Portada del libro "Ourense termal" (2001), de Luis Rodríguez Míguez ( Ed. Deputación de Ourense). |
Acto de concesión de la Medalla de ouro da provincia de Ourense, a título póstumo, al Dr. Luis Rodríguez Míguez, 13 junio 2019 .(tomado de páxina Web Deputación Ourense) |
Medalla de ouro da provincia de Ourense, a título póstumo, para o doutor Luis Rodríguez Míguez, "pai" do termalismo contemporáneo.
A Deputación de Ourense outorgou hoxe a medalla de ouro da provincia, a título póstumo, a Luis Rodríguez Míguez, doutor en Medicina e Cirurxía, e un dos grandes especialistas en termalismo, falecido en 2016. No acto, celebrado no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a súa viúva, Mariluz Villar e a súa filla, Alejandra, recibiron de mans do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, a máxima distinción que concede a institución provincial, destacando Baltar "as importantes achegas do doutor Míguez na investigación e promoción termal e sobre as augas mineiro medicinais e o seu uso clínico".
A laudatio sobre a figura de Luis Rodríguez Míguez estivo a cargo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e do profesor da Universidade de Santiago, Juan Gestal, quen cualificou a Rodríguez Míguez como "a persoa que máis fixo polo termalismo en Galicia nos últimos trinta anos, servindo a Ourense ben e con largueza".
Luis Rodríguez Míguez, médico, profesor universitario e escritor, naceu en Santiago de Compostela en 1932 e faleceu en Ourense en febreiro de 2016, logo dunha prolífica traxectoria profesional nos ámbitos da saúde e do termalismo. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago, foi membro do Consello Termal Ourensán. Traballou como profesor nas universidades de Santiago e Vigo. Foi director do Centro de Sanidade Ambiental de Santiago, xefe provincial de Sanidade de Ourense, director de Saúde da Delegación Territorial de Ourense e director xeral de Saúde Pública, ademais de profesor no Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense.
Foi presidente da Academia Médico Quirúrgica de Ourense no período de 1984 a 1987. Foi Académico da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia dende 1999.
-https://www.laregion.es/articulo/ourense/luis-rodriguez-miguez-fue-luchador-termalismo/20190608073411876347.html
http://www.tribunatermal.com/perfil-miguez.pdf´
No hay comentarios:
Publicar un comentario