sábado, 5 de febrero de 2011

Hospital Psiquiátrico de Toén (Ourense): un comunicado de la Asociación Galega de Saúde Mental y algunas fotos

En el blog de la Asociación Galega de Saúde Mental (www.agsm.es ), "O blog do Siso", puede leerse un comunicado de la directiva de esta asociación autonómica de profesionales del campo de la atención a la salud mental. Dicha asociación con más de veinte años de existencia y de actividad en Galicia, tiene entre sus socios a profesionales de la medicina/psiquiatría, psicología, enfermería, trabajo social, terapeutas ocupacionales...y está hermanada con la AEN (Asociación Española de Neuropsiquiatría, www.aen.es ).

El Ministro Fraga, el psiquiatra Cabaleiro y el ¿presidente de la Diputación ?David Ferrer, visitando pabellons de Toén que nunca se llegaron a estrenar, 1976.
Pabellon antiguo de hombres, 2010. En la siguiente foto el pabellon original.
1958. Documento donación terrenos para construcción Sanatorio Psiquiátrico de Toén. 


Vista de pabellones de Toen y edificio de la Administración, años 60 (Arch. Carlos Pino)

En "O blog do Siso", van colgándose las diferentes noticias que han ido surgiendo en prensa a raiz del proyecto de cierre del Hospital Psiquiatrico de Toén. También puede leerse el comunicado que la Comisión de Centro del Complexo Hospitalario leyó a los medios de comunicación el día 31/1/2011, tras la visita al Hospital Psiquiátrico de la Comisión de Sanidad del Parlamento de Galicia, realizada un par de días antes.

Hospital Toén, febrero 2010.

TOÉN: MÁIS ALÓ DOS DISCURSOS MINIFUNDISTAS

Hai xa moitos anos que o modelo de atención ao enfermo mental deixou de ser o hospital psiquiátrico. O cambio cara o sistema actual produciuse pola coincidencia e o esforzo común dende distintos ámbitos.
Dun lado, as asociacións de familiares e doentes, que reclamaron (primeiro do estado, e máis tarde das comunidades autónomas) unha atención integrada nos servizos de saúde e que así os coidados dos pacientes mentais deixaran de estar aillados dos mesmos, e que esta atención se mantivese cuns dereitos, inversións e calidade semellantes aos brindados noutras especialidades sanitarias.
Tamén contribuíu ao cambio o posicionamento dos profesionais da saúde mental, convencidos de que outro modelo non só era posible senón necesario para poder atender nunhas mínimas condicións éticas e asistenciais aos pacientes. A propia disciplina foise dotando de coñecementos e saberes que demostraba a necesidade de deixar atrás o modelo dos hospitais psiquiátricos e deseñar un novo, con unidades de saúde mental, infanto-xuvenís, unidades de internamento que debían situarse nos hospitais xerais, hospitais de día, pisos protexidos e, en definitiva, toda unha serie de recursos que axudarían a rehabilitación dos doentes e a súa integración na comunidade.
Moitos hospitais psiquiátricos en Europa foron pechando ao tempo que se implementaba esta rede asistencial que melloraba as posibilidades de recuperación das persoas afectadas por unha enfermidade mental. Outros, persistiron no tempo, con pacientes internados que, por diferentes motivos non puideron ser externalizados. Debemos sinalar, que en moitas ocasións, a falla de inversión en recursos intermedios (hospitais de día, equipos de continuidade de coidados etc.), a non implementación de outras modalidades de vivenda (pisos protexidos, minirresidencias), foron as verdadeiras causas.
Asemade, algúns hospitais psiquiátricos, acolleron as chamadas unidades de rehabilitación, ao non dispoñerse pola administración doutros edificios para as mesmas. Estas unidades non teñen como finalidade proporcionar unha residencia ou un lugar onde vivir a pacientes senón que, traballando paseniño e incidindo non só nos síntomas ou nos fármacos, senón en terapias rehabilitadoras en áreas como a conciencia de enfermidade, as habilidades diarias, a comunicación, o ocio e tempo libre, a ocupación, a formación e o laboral, deron atención a algúns doentes nos que a consulta ambulatoria e os ingresos breves nas unidades de agudos, non eran suficientes para acadar a estabilización da súa doenza.
Estas unidades, cumpre sinalar de novo, foron implementadas nos antigos hospitais psiquiátricos, non porque esa fora a súa ubicación idónea, senón polas inercias, polas dificultades habituais á hora de construír novas instalacións e  pola disposición de espazo e persoal nos antigos hospitais psiquiátricos.
Na nosa comunidade autónoma, os hospitais psiquiátricos tiveron e teñen moi diversas circunstancias, tanto arquitectónicas, como de capacidade, como de situación respecto aos centros das cidades nas que se ubican, coma de deseño, coma de facilidade de acceso a outros recursos intermedios e rehabilitadores, coma de dotación de persoal e de servizos e ata hai ben pouco, coma na dependencia administrativa (lembremos a peculiaridade do Hospital de San Rafael en Lugo, dependente da Deputación Provincial e sen rematar o seu proceso de transferencia ao Servizo Galego de Saúde).
No caso do Hospital Psiquiátrico de Toén, as instalacións son moi deficientes, o deterioro é importante, está alonxado da cidade e pese aos diferentes plans de reforma ou de traslado a realidade é que segue a ser o lugar no que ingresan doentes con patoloxías que precisan de intervencións multidisciplinares, activas e por períodos máis prolongados de tempo.

