viernes, 5 de noviembre de 2010

CRÍTICAS de PSdeG y BNG a los PRESUPUESTOS 2011 XUNTA de GALICIA dedicados a SANIDAD para Ourense y Galicia





PSdeG: Ourense, 5 de novembro de 2010.
O PSdeG DENUNCIA QUE FEIJÓO PRESENTA OS PEORES ORZAMENTOS DA HISTORIA PARA  A NOSA SANIDADE  AO REBAIXALOS EN 21 MILLÓNS DE EUROS

Acuña afirma que “estos orzamentos supoñen un ataque frontal ao CHOU imposibilitando a execución do Plan Director e comprometendo o funcinamento dos hospitais comarcais de  Verín e o Barco coa súa área sanitaria”

Ourense, 5 de novembro de 2010.- A deputada pola provincia de Ourense María del Carmen Acuña denuncia que “Feijóo presenta os peores orzamentos da historia para  a nosa sanidade  ao rebaixalos en 21 millóns de euros, o que representa unha nova amenaza para a sanidade pública ourensá”.

“Estos orzamentos supoñen un ataque frontal ao CHOU imposibilitando a execución do Plan Director e comprometendo o funcinamento dos hospitais comarcais de  Verín e o Barco coa súa área sanitaria”, afirma.

Acuña considera que a Atención Primaria ourensá é a que sae peor parada, con case 14 millóns de euros menos na provincia coa poboación máis envellecida e máis dispersa.

Os socialistas denuncian que “Feijóo, a pesar do que di, o que realmente fai por segundo ano consecutivo é baixar os cartos destinados a sanidade chegando este ano a dedicar a sanidade un 5% menos”.

A deputada sinala que reducen os cartos  onde máis dano fan, como nos destinados ao persoal especialmente nos centros de saúde onde resultan máis imprescindibles. A esto hai que engadir que se reducen os cartos en material sanitario, próteses, laboratorio e raios, entre outros, que son tamén o máis necesario para que os hospitais podan funcionar con normalidade.

Apunta que no caso das infraestruturas non só retiran 60 millóns de euros senón que pretenden quedar a deber, privatizando os centros de saúde  novos con contratos para construílos 6 veces máis caros e tendo que pagalos despois durante 20 anos. “Precisamente é na provincia de Ourense onde plantexan comezar a facer centros de saúde por ese sistema privatizador, en O Vinteun, Ribadavia ou a Valenza; un sistema por certo xa fracasado en Madrid e Valencia”, matiza.

Acuña explica que para Ourense o peor é que deixan o CHOU sen cartos para continuar co Plan Director e se dedican 8 millóns de euros menos para o seu funcionamento e para persoal, polo que apunta que “non só non pode seguir coas obras de mellora senón que o ademais van funcionar peor por dispoñer de menos persoal e de menos medios”.

“Á situación do CHOU hai que sumar que Ourense sufriu o peche do Hospital de Piñor este verán por unas obras de melloras que non foron tal”, lembra a deputada, que engade que grazas á presión exercida polo Grupo Socialista e o persoal sanitario parece que hai a intención de remodelar a parte hosteleira do centro de Toén; como no caso da reapertura de Piñor a sanidade pública en Ourense se mantén grazas á presión da cidadanía e do noso Grupo.

Ademais salienta que os hospitais comarcais de Verín e o Barco van ser golpeados seriamente, pois disporán de menos cartos  para  implantes, para laboratorio e para raios, e agrega que “de novo xurde a preocupación polo futuro da área sanitaria de Valdeorras”.

“Como  pensa o goberno do PP dotar aos PACs de análisis e de radioloxía para que sexan máis resolutivos? En que pobos ou en que centros de saúde van quitar  médicos  ou enfermería, como xa fixeron por certo no Novoa Santos?”, pregunta Acuña dada a redución dos orzamentos de Primaria.

