Un amigo envía este artículo sobre Touriño. Nos recomienda su lectura encarecidamente y lo califica de artículo necesario y justo. Totalmente de acuerdo con sus apreciaciones. Lo reproducimos debajo. Enhorabuena al autor, Damián Villalaín, y gracias a nuestro informante.
NA MARCHA DE TOURIÑO
Damián Villalaín
A NOSA TERRA, do 18-24 DE MARZO DE 2010
"Houbo algunhas inexactitudes nas informacións sobre a renuncia parlamentaria de Emilio Pérez Touriño. A que máis me chamou a atención foi a que dicía queTouriño deixaba a política despois de 20 anos. O certo é que non son 20, senón máis de 40. Touriño nonse iniciou na política co
seu primeiro cargo oficial.Fíxoo na batalla estudantil contra o autoritarismo que deu lugar ao "68 compostelán", o primeiro capítulo do combate que a universidade galega libraría contra o franquismo. Pasaron tamén máis de 20 anos desde que Touriño empezou a compartir responsabilidades na dirección do aínda ilegal Partido Comunista de Galicia,ou desde que participou nas negociacións que levarían aos Pactos do Hostal e ao acordo interpartidario sobre o Estatuto.
Paréceme interesante lembrar isto porque o corrente é pensar que a política éunha profesión que empeza tan só cando un senta por vez primeira tras da mesa dun despacho enmoquetado. E con Touriño chegou á presidencia de Galicia un dos mellores representantes dunha xeración que
nunca entendeu así a cousa pública, precisamente porque foi unha xeración con conviccións, que loitou para que a cousa pública merecese realmente ese nome e deixase de estar secuestrada por aquela banda de pancistas sen escrúpulos que conformaba a clase política do franquismo.
Desde os episodios devanditos até tomar posesión como presidente, Touriño fixo outras tres cousas relevantes. A primeira foi impulsar decisivamente, desde sucesivos gobemos de Felipe González, as autovías que conectan a Galicia coa meseta A segunda foi renunciar a un futuro madrileño cómodo e seguro para regresar a Galicia a rearmar un PSdeG en bancarrota A operación foi moito máis que un cambio de líder. O labor de Touriño converteu unha organización que era agregado de agrupacións locais mal avidas nun partido unido, centrado en Galicia e disposto a dar a batalla polo poder autonómico. A terceira foi gañar esa batalla: aínda que só fose por conseguir desaloxar o único ex ministro de Franco politicamente activo, Touriño terá para sempre un lugar na historia de Galicia e no corazón de todos os demócratas.
Eu estou convencido de que o tempo engrandecerá a figura de Touriño como presidente de Galicia. Contra o que espallaron algúns dos meus amigos culturetas máis descontentadizos,Touriño encabezou un verdadeiro proxecto de modernización global, centrado nun cambio de modelo produtivo baseado na harmonización da creación de infraestruturas coa posta en valor dun territorio degradado, nunha revolución educativa ancorada no ámbito do público e na aposta pola investigación e a innovación tecnolóxica e empresarial. Xa sei que soa complicado e algo remoto nun país afeito a entender a política ao modo baltariano-louzanesco e no que a grande aspiración vital das maiorías está en atopar choio, a poder ser por enchufe, nalgunha institución pública; un país que ten medo de que aos seus fillos non lles colla na cabeza o castelán con tanto galego no ensino, un país pepero. Touriño, por suposto, non estará de acordo
con estas apreciacións algo acres e sardónicas, tal vez derrotistas. É unha das poucas cousas nas que eu, proclive ao escepticismo, disinto do expresidente: progresista indestrutible, Touriño segue crendo por riba de todo na sociedade galega, nas potencialidades de Galicia e na súa receptividade a un cambio que só poderá vir da man do socialismo galeguista e do nacionalismo democrático. Oxalá a razón sexa súa, como tantas outras veces" .•
No hay comentarios:
Publicar un comentario