Mostrando entradas con la etiqueta Galaxia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galaxia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de mayo de 2012

Fisterras atlánticas (libro de Santiago Lamas)


http://www.editorialgalaxia.es/imxd/noticias/imx/1337670574montaxe_fisterras.jpg


Nuevo libro del ensayista y psiquiatra ourensano Santiago Lamas.
(información y fotos tomadas de www.editorialgalaxia.es)


Fisterras atlánticas
Un mangado de textos arredor da xénese e formación da idea de nación e das concepcións diferentes da identidade social

A elaboración identitaria, tanto desde o punto de vista do simbólico coma desde a vertente do factual, é esmiuzada con xeito e atinada diagnose por Santiago Lamas nunha sucesión de cinco ensaios que constitúen a cerna do libro. Tamén sobre a identidade, mais vista desde a súa "patoloxía", no caso do Don Xoán, e a partir da súa sintomatoloxía, no caso da invención da paisaxe e no da novela policial, tratan as outras "lecturas" -nos dous sensos: interpretacións e leccións- que achegan lectores e lectoras ao proceso de pensamento, ao seu desenvolvemento ou busca curiosa e interesada na cultura como realidade asemade simbólica e actuante.



---------------------------------------------------------------------------------------------------
23-05-2012

Entrevista con Santiago Lamas 

Un dos ensaístas máis activos e orixinais, que vén de publicar Fisterras atlánticas, libro que leva como subtítulo 'Lecturas dende o cabo do mundo'

Precisamente desa combinación intelixente e interesante de ideas que suxire o cualificativo "atlántico" e a da ollada desde un lugar concreto, que no caso do autor é a Galicia borrosa dun dos seus libros anteriores, fálase nesta entrevista.
P- O seu libro leva como subtítulo a frase "Lecturas dende o cabo do mundo" e, por outra banda, vostede é psiquiatra, ¿podería explicar a súa idea de "lectura" e se ten relación coa diagnose como "arte de descubrir e interpretar os signos"?

R- Xa non son psiquiatra; fun psiquiatra e non teño morriña ningunha do oficio e penso, como o meu colega Antonio Lobo Antunes, que a psiquiatría é de pouca axuda para comprender a natureza humana que é o que hoxe me interesa. Antunes cita a outro colega, Sampaio, que di que os psiquiatras son "luxos tristes". Estou de acordo. Sempre me pareceu que a frase de Barthes, a literatura contén todos o saberes aínda que de forma non científica, era moi acertada e revela como a literatura, (e a xenética, epixenética ou a neurobioloxía) axuda mellor que a psiquiatría, a entender a natureza humana aínda que sexa de xeito non formalizado..

Eu, o que son, máis que calquera outra cousa, é un lector, o que pasa é que teño a impresión cando vexo as bibliografías, que moito do que eu leo, falo de Galicia e do galego, non é o que len os demais e como penso que poden ser lecturas de certo interese para o que pasa no país, procuro transmitilas aínda que moitas veces teña que meterme en asuntos dos que sei pouco, pero iso é algo, coido eu, que se pode permitir nun ensaio. Se estes ensaios-lecturas teñen algo de interese, a pesar das súas máis que probables eivas e erros, xa virán os especialistas, a poñer orde, matizar e corrixir.
No que se refire á cousa semiolóxica e a "lectura" e a diagnose, sen dúbida algo ten que ver co meu antigo oficio. É cousa vella pero creo que, tal como hoxe pensamos estes asuntos, vén dos tempos de Rokitanski, un médico vienés que a mediados do XIX tomou a decisión de autopsiar a todos os pacientes falecidos hospital de Viena. Os médicos que facían os diagnósticos e recollían os signos e síntomas tiñan logo que comprobar nas autopsias a veracidade do que diagnosticaban na clínica. A semioloxía tivo así algo sólido no que fundamentarse. Ese foi o motivo polo que a Escola Vienesa de Medicina se fixo famosa en todo o mundo pois podía alicerzar de maneira precisa a correlación entre os síntomas e os datos da autopsia. Freud e Arthur Schnitzler, os dous médicos, foron discípulos de Rokintanski e con el descubriron que baixo as aparencias clínicas había unha verdade agachada. O que é certo, é que todos os pacientes, pero de xeito fundamental os psiquiátricos, traen ás consultas narrativas de medo, de persecución, de grandeza, de celos, ou como no caso da histeria, síntomas que son expresión doutra cousa, así que hai que "ler" esas narrativas, recoñecer cal é o verdadeiro "argumento" delas e facer con esas narrativas algo semellante a unha crítica literaria ou mesmo reescribilas dándolle outro final máis axeitado, que faga sufrir menos ao "narrador" paciente que as creou. Pero cómpre non esquecer que non todo son narrativas e aí está Rokintanski para nolo facer lembrar.

