El artículo del Dr. Vaamonde: O NOVO RUMBO DA SANIDADE GALEGA
O novo rumbo da sanidade galega
O goberno de progreso fixo globalmente unha boa xestión da sanidade galega. Por Pablo Vaamonde | A Coruña | 06/07/2010.
Foron catro anos de intenso traballo co obxectivo de afortalar o sistema público e de reducir a dimensión dos principais puntos negros: as excesivas demoras, as ineficiencias e os parasitismos. Puxéronse en marcha numerosos proxectos que agora empezan a ser percibidos pola cidadanía. Se cadra o máis salientable é a potenciación das tecnoloxías da información, onde se realizou un avance notable que nos sitúa na avangarda neste terreo. Pero non se soubo contar. Ninguén explicou de xeito adecuado o que se estaba a facer e cales eran os obxectivos. Faltou debuxar o que Lakoff chama o "marco conceptual" que permitise darlle coherencia á narración de tanto esforzo colectivo. A oposición fixo moito ruído durante a lexislatura e o goberno non soubo crear un relato propio que puxese en valor o seu traballo.
Despois de gañar as eleccións, o PP deseguida deseñou o seu escenario: "estamos en crise, non hai diñeiro". O presidente prometeu facer unha política de austeridade que non ía afectar á sanidade e á educación, piares básicos do Estado do benestar. Non cumpriu a súa promesa, e reduciu os orzamentos destes dous departamentos para o presente ano por primeira vez na historia da autonomía. A crise tamén serve de excusa para paralizar todos os proxectos en marcha (a renovación tecnolóxica, a mellora da atención primaria) e para baixarlle o salario aos traballadores da sanidade por enriba do proposto polo Goberno central.
Tamén paralizaron os proxectos construtivos que tiña en marcha o goberno anterior (Hospital de Vigo, centros de saúde da área sur), para ser substituídos de inmediato por outros nos que participan empresas privadas, e que van ser moito máis costosos para as arcas públicas. Todo parece indicar que, neste terreo, non se persigue a austeridade senón o beneficio particular a expensas dos orzamentos públicos. Así procederon hai anos os gobernantes de Madrid e de Valencia: hoxe atópanse coa sanidade pública ao borde da quebra.
A austeridade tampouco afecta ao afán propagandístico. A Consellería acaba de anunciar no BOE a contratación, por vía de urxencia, dunha campaña publicitaria sobre a modernización da sanidade pública en Galicia –impulsada e realizada polo goberno anterior-. Custo total: un millón de euros. A conselleira ten unha posta en escea moi definida: o integrismo relixioso e a beatería. Pero detrás desta representación agóchanse os principais vectores desta nova etapa política: o negocio e a propaganda.

2 comentarios:
La Xunta presenta la estrategia del Sergas con objetivos ya conocidos
Feijóo se comprometió una vez más a reducir el gasto en fármacos a pesar de que el Plan de Xenéricos de Farjas mantiene Galicia a la cola de España.
http://www.xornal.com/artigo/2010/07/07/sociedad/xunta-presenta-estrategia-sergas-objetivos-conocidos/2010070700075603998.html
Feijoo cuestiona la sostenibilidad del Sergas si no se cambia el modelo
Sanidade presenta la renovación del sistema público de salud, que prevé ahorrar 140 millones hasta el 2014 y salvar la sanidad gallega.
http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/07/07/0003_8596031.htm
Publicar un comentario