AHPOU). |
Reproducimos debajo la comunicación que nos envían desde el AHPOU:
"Con este correo remitimos os números 41, 42 e 43 de Fronda. Os dous primeiros abren unha nova liña temática dedicada aos fondos das institucións benéfico-asistenciais que se conservan no Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu). O libro de actas do ano 1858 da Xunta Provincial de Beneficencia sérvenos para facer un primeiro achegamento aos mesmos, así como para repasar a evolución da asistencia social e sanitaria desde o prisma da caridade cristiá, pasando pola beneficencia pública ata chegar a actual concepción de dereito social universal.
No número 42, o Regulamento de 1851 do Hospital de San Roque de Ourense introdúcenos no funcionamento desta institución fundada no século XVI polo bispo Francisco Blanco. Trátase da entidade que mellor ilustra o discorrer da asistencia sociosanitaria en Ourense durante os últimos 450 anos, de xeito que o seu fondo documental se presenta como o máis importante por volume e interese informativo entre os fondos de institucións benéfico-asistenciais conservados no AHPOu.
Por último, no número 43, abórdase unha cuestión tan actual como a crise da débeda pública, aínda que referida á época dos Austrias. Un privilexio de xuro outorgado por Filipe IV (1605-1665) á cidade de Ourense en 1650 serve de exemplo do proceso de emisión masiva de débeda que realizou este monarca para facer fronte á etapa máis crítica da Monarquía Hispánica durante o século XVII.
Na páxina web do AHPOu tamén se poden descargar os números de Fronda publicados ate o de agora en língua galega e castelá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario