miércoles, 10 de mayo de 2023

ARTE E LOUCURA. ESCOITAR COS OLLOS (exposición en Ourense, xuño 2023)

 ARTE E LOUCURA. ESCOITAR COS OLLOS 

(exposición en Ourense, xuño 2023)


Esta exposición rende homenaxe ao traballo realizado no hospital psiquiátrico de Toén  (Ourense) e de Piñor ( Ourense) cos enfermos psiquiátricos e recolle traballos elaborados polos propios doentes.

INAUGURACIÓN
CENTRO CULTURAL "MARCOS VALCÁRCEL", DEPUTACIÓN DE OURENSE
12 de maio de 2023 , 18:00


++++++++++++++++++++++++++++++++
Otras entradas del Blog relacionadas con este tema:

3 comentarios:

David Simón-Lorda dijo...

Los pacientes de Psiquiatría del Hospital de Piñor exhiben su obra terapéutica
https://www.laregion.es/articulo/ourense/pacientes-psiquiatria-hospital-pinor-exhiben-obra-terapeutica/202305122306401219185.html

David Simón-Lorda dijo...

O Centro Cultural Marcos Valcarcel (Rúa Progreso 30) acollerá ata o 25 de xuño unha exposición que non te podes perder: “Escoitar cos ollos. Arte e Loucura” unha colección de arte única en Galicia, e unha das poucas a nivel nacional que recolle os traballos realizados polos pacientes co fin de aliviar o seu sufrimento psíquico. No Hospital Psiquiátrico de Toén desde os anos 60 ata o 2012 e desde entón en Piñor, onde na actualidade se custodian e conservan estes fondos de alto valor histórico, clínico e cultural.
A colección esta viva e continúa crecendo desde o peche de Toén e seu traslado ao hospital Piñor, onde xurde “Arte Espida”. Un proyecto clínico terapeútico coa arte como ferramenta e un doble obxectivo: rescatar e dar voz á memoria dos pacientes, silente na inxente obra artistica espallada polo antigo hospital, que no traslado se recolleu e comezou a inventariar, e doutro crear un espazo de libre para a creación, no que tamén participan artistas que desexan compartir os seus coñecementos e aprender dos pacientes, e no que se dignifica a arte emerxente, libre de ataduras e estigmas.
A exposición rende homenaxe aos seus protagonistas, facendo un percorrido sensorial polo hospital de Toén nos meses previos ao seu traslado, con obxectos, lembranzas, achados e pequenas pinceladas, por medio de vídeos e imaxes de Adriana Leira, que retratan aquel espazo desolador na decadencia dun proxecto de vangarda, e dos vertixinosos días que precederon ao seu peche.

Celia Fernández dijo...

Me parece algo muy interesante, nunca he visto una exposición similar. Espero poder visitarla cuando vaya por Ourense. Gracias