Asociación Galega de Saúde Mental organización multiprofesional da que forman parte psiquiatras, psicólogos, persoal de enfermaría, terapeutas ocupacionais, traballadoras sociais e, en xeral, aqueles profesionais aricados á saúde mental en Galiza, quere, ao través da súa xunta directiva, sinalar a súa posición no debate sobre o traslado do Hospital Psiquiátrico de Toén.
Dende unha perspectiva asistencial é un lugar que non cumpre os requisitos mínimos para levar a cabo os procesos asistencias que se precisan neste tipo de doentes.
Dende unha perspectiva ética, incumpre a igualdade de trato da patoloxía mental fronte a outras patoloxías e a igualdade de recursos que debe existir entre os cidadáns das áreas sanitarias nas que está organizada a nosa comunidade autónoma.
Dende a perspectiva da Psiquiatría entendida como disciplina sanitaria e cun corpus de saber, o hospital psiquiátrico non é o modelo asistencial que proporciona as opcións terapéuticas axeitadas para a recuperación e estabilización dos doentes.
Dende a perspectiva da organización sanitaria, a rehabilitación psiquiátrica debe integrarse noutros recursos sanitarios adicados a rehabilitación médica, estimulando o traballo interdisciplinar e fomentando a saúde como algo integral.
Dende a perspectiva das características da área sanitaria de Ourense e da súa poboación de referencia, debe incidirse nas inversións sanitarias dirixidas ás patoloxías de longa duración, que requiren coidados rehabilitadores e que incidan en aspectos do enfermar tais como a prevención de recaídas ou a consecución da maior autonomía persoal posible.
Dende o punto de vista do estigma e da reinserción social dos doentes, debe procurarse a integración da atención á patoloxía mental nos recursos do sistema galego de saúde, evitando na medida do posible, hospitais aillados e monográficos.
Dende o punto de vista laboral, por suposto deben respectarse en calquer proceso de traslado os dereitos dos traballadores.
Dende un punto de vista lexislativo, o fin dos hospitais psiquiátricos coma modelo de asistencia aos enfermos mentais, recóllese no Informe Ministerial para la reforma psiquiátrica, punto 3.3. Tamén na Ley General de Sanidad 14/1986. E, asemade, na nosa comunidade autónoma, no Decreto de Saúde Mental 389/1994.

Dende a perspectiva dos organismos estatais (Plan de Salud Mental do SNS), internacionais (OMS, OPS) e dos comités de expertos, todos eles avalan o achegamento da Rehabilitación psicosocial ós núcleos urbáns como moito máis efectiva para acadar os obxectivos de reinserción e integración social, e desaconsellan a construción de novos hospitais psiquiátricos e propoñen o peche dos xa construidos.
E, finalmente, dende o punto de vista dos doentes e das familias, debe procurarse sempre a opción que permita acceder a un tratamento o mellor e máis digno posible.

Por último, dende a AGSM asistimos con preocupación a presenza no debate suscitado polo traslado do Hospital Psiquiátrico de Toén de argumentos que creramos desterrados para sempre na saúde mental e que reproducen tópicos, estereotipos e, en ocasións, prexuízos que xamais axudaron en nada aos doentes, as familias e ao sufrimento das enfermidades mentais e que, en moitos casos, teñen engadido dificultades a súa atención digna e axeitada.
A Coruña a 4 de Febreiro do 2.011

Pinel, liberando a los locos de La Salpetriere, en la época de la Revolución Francesa (Robert-Fleury, 1882)

6 comentarios:

Oscar Martínez Azumendi dijo...

Gracias David por informarnos.
Todos esperamos que el futuro siempre sea mejor.
Y ya sabes... si hay más fotos, "Imágenes de la psiquiatría" estará encantada de hacerse eco de las mismas y, porqué no, también de la noticia.

susana diaz dijo...

Grazas polas fotos, quedaría por facer unha history-story do complexo hospitalario de Ourense, xa sabes, coma cada un dos hospitais que o forman se crearon e foron confluíndo para axudar a comprender algunhas das friccións de hoxendía. E desculpa que empregue o espazo dos comentarios para facer peticións, pero unha, non se pode resistir.

David Simón-Lorda dijo...

O SANATORIO TOÉN
Manuel Rego Nieto
La Región, 05-02-2011
Leo en La Región que van pechar o Sanatorio Psiquiátrico 'Manuel Cabaleiro', no meu concello de Toén, máis pertiño da miña aldeia de San Pedro de Moreiras. Cando eu era un rapaz corrérase a voz polo pobo de que ían facer un sanatorio pra leprosos na Conchada -onde hoxe está o Psiquiátrico-. Ás xentes da miña aldeia non lle facía moita gracia. A lepra era algo esí como unha enfermedade pra estar lonxe dela. Mais ao pouco tempo as novas que chegaron por iste xornal decían que non sería sanatorio prós leprosos, senón pra os doentes da cachola. E a xentiña xa se tranquilizou.

