Mostrando entradas con la etiqueta MGSM. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MGSM. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de junio de 2016

POR UN PLAN DE PREVENCION DO SUICIDIO, XA!. (campaña Badaladas pola prevención do suicidio) XOVES 30 DE XUÑO AS 20:00. OURENSE: XARDINS PADRE FEIXÓO

POR UN PLAN DE PREVENCION DO SUICIDIO, XA!
XOVES 30 DE XUÑO AS 20:00O
OURENSE: XARDINS PADRE FEIXÓO
CONVOCAN: Movemento Galego de Saúde Mental e SOS-Sanidade Pública








O Movemento Galego de Saúde Mental xunto con SOS-Sanidade Pública convoca en diversos sitios de Galicia, para o dia 30 deste mes ás 8 da tarde,concentracións para que dende diferentes lugares e ó mesmo tempo soen badaladas pola prevención do suicidio.
A realidade do suicidio en Galicia é intolerable.
Pedímosche que estés atenta/o a esa información e que o 30 ás 8 da tarde acudas ás concentracións
Dende o pasado 3 de maio como unha das accións da campaña Badaladas pola prevención do suicidio, tódolos dias ás 8 da tarde na Praza de Praterías en Santiago se está a realizar un acto no que a través dunha simbólica badalada se lle recorda á sociedade que nese dia se ten producido outro suicidio en Galicia, e que outro dia mais continuamos sin plan de prevención ignorando os nosos gobernantes dese xeito as recomendacións da OMS.

PLAN GALEGO DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO, XA! 

En Galicia morre por suicidio unha persoa cada día. Esa realidade agravouse dende o comezo da crise alcanzando no ano 2014 o seu teito con 394 mortes por esta causa. As políticas desenvolvidas polo Goberno Central e a Xunta de Galicia fronte á crise desprotexeron a sectores sociais vulnerables incrementando o risco de suicidio na sociedade.
 Desas políticas cómpre destacar como especialmente importantes: a carencia de políticas activas de emprego e un elevadísimo paro prolongado, a redución da protección social, o deterioro da sanidade pública e en particular o debilitamento da Atención Primaria de Saúde, a tolerancia gubernamental coa banca e a súa agresividade respecto ó cobro dos préstamos hipotecarios coa conseguinte vaga de desafiuzamentos.
 Pero Galicia padeceu dende sempre elevadas taxas de suicidio. Sofre un grave problema de saúde pública tal como o define a Organización Mundial da Saúde (OMS). Só agora, cando este estado de cousas se ve agravado pola crise , nos decatamos de que convivimos impasibles cunha realidade intolerable.
 Realidade diante da cal os gobernos non só non fixeron nada senón que mesmo negaron as cifras das propias institucións oficiais, chegando no caso da Xunta e do partido gobernante en Galicia a rexeitar no Parlamento Galego nesta lexislatura (ata en tres ocasións) iniciativas realizadas pola oposición propoñendo elaborar o plan de prevención.
 As recomendación da OMS comezan por afirmar que o suicidio pode previrse eficazmente e rematan por presentar o obxectivo de reducir en cada país nun 10% para o ano 2020 o número de mortes por esta causa. Imperativamente chama ós Gobernos a liderar e a desenvolver Plans de Prevención do Suicidio.
 Sobre esta base, nós, o Movemento Galego da Saúde Mental, respostando a ese mandato e cumprindo co noso compromiso fundacional, iniciamos o pasado 3 de maio a campaña Badaladas pola prevención do suicidio, coa finalidade de sensibilizar á sociedade fronte a esta cuestión, e para reclamar o cumprimento das obrigas que os nosos gobernantes teñen coa protección da saúde e da vida da poboación.
 É así que esiximos que con urxencia se elabore ese plan, por unha comisión técnica capaz e crible, cun carácter multisectorial, articulado co necesario Plan Galego de Saúde Mental, e dotado suficientemente.
 É por todo iso que xunto con SOS-Galicia facemos convocatoria para o 30 de xuño en diferentes cidades e vilas de Galicia ás 8 da tarde, para que soen badaladas para recordar a toda a sociedade que unha persoa máis morreu por suicidio na nosa terra ese día, e que seguimos sen un plan de prevención. 


+++++++++++++++++++++++++++++++++++++


BADALADAS POLA PREVENCIÓN DE SUICIDIO


30 de xuño, ás 8 do serán


·         Ferrol: Praza de Armas

·         A Coruña: no Obelisco

·         Lugo: Praza Maior, diante do Concello

·         Santiago: Praza de Praterías

·         Riveria: Praza do Concello

·         Pontevedra:  na Peregrina

·         Cangas: Praza do Concello

·         Vigo: Praza da Constitución

·         Ourense: Xardíns Padre Feixóo
.

lunes, 25 de mayo de 2015

XUNTANZA ABERTA en OURENSE del Movemento Galego da Saúde Mental



CONVOCATORIA de XUNTANZA ABERTA en OURENSE del Movemento Galego da Saúde Mental

O Movemento Galego da Saúde Mental, cumplindo o compromiso expresado na sua declaración fundacional, está a impulsar a creación de grupos locaisca finalidade de afortalar a sua actividade, e de potenciar a participación de tódalas persoas e asociacións que o forman na defensa da atención á saúde mental para así millor respostar ás necesidades e problemas que se presentan en cada Área.
Con esta finalidade convocamos unha xuntanza aberta en Ourense.
Contido: presentación da actividade en curso e debate sobre necesidades na Área de Ourense, e propostas de organización e actuación
Día: 26 de maio
Hora: 17.30
Lugar: Parque de San Lázaro. Antiga casa sindical. Planta baixa.Salón de Actos.
Movemento Galego da Saúde Mental
O MGSM é un movemento cívico que pretende a protección da saúde mental da comunidade e a defensa da súa atención pública, ante o grave deterioro que está a sufrir e o dano que se está a causar nos dereitos das persoas. Está formado por máis de trescentos profesionais da saúde mental pública de Galicia, profesionais da Administración de Xustiza, cidadáns que comparten a súa Declaración, organizacións sindicais (CIG Saúde, Federación de Sanidade de CCOO) , Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, organizacións de familiares e usuarios dos servizos de saúde mental (Fonte da Virxe, A Creba, ASDAN, Xaruma, ONG-Solidarios Anónimos, Dédalo, Albores), Xuíces pola Democracia, Unión Progresista de Fiscais, Asociación Galega de Médicos Forenses, Asociación de profesionais de drogodependencias e outras condutas aditivas, Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, Asociación Nacional de Enfermería en Saúde Mental, Mesa Galega da Psicoloxía Clínica, Asociación Galega de Psicólogos Internos Residentes, Asociación de Psicólogos Clínicos do SERGAS, Equipo Boa Vida.