viernes, 4 de marzo de 2011

PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE, 15 marzo 2011 en Ourense

Cartel acto 15 marzo 2011SOS Sanidade Pública Ourense

PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE

CARTA DE CONVOCATORIA a ACTO 15 de marzo.
Ourense, 4 de Marzo do 2011.-
A situación da sanidade pública na provincia de Ourense ten estado, nas últimas semanas, de actualidade con motivo dos cambios e modificacións propostos pola Xerencia do Complexo Hospitalario de Ourense e pola Consellería de Sanidade que afectan aos Hospitais de Toén, Piñor e Complexo Hospitalario de Ourense.
Para a Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense estas propostas dos nosos xestores da sanidade non só veñen a non solucionar os graves problemas de infraestructuras que temos na provincia, a nivel hospitalario, senon que poden crear novas complicacións e agravar a situación existente.
Consideramos que non se está a abordar con seriedade e rigor o principal dos problemas que é a necesidade dunhas infrestructuras que dean unha acaída solución a falla de camas e doutras necesidades asistenciais que temos os cidadáns de Ourense en materia de sanidade. Así como no resto das provincias se inauguran Hospitais ou se poñen en marcha novos proxectos en Ourense levamos máis de dous anos coa reforma do Complexo Hospitalario paralizada e sen visualizarse que eso teña saída nos proximos anos. É aquí onde pensamos que está o centro do problema, na paralización das necesarias reformas e por eso cando hai problemas como acontece coa situación do Hospital de Toén ou de Piñor as solucións son parches e remendos que complican e empeoran a mala situación que xa temos.
Ante esta preocupante situación de paralise e agravios comparativos con outras provincias de Galicia a Plataforma temos redactado un manifesto que daremos a coñecer o martes día 15 de Marzo as 20 horas nos locais do Ateneo de Ourense ( na rúa Curros Enriquez) para que todas aquelas persoas, entidades, asociacións, grupos políticos e colectivos se podan sumar, sen exclusións, ao mesmo e ademáis se discutan e aportan medidas para solicitar para Ourense o que en xustiza lle corresponde.
Esperando contar coa súa presenza.

Un saúdo
PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE

No hay comentarios: