domingo, 7 de noviembre de 2010

Entrevista y homenajes a Manuel Peña-Rey Bouzas: médico y político comunista ourensano

Interesante entrevista al médico ourensano Manuel Peña-Rey Bouzas en Xornal.com, con motivo de un homenaje que el Partido Comunista de Galicia realiza hoy en Santiago a un centenar de militantes históricos. El doctor Peña-Rey es en la actualidad presidente de honor del PCG y ha sido secretario general de dicha agrupación política. Ya en  en 1968 (a la edad de veintinueve años) era miembro del Comité Central del Partido Comunista de Galicia. Ha sido referente del Partido Comunista en Ourense desde esas fechas hasta día de hoy. 


Fue encarcelado, procesado por el Tribunal de Orden Público, multado y luego expulsado de su trabajo en el Hospital Provincial de la Diputación de Ourense entre 1970 y 1972 por el presidente de la Diputación de Ourense, David Ferrer. El Colegio de Médicos de Ourense lo homenajeó elegiéndolo Médico del Año 2006.

Homenaje al doctor Peña-Rey en el Colegio de Médicos de Ourense, 2006. A la derecha el presidente del Colegio el doctor José Luis Doval. (Noticia de La Voz de Galicia).


----------------------------

Manuel Peña-Rey: “En España seguen mandando os mesmos que gañaron a Guerra Civil”

“O apoio ao comunismo medrará nesta crise, que é o final do capitalismo”
Manuel Peña-Rey é un dos históricos do comunismo galego. Ex secretario xeral do PCG –e actual presidente de honra– será un dos cen homenaxeados hoxe en Santiago. Alí estarán tamén ex guerrilleiros ou militantes durante a Guerra Civil para recibir o aplauso dun partido ao que el leva afiliado dende hai 44 anos.
 Unha homenaxe máis que merecida.
Iso non hai nin que explicalo. En España, desde logo, non hai ningunha organización política ou sindical que teña unha historia tan longa e de tanto sacrificio como o Partido Comunista. Tivemos milleiros de militantes asasinados, torturados, encarcerados...
 Séntense esquecidos ou maltratados?
O comunismo é a única esperanza que hai hoxe e que había antes para un mundo mellor, pero loita contra un sistema capitalista que mata diariamente xente en todo o mundo con grandes beneficios e que, coa súa hexemonía cultural, ten o comunismo como grande inimigo. Con esta homenaxe daremos a coñecer xente da que só sabemos nós, pero que existe en todas as partes do mundo. Persoas destacadas que durante o século pasado foron a vangarda da humanidade, pero que se silencian, normalmente ata que morren. A pregunta é por que hai esa preocupación constante co PCE.
 E por que a hai? Por que se silencia?
Os medios poderosos son propiedade do capital internacional, que se preocupa de silenciarnos, aínda que hoxe hai moitas editoriais, xornais ou artes que si nos dan voz.
 Está en perigo o sistema capitalista?
Os medios de produción medran de tal maneira que poñen en perigo o futuro da humanidade, polo que agora xa non chega con aquilo de “socialismo ou barbarie”; a consigna é “socialismo ou nada”. Se non se cambia o sistema produtivo, a terra ten os días contados.
 Foi a Transición inxusta co PCE?
Na Transición, o PCE era o único partido que tiña forza, porque os outros case non existían. Fixo un esforzo para que o cambio fose pacífico, pero o resultado non é o que nós queriamos, xa que hoxe en día seguen mandando os mesmos que gañaron a guerra.
 EU asegura que a lei electoral impídelle ter máis forza.
Esa lei electoral foi deseñada para que nós non tivesemos forza. No momento no que tivemos un 14%, xa se preocuparon de demonizar a Julio Anguita.
 E que ocorre en Galicia?
En Galicia é aínda peor porque Fraga subiu ao 5% o tope para estar presente no Parlamento. O máis grave é que cando gobernou o bipartito pedímoslle que arranxasen este tema e non o fixeron, como tampouco rehabilitaron a moitos comunistas represaliados.
 Prexudícalles que exista un nacionalismo asentado e de esquerdas?
Poden opinarse moitas cousas e é certo que a UPG proclamábase comunista, pero en case toda a historia, o nacionalismo preocupouse moito de ocultar calquera tipo de matiz comunista. Nós non somos nacionalistas; defendemos Galicia pero somos internacionalistas porque loitamos pola igualdade de todos os países.
 Subirá o apoio ao comunismo neste contexto de grave crise económica?
Eu creo que si porque co sistema actual non hai saída. A crise actual é a crise definitiva do capitalismo, o final definitivo, aínda que non sabemos cantos anos durará esta decadencia e cantos efectos prexudiciais provocará. Isto debía facer recapacitar a xente, porque o capitalismo deseñou un sistema bipartidista onde todos fan o mesmo. As políticas de Zapatero son as mesmas que deseña o Banco Mundial ou o FMI. Non hai ningunha oposición a esa política, polo que o natural é que os que queren unha alternativa a este sistema nos votasen a nós.
 Que opinión lle merece o actual Goberno da Xunta de Galicia?
O que está facendo o Goberno da Xunta é para asustar, porque vai no camiño do de Valencia ou Madrid, sobre todo no aspecto que eu máis coñezo, que é o da sanidade. É un modelo de privatización que xa coñecemos, pero que non sabemos a onde pode chegar. Din que farán moitos centros de saúde, pero con financiamento privado e creando unha débeda para xeracións futuras e un peor funcionamento. Cando a sanidade non dea beneficios, os empresarios marcharán sen preocuparse da xente. Ademais, a súa política privatizadora chegará tamén a outros ámbitos e seguirán asustando, como fan co das pensións. Ameázannos con non cobrar as pensións para que metamos parte dos nosos ingresos nos bancos e sigamos alimentando o capitalismo.
 Define vostede un neoliberalismo moi agresivo...
O neoliberalismo é moi agresivo e ás veces recorre ás ditaduras, que son a outra cara do capitalismo.
[URL] http://www.xornal.com/artigo/2010/11/07/politica/manuel-pena-rey-espana-seguen-mandando-ganaron-guerra-civil/2010110623463401615.html