P- A situación "atlántica", á que vostede lle dedica unha parte importante dos ensaios do libro, e a perspectiva implícita na frase "dende o cabo do mundo", ¿inflúen no xeito de ler e escribir? ¿Como se poderían describir os efectos desa influenza?

R- Non sei se aínda hai fisterras ou cabos do mundo nos tempos da internet. Eu acabo de falar co meu fillo que vive en Lisinga, Mozambique, a 2000 quilómetros de Maputo, no interior, e está moi ben informado do que pasa en Europa, España e Ourense pois aínda que vive nunha pequena aldea teñen teléfono móbil e internet, cando vai, claro que non sempre é o caso. É, penso eu, unha especie de herdanza de tempos antigos, de cando éramos de certo unha fisterra, que deixou pousos nos modos de ser e de sentir. Nese sentido fomos o cabo do mundo para os mediterráneos pero polo que se vai sabendo, nunca estivemos illados aínda que as nosas viaxes seguiran os meridianos. O que non tivemos ata hai pouco, uns séculos máis ou menos, foi un Oeste coñecido pero o norte e o sur coñecíamolo bastante ben. Ollamos para o que Otero Pedrayo chamaba o mar e o vento céltico. Agora, se falamos de viaxes con presenza física, segue vixente o que dicía Risco: a Galicia, vaise de pé feito, non se pasa por ela. Non temos moitas fronteiras como Austria, ou Suíza ou Francia.

P- Outros ensaios do libro dedícaos vostede ao Don Xoán e mais á novela policial galega; ambos e dous, ¿poderían ser lidos ou interpretados como síntomas e, nese caso, cal é a interpretación ou lectura que vostede fai deles?

R- A novela policial de enigma foi como en boa medida cousa de médicos coma Conan Doyle, que se inspirou, como é sabido, nun medico para o seu Holmes, quen tiña ademais como axudante, menos espelido, iso si, outro médico, Watson. Os facedores de perfís que se ocupan dos asasinos en serie tamén son (ou eran) médicos. A novela negra e xa outra cousa, máis de "sociólogos" que de médicos, pero nun mundo con poucos referentes sólidos, imprevisible e aberto, a novela policial, ademais do seu interese literario e de que con ela se pode contar calquera cousa, achega un roteiro para enfrontar posibles situacións perigosas, como se estivesemos nun simulador de voo onde nos preparamos para anticiparnos a posibles situacións de risco, sen riscos. Pode ser un síntoma no sentido de que cando a sociedade é incerta inzan estes relatos policiais "negros", non os de enigma, que, paréceme a min, son máis acaídos coas sociedades estables. O Don Xoán interesoume pola máis que probable orixe galega do mito e polos parvos e noxentos sucedáneos que ateigan hoxe as revistas rosas e marelas e os programas de telelixo. Dicía Antón Risco que cada época ten os seus donxoáns. Os de hoxe, dan noxo. Nin sequera saben ser malvados e funcionar como referentes sociais negativos.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Médicos y profesores del Instituto en Ourense (I): Agustín Moreno Rodríguez

Hemos consultado el interesante libro de Enrique Bande "Institucións docentes e grandes mestres en Ourense, 1846-2005" (2010, Editorial Galaxia)  buscando nuevos datos sobre médicos que también fueron profesores en el Instituto de Ourense.
Sabíamos ya algunas cosas de Joaquín Gaite Núñez (1880), el primero de la saga de los Gaite en el Instituto (y del que otro día hablaremos), pero estábamos más interesados en ampliar la información sobre otro médico, Agustín Moreno Rodríguez, del cual ya hablamos en este blog al tratar sobre la gripe de 1918 en Ourense.
El profesor Bande en su libro aporta las fechas en las que Agustín Moreno ejerció como profesor -Catedrático de Historia Natural, fisiología e Higiene entre 1914 y 1919- y también un período como director de dicho Instituto ourensano. En la primavera de 1919 marcha a Ávila mediante un concurso de traslados.

