lunes, 17 de febrero de 2025

“ADOLFO RODRÍGUEZ ANSIAS (1908-1982), mestre republicano: 29 anos oculto baixo a lousa do franquismo”


 Presentación do libro:

“ADOLFO RODRÍGUEZ ANSIAS (1908-1982), mestre republicano: 29 anos oculto baixo a lousa do franquismo”
Organizan: Amigos da República e Xoán C. Chillón Iglesias (Autor do libro).
Colabora: Liceo de Ourense.
Lugar: Liceo de Ourense
Data da presentación: Mércores, 19 de febrero de 2025 (19:30).
Interveñen:
· Xoán C. Chillón Iglesias (Autor do libro)
· Maite Ansias Bacelar (familiar de Adolfo Rodríguez Ansias)
· David Simón Lorda (Amigos da República)
· Xosé Manuel Cid Fernández (Profesor titular de Universidad. Área de Teoría e Historia de la Educación. Universidade de Vigo. Campus de Ourense)

https://www.facebook.com/Amigasdarepublica


++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
Resumen/sinopse do libro:
ADOLFO RODRÍGUEZ ANSIAS (Belém-Brasil, 1908- Ourense, 1982), de família ascendente de San Cibrao das Viñas, mestre republicano e mestre da vida, membro da A.T.E.O. (Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense) foi con Manuel Luis Acuña, Luís Soto, Albino Nuñez e tantos outros compañeiros e compañeiras, participando dunha xuntanza de grande nivel intelectual e humano, unha xeración inesquecible do maxisterio ourensán.
De ideoloxía radical-socialista, máis tarde socialista da tendencia de Largo Caballero, e defensor das liñas pedagóxicas da Institución Libre de Ensinanza, Adolfo exercía de mestre na escola de nenos de Bóveda (Amoeiro) cando se producíu o levantamento militar de 1936.
Non se conseguíu o soñado. As ilusións foron truncadas. A rebelión franquista provocou a represión directa con asasinatos, “paseos”, amparados nalgúns casos en farsas de xuízos sumarísimos, e a política mediática do “terror”. Todo estivo xustificado para o bando sublevado, actuando con violencia para eliminar o legalmente establecido, co obxectivo de acadar un proxecto político de ideoloxía fascista.
Neste ambiente de medo e terror van transcorrer case tres décadas da súa vida: 29 anos oculto baixo a lousa do franquismo.
O autor - Xoán C. Chillón Iglesias (Ourense, 1955) e as súas motivaciones pra escribir o libro:
“Coñecín a Adolfo naquela praza. A Praza de San Cosme e a súa contorna foron os espazos máis identificativos dos meus primeiros anos de vida naquelas décadas ourensás dos 50 e 60 do pasado século. Naquel espazo de convivencia comezou o meu afecto e recoñecemento por Adolfo, simpatía e respecto, conversa exemplo de ponderación e sabedoría, así como de perseverancia e afán de superación das secuelas daquel derrame e parálise lateral que lle acompañaba, posterior fractura de cadeira, con aqueles paseos co bastón, a vontade dos exercicios de motricidade cunha bola na man e brazo afectados.
O meu destino profesional, despois vital, familiar, matria de adopción, en Coiro, Cangas, O Morrazo, volveu a evocar todo o acontecido a Adolfo durante case tres décadas. Dos arredor de 100 mestres asasinados en Galiza nos anos 1936-37, figuran os dous mestres que daquelas impartían ensinanza na parroquia de Coiro. Víctor Sánchez Mártil (Escola do Pósito) e Vicente Sáez Ruíz (Escola de Nenos) eran fusilados respectivamente o 24 setembro e 4 decembro daquel outono fatídico de 1936, dúas estampas máis da “Galiza mártir” de Castelao.
Este vínculo, as dúas miñas matrias de nacemento e adopción, xiraba arredor da escola como instrumento transformador da sociedade, de ilusión e represión” ( Chillón, 2025).





jueves, 13 de febrero de 2025

X Ciclo de Cine y Medicina (organizado por el Colegio de Médicos de Ourense y el Cineclube Padre Feijoo )

https://www.cmourense.org/es/noticia/x-edicion-ciclo-de-cine-y-medicina

 El Colegio deMédicos de Ourense acaba de iniciar la X Edición del Ciclo de Cine y Medicina, en colaboración con el Cineclube Padre Feijoo. https://www.cmourense.org/es/noticia/x-edicion-ciclo-de-cine-y-medicina

Felicitaciones a ambas instituciones por facilitar este ciclo, que -como dicen desde la web del Colegio de Médicos- " ha sido un punto de encuentro entre la sociedad ourensana, colectivos y asociaciones, aficionados al cine, médicos y profesionales sanitarios".

Programación 2025

Proyectan seis películas entre febrero y mayo y octubre y noviembre, siempre los martes a las 19:30 horas en la Sala de Cultura de la calle Concejo 11.

Temas a tratar

  • Epidemias en la historia
  • El suicidio
  • Enfermedades neurodegenerativas y el papel de los cuidadores
  • Fraudes en terapias médicas
  • Manipulación genética
  • La locura

Actividades especiales por el X Ciclo

Marzo: Charla "El cine en la formación de los profesionales sanitarios" con el Dr. Benjamín Herreros, de la Universidad Complutense de Madrid.

Otoño: Visita de los editores de la Revista Medicina y Cine de la Universidad de Salamanca.

++++++++++++++++++++++++

Cineclube Padre Feijoo  https://cineclubepf.blogspot.com/