Unha nova web para informar do proceso privatizador da sanidade galega 'unicoepublico.com' xa funciona con normalidade. Calquera persoa pode autoeditar o material informativo da Plataforma pola sanidade pública.
- A Plataforma contra a privatización e polo Hospital Único de Pontevedra, composta por entidades representativas da Área Sanitaria pontevedresa, nace para reclamar a continuación dos plans de creación do Hospital Único de Pontevedra mediante a ampliación de Montecelo. Constituímos a Plataforma, que está aberta a novas incorporacións, as seguintes entidades e institucións públicas: Concellos Pontevedra, Poio, Marín, Caldas de Reis, Cotobade, Vilaboa, Bueu, O Grove, Vilagarcía, Illa de Arousa, Cuntis, Catoira e Moraña Partidos políticos BNG e PSOE Asociacións Asociación Galega en Defensa da Sanidade Pública Federacións de Asociacións de Veciños Castelao e Teucro Sindicatos CIG, UGT, CCOO, SAE e SATSE
- Comezou hoxe (01.03.2010) a funcionar con normalidade o novo espazo web www.unicoepublico.com, que será a versión virtual da Plataforma contra a privatización da sanidade e polo hospital único de Pontevedra. Nela irán aparecendo todas as novas que se produzan, o calendario de actos informativos e reinvindicativos, un blog no que se reflectirán as opinións de todas as persoas vencelladas á Plataforma, os distintos documentos editados e o material informativo relacionado coas actividades do grupo do que forman parte a maioría dos alcaldes da Área Sanitaria Norte, os sindicatos máis representativos, organizacións veciñais e políticas, ademáis da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública. Unha das partes máis significativas desta web é a plataforma de descargas, que recolle todo o material editado e que cada persoa interesada pode descargar en diferentes resolucións para imprimir, e utilizar tanto como fondos de pantalla, cartelería convencional, etc. Na web irán igualmente aparecendo os contidos novidosos das distintas intervencións nos actos públicos, así como o material utilizado neles, como presentacións en power-point ou informes elaborados que contribúan a entender o proceso privatizador da sanidade pública que está acometendo a Xunta de Galicia, seguindo os modelos valenciano e madrileño, e multiplicando exponencialmente os costos da sanidade pública.
No hay comentarios:
Publicar un comentario