A deputada socialista afirma que “o goberno de Feijóo recorta cartos das diáleses dos ourensáns, das próteses, dos vehículos de minusválidos, nos deixan sen Plan Director do CHOU, privatizan os centros de saúde e  reducen os cartos para o persoal que os atende”.

Ante esta situación Acuña manifesta que “os socialistas de Ourense reclaman ao Sr. Feijóo, xa que a Sra. Núñez non quere protestarlle ao seu parente, os 21 millóns de euros que nos retiran porque resultan imprescindibles para que a nosa sanidade funcione  alomenos como a dos demais”, e pregunta “que hospital pretende pechar agora o PP para aforrar cartos, outra vez Piñor ou xa directamente o Chou? Porque polo de pronto está pechando o plan Director”.

Por último, a parlamentaria socialista apunta que “ao mesmo tempo Feijóo segue dicindo que non recorta os orzamentos para sanidade, claro que tamén dicía que el solucionaba a crise nos primeiros 45 días de mandato, e a realidade é que lideramos o paro en España e vamos á cola na recuperación”.         




Ana Luísa Bouza: “As contas de sanidade non dan resposta ás necesidades dos galegos e galegas"

A portavoz de sanidade de g.p do BNG, Ana Luísa Bouza acusou hoxe, en sede parlamentar, á titular de sanidade, Pilar Farjas de “ocultar e disfrazar as reducións nos orzamentos” e pediu a súa devolución porque non dan resposta ás necesidades dos galegos e galegas.
A deputada do BNG esixiu que a Conselleira explicara como vai mellorar o sistema sanitario galego se nos orzamentos do 2011 redúcense 183 millóns de euros e avaliou negativamente os recortes de 20 millóns de euros en salarios na atención primaria e 31 millóns menos para os salarios en atención especializada.

O plan de drogas non se reflicte nos orzamentos
Ana Luísa Bouza tamén criticou o abandono da Consellaría dos dispositivos do Plan de drogas e afirmou que “o seu optimismo” non é compartido nin polos concellos, nin asociacións nin profesionais porque cada un dos convenios é rebaixado nos orzamentos do 2011, a respecto dos do 2010, e se renunciou a integrar este plan no servizo galego de saúde.
A deputada do BNG tamén aludiu ao plan de saúde mental e afirmou que ,a día de hoxe, o único que sabemos desprendese das respostas ás preguntas parlamentarias formuladas nesta materia xa que, “ nos orzamentos non aparece ningunha partida especifica” ao respecto.
Ana Luísa Bouza, na súa intervención, reclamou que se melloren as listas de espera das primeiras consultas para que máis de 227.000 persoas que agardan pola primeira consulta de especialista sexa atendida.

Oposicións do Sergas, cuestionadas
A deputada do BNG rexeitou “o éxito” das ofertas públicas de emprego do Sergas e afirmou que a titular de sanidade “é moi optimista” tendo en conta o cuestionadas que están publicamente as oposicións ao SERGAS que mesmo chegaron a seren denunciadas ante o Valedor do Pobo.
Bouza tamén denunciou a utilización “propagandística” da Consellaría de Sanidade do pacto local impulsado polo anterior goberno para rescatar os centros de saúde de titularidade municipal.

Parálise dos centros de saúde
A parlamentaria nacionalista tamén se referiu ao recorte de 59 millóns de euros menos para investimentos, e denunciou que non se cumpriron as previsións de construción de novos centros de saúde polo sistema de colaboración pública e privada e a falta de compromisos para o 2011.
Reiterou o carácter “privatizador” da sanidade do sistema PFI co que se licitará previsiblemente o novo Hospital de Vigo e instou a Xunta de Galiza a rectificar.
Bouza concluíu a súa intervención asegurando que a Consellaría de Sanidade non aporta novas ideas, nin programas e seguen “as directrices marcadas por Mariano Rajoy que aposta por un modelo ao servizo das grandes empresas, precariza o emprego e leva á creba os servizos sanitarios públicos”.   


No hay comentarios: