Mostrando entradas con la etiqueta general Caminero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta general Caminero. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de febrero de 2011

Dos republicanos en "Brumoso": el general Caminero y el doctor Manuel Fábrega Coello


O xeneral Caminero en http://abrumoso.blogspot.com/


Añadir leyenda
 Dous republicanos en "Brumoso": o xeneral Caminero e o doctor Manuel Fábrega Coello

Falouse do xeneral republicano Caminero, dos "carrilanos" da vía do ferrocarril Lubián-Ourense, de "Brumoso", de "Amigo Medo", de Lubián, do doctor republicano Manuel Fábrega Coello que foi fusilado no 36 por axudar ao general Caminero a pasar a Portugal... Este médico ourensano fusilado polos franquistas era o médico de Lubián-Zamora, mais tiña moitos contactos coa sua cidade natal, na cal o seu curmán Luis Fábrega Coello foi presidente da Deputación entre 1931 e 1933 cun goberno de maioría republicano-socialista.  De todo eso e de algunhas outras historias falouse hai poucos días no Colexio de Médicos de Ourense na presentación do libro "Médicos ourensanos represaliados na Guerra Civil e a posguerra" (2010)... Hoxe nun blog amigo, http://abrumoso.blogspot.com/, Xavier López Rodríguez, autor de la novela "Amigo Medo" aporta unha nova pista do xeneral Caminero grazas ás novas tecnoloxías..

A historia do paso de Caminero polas terras das Portelas (As Portillas, Sanabria Alta, Lubián, Hermisende... terras zamoranas galego-falantes) en xullo do 36 xa foi recollida en traballos de investigación sobre a represión franquista en Galicia e en Castela-León (por autores como Dionisio Pereira, Xulio Prada, Emilio Grandío, Pilar de la Granja...). pero a historia do xeneral Caminero que se conta en "Amigo Medo"  da para unha boa película. Lean "Amigo Medo" (Ed.A Nosa Terra, 2002) e visiten as terras de "Lubicán" e "Brumoso" que lindan coas terras das Frieiras (A Mezquita-A Gudiña en Ourense).


Paisaxe de Hermisende-Zamora
http://www.flickr.com/photos/34418105@N08/3580567119/sizes/m/in/photostream/


Territorio de "Brumoso", Hermisende-Zamora http://abrumoso.blogspot.com/