http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0010340080
Desde Diario de un médico de guardia queremos hoy apuntar algunos datos biográficos y links vinculados a  este médico y Catedrático de Instituto en Ourense entre 1914-1919:

AGUSTIN MORENO RODRÍGUEZ
(Segovia, 1886-1967). Cursó bachillerato en el Instituto de Segovia antes de doctorarse con sobresaliente en Medicina y Ciencias Naturales. Fue Becario del Museo de Ciencias Naturales, donde aprovechó para defender su tesis doctoral: "Contribución al estudio de los estigmas de los insectos", calificada con sobresaliente. Ganó unas oposiciones a Cátedra en Galicia (en Ourense desde 1914). 


Claustro Profesores del Instituto de Segovia 1924, Agustin Moreno 4º sentado desde la derecha en segunda fila. Tomado de
Según alguna reseña biográfia en Internet, durante su estancia en Galicia -suponemos que en Ourense- contribuyó en la creación de un Ateneo-obrero para la extensión cultural. En 1917 edita el libro  "Tratado Elemental de Higiene” (Segovia, Imprenta San Martín). Fue también concejal en la corporacion municipal en Ourense. No queremos dejar pasar la oportunidad para destacar la participación  en octubre de 1918, en plena crisis de la gripe, del doctor Agustín Moreno Rodríguez. A su vez de su libro "Tratado Elemental de Higiene" se extrajeron algunos textos para divulgación en la prensa local (La Región) en esas fechas de la epidemia gripal.
Tras una estancia en Ávila regresa asu ciudad natal en Segovia donde se incorporó al Instituto y publicó una serie de artículos donde exponía cómo es posible la mejora de los individuos y de España desde la integración cultural. En el Instituto en Segovia tuvo como compañero del claustro de profesores a Antonio Machado.
 Formó parte del grupo fundador de la Universidad Popular y del Casino de la Unión entre otras asociaciones de la capital segoviana. Fue expedientado y depurado en la Guerra Civil. Como médico, fue nombrado Director del Laboratorio Municipal e Inspector Municipal de Sanidad. Más tarde se trasladó a Madrid donde redactó su estudio "Los médicos segovianos". En 1959 se le nombró Profesor de Mérito de la Universidad Popular y en 1965 escribió una biografía de Andrés Laguna. El médico Andrés Laguna (Segovia, 1499-Gaudalajara, 1559) fue un médico humanista español, especialmente dedicado a la farmacología y a la botánica  médica.
Agustín Moreno fue alumno/discípulo de Luis Simarro (hay un trabajo de Bandrés y Llavona a punto de publicarse explorando este aspecto de la vida del Dr. Moreno).


Una investigación (1897). Cuadro de Sorolla, en el que se ve a Simarro en el laboratorio, con sus discípulos.
El doctor Luis Simarro (1851-1921), fue el primer catedrático de Psicología Experimental en la Universidad de Madrid, además de un importante neurocientífico y neurohistólogo. También fueron discípulos de Simarro otros profesores del Instituto de Ourense, ambos de ideología y militancia socialista: Julián Besteiro y Verdes Montenegro. De Besteiro sí que habla Bande en su libro, pero apenas sí cita a Jose Verdes Montenegro. Verdes Montenegro  (Madrid, 1865-1939) estuvo destinado en Ourense entre 1895-1897 como Catedrático de Psicología del Instituto. Tuvo gran importancia a su vez en la labor de implantación del Partido Socialista y las sociedades de resistencia obrera ourensanas. Integrado en el neokrausismo, era de los discípulos más relevantes de Luis Simarro. Fue Catedrático de filosofía en Alicante y Madrid en donde también contribuyó al fortalecimiento del socialismo en dichas provincias. Es considerado por muchos autores como uno de los intelectuales del Partido Socialista.