Elí, na Conchada, fixeron o que se deu en chamar o Sanatorio de Toén, por estar ubicado no meu concello. E empregaron a xentes de Moreiras, o cal veulle moi ben ao pobo. O seu director, don Manuel Cabaleiro Goás, era unha belísima persoa, asemade un grande sabio na súa materia médica. Gozaba de grande prestixio, pola bondade e pola sabedoría. Era, foi, un home de ben. Eu tiven a sorte de o tratar como tantos ourensáns, inda que íl coido que era, se non me equivoco, das terras de Compostela. Si non o era que me corrixan. E ten un fillo, tamén bó rapaz -¡inda somos rapaces, verdade Manoliño!- e psiquiatra e galeguista onde os haxa.

Entereime semáns atrás que grande parte do material que elí había -camas e material médico- foi enviado pra unhas monxas no Camerún, en África, que vai ben empregado. ¿E agora, que van facer dos edificios que albergaron a tanto toliño ou enfermo psiquiátrico? Coido que non se debería deixar arruinar, pois cecais poda ter aplicación para outro tipo de actividades médicas ou do que sexa.

E remato coa lembranza do doctor Cabaleiro Goás que tanto ben fixo, pois como dixera Víctor Hugo: 'A alma ten ilusións, como o paxaro alas: iso é o que a sostén'. E don Manuel Cabaleiro era unha alma boa e xenerosa que, repito, fixo moito ben ao próximo.

David Simón-Lorda dijo...

http://www.ourensedixital.com/_novas/11/05/27_04.htm

En Toén no todo lo que no reluce es tan cutre como todo lo que ahora enseñan las autoridades sanitarias. Algunos trabajadores aseguran que Toén no relucirá como un jaspe, pero el mostrar las miserias del Complejo Hospitalario forma parte de un plan que hasta ahora fue siempre el contrario.

27 de MAYO de 2011: OURENSE DIXITAL
Cara cutre y cara menos mala. Toén, el Psiquiátrico, tiene dos caras, aseguran algunos trabajadores del veterano Centro Hospitalario.
Aseguran también que últimamente a las autoridades sanitarias les interesa mucho más poner en evidencia las carencias del Psiquiátrico, por eso enseñan su cara más cutre. Antes esas carencias y esa cara la escondían todo lo que podían.

Desde el complejo hospitalario se denuncia que los responsables del SERGAS han dejado empeorar, incluso, la ya de por sí mala situación de parte de las instalaciones del Psiquiátrico. Al que desde el mismo momento que se construyó le sobraron metros cuadrados y pabellones, que no llegaron nunca a abrir ni a prestar servicio alguno.
Incluso algunos de esos trabajadores de Piñor, que han hecho llegar a Ourense Dixital abundante documentación gráfica al respecto (más extensa de la que aquí se muestra), aseguran que en la última visita de la Comisión Parlamentaria y de los medios de comunicación “non se regatearon esforzos para que se vira a parte máis miserable deste Hospital”.

Por contra, aseguran que hay dependencias que “non están tan mal”. Y que, más allá de lo que los expertos en Psiquiatría digan en relación al caso, en Toén no todo lo que no reluce es tan cutre como todo lo que ahora se enseña.

David Simón-Lorda dijo...

Los comuneros de Toén deciden hoy el futuro del viejo psiquiátrico
LA REGION . OURENSE - 01-06-2013
Los comuneros de Moreiras y Trelle, en el Concello de Toén, se reúnen esta tarde para decidir si aceptan la cesión del antiguo Hospital Psiquiátrico a la entidad sin ánimo de lucro Aspanas Termal, para su reconversión en un centro de integración y reinserción de discapacitados. Su dictamen será decisivo para el futuro de este antiguo recinto asistencial, entregado hace más de medio siglo a Sanidade, departamento que en este momento mantiene los derechos de gestión, aunque son los comuneros los titulares reales del terreno sobre el que se construyó el psiquiátrico.

Responsables de Aspanas Termal ya entregaron y explicaron su proyecto para reabrir Toén a representantes de los comuneros, para que hoy informen a los asociados. Además, tiene ya consensuado con el Sergas una propuesta de acuerdo, que está precisamente en suspenso a la espera de la decisión de los propietarios del monte.

David Simón-Lorda dijo...

Los comuneros de Moreiras y Trelle no quieren que se modifique la condición médico-asistencial que impusieron hace más de 50 años cuando cedieron terrenos y monte de su propiedad a la administración sanitaria para construir, primero una leprosería, que no se llegó a instalar, y después un Hospital Psiquiátrico, el Cabaleiro Goás, en desuso desde enero de 2012.

http://www.laregion.es/noticia/256173/vecinos/vetan/psiquiatrico/aspanas/