1 comentario:

David Simón-Lorda dijo...

http://www.elmundo.es/elmundo/2010/11/07/galicia/1289163352.html
Más de 42 años de lucha por el comunismo gallego
"No creo en Dios, pero sí creo que la providencia nos citó en este 7 de noviembre". El gran Xesús Alonso Montero agudizaba su ironía al día siguiente de la visita del Papa a Compostela para señalar la coincidencia del homenaje que el Partido Comunista de Galicia realizó a sus veteranos con el aniversario de dos fechas clave para la agrupación de la hoz y el martillo. Se cumplen 97 años de la Revolución de Octubre (en el calendario occidental es en noviembre) y es el 74º aniversario del Día de la Defensa de Madrid, cuando el Gobierno de la República decide huir a Valencia ante la llegada de Franco a la capital y la Junta de Defensa de Madrid toma el mando en la urbe.

El Auditorio de Galicia acogió un largo y sentido homenaje a la causa, en concreto al casi centenar de comunistas que militaban en la formación antes de 1968, año en el que la organización regional gallega del PCE muda su nombre por el de Partido Comunista de Galicia. Un homenaje que ha costado organizar "doce años", según se le escuchaba decir en bajo a Rubén Pérez, secretario de organización del PCG, cuando presenciaba la ansiada foto desde el fondo de la platea. Una docena de años por la que algunos ya se marcharon, lo que motivó la presencia de sus familiares en homenaje póstumo.

Así que tanto familiares como los militantes vivos recogieron la medalla conmemorativa que Isaac Díaz Pardo, por cierto hijo de fusilado durante la Guerra Civil, diseñó para la ocasión. Un pequeño detalle sobre el que pesan más de 42 años de historias en el silencio de la clandestinidad, en la lucha, en la cárcel.

Son historias de biografía porque, como destaca el Presidente de Honor y antiguo Secretario General del PCG, Manuel Peña-Rey, "hay personas que tienen 93 y 94 años". "Tenemos gente que estuvo luchando por la República, guerrilleros, represaliados, torturados, condenados a muerte..."

Claro que quienes más abundan son los que vivieron el "núcleo duro del Franquismo", como apunta Peña-Rey, médico, que debía conjugar la popularidad de su profesión y el secreto de sus ideas.
En el PCG se consideran un partido muy ligado a Galicia, a pesar de sus dificultades hoy, porque prácticamente todos militaron bajo la sombra del silencio en estas tierras. "Las únicas personas que estuvieron fuera de Galicia por ocupar cargos de responsabilidad en la Guerra fueron Santiago Álvarez y Enrique Líster"....