lunes, 6 de abril de 2026

Presentación de «Diarios (1938 e 1945)» de Syra Alonso. Liceo de Ourense, 8 Abril 2026




O libro  "Diarios" de Syra Alonso e un testemuño impresionante sobre o sucedido ó seu home o artista Francisco Miguel, a persecución e asasinato, despois de seren partícipes da vida cultural da Coruña, París e México. 

No ano 2023 a ARMH recuperou o corpo de Francisco Miguel xunto cos dos outros asasinados: Juan Boedo Pardo, Andrés Pinilla Fraga e Pedro Pinilla Calvete.
As memorias Syra Alonso documentan o sucedida e o lastre que lle queda despois á familia. 
___________________________________________________________________

PRESENTACIÓNS DO LIBRO “Diarios” de SYRA ALONSO
MÉRCORES 8 DE ABRIL OURENSE
19,30 h Liceo de Ourense, Sala de tertulias
Rúa Lamas Carvajal 5, Ourense
Intervención do escritor Francisco Fernández Naval
Presentan o acto:
David Simón Lorda, Amigos da República
Carmen Rodeja, ARMH

Nova edición actualizada e ampliada con material inédito (textos e imaxes) e onde participan tres especialistas na autora: Carme Vidal, Anxos Sumai e, dende México, Conrado J. Arranz.
_____________________________________________________
VERÁN 2025.-
A voz de Syra Alonso (A Coruña, 1899-México, 1970) emerxe dende o silencio do exilio para contar unha das crónicas máis impactantes da Guerra Civil española. Estes Diarios (1935 e 1946) (Alvarellos Editora) que agora regresan en nova edición e con material inédito, relatan o terror vivido en Galicia e a loita desesperada de Syra por salvar ao seu marido, o pintor Francisco Miguel (A Coruña, 1897-Bértoa, Carballo, 1936),
durante as horas máis tristes da súa vida. Un documento imprescindible que mostra o horror do franquismo e a forza da resistencia persoal.
A presente edición dos Diarios de Syra Alonso actualiza e amplía, con diverso material inédito, o volume publicado no ano 2000 cando foran descubertos os manuscritos.
Conta coa participación de varias especialistas na autora: un estudo introdutorio
actualizado da ensaísta e xornalista Carme Vidal, a tradución ao galego a cargo de Anxos Sumai García, o epílogo asinado polo profesor e investigador mexicano Conrado J. Arranz Mínguez, que descobre a faceta creativa e de narradora de ficción de Syra Alonso, y aporta un conto descoñecido da autora, titulado “Tres homiños” ambientado na Galicia daqueles días terribles.
A actual edición aporta así mesmo 16 páxinas de fotografías e documentos inéditos ou moi pouco difundidos da autora e do pintor.

Syra Alonso é unha das máis extraordinarias cronistas da represión franquista. O 3 de agosto de 1936, o seu home, Francisco Miguel, era detido polos sublevados e, vinte e seis días despois, aparecía o seu corpo sen vida, xunto con outras tres persoas, todos cruelmente asasinados.
Os outros eran Juan Boedo Pardo, Andrés Pinilla Fraga e Pedro Pinilla Calvete. Serían enterrados en Bértoa, Carballo. Os seus restos non serían identificados ata setembro de 2023, cando foron exhumados pola ARMH. A partir daquel tráxico acontecemento, Syra iniciaría a escrita das súas memorias, uns Diarios que non verán a luz ata o ano 2000.



 

Francisco Miguel: 'Muíño de vento' (1930) © (Tomado de "Francisco Miguel, o vangardista "esquecido" co que cómpre "facer xustiza""https://praza.gal/cultura/francisco-miguel-o-vangardista-esquecido-co-que-compre-facer-xustiza )


No hay comentarios: