jueves, 4 de febrero de 2021

Espartaco, periódico antiguerrero y antifascista (Ourense, 1935-1936) ( En recuerdo a Marcos Valcárcel)


Cabecera de periódico "ESPARTACO: periódico antifascista" . Ourense, 4 de abril de 1936. (Archivo particular de Diario de un medico de guardia,  foto facilitada por Pastor Fábrega hace unos años).

Traemos al blog a dos figuras ourensanas singulares y únicas: a Marcos Valcárcel y al periódico ESPARTACO (1935-1936)....unidas ambas en un artículo interesantísimo para un mejor conocimiento de la  Historia de la política ourensana en los años de la Segunda República... Es un artículo que Marcos Valcárcel publicó en El Correo Gallego hace 15 años, y que reproducimos en el blog.
+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

Espartaco e os trotskistas

MARCOS VALCÁRCEL
(AS UVAS NA SOLAINA), El Correo Gallego, Domingo 15.01.2006.
Un dos aspectos menos coñecidos da historia da Segunda República en Ourense é a existencia dun reducido grupo de militantes trotskistas que difundiron en Ourense as teses antiestalinistas e potenciaron organización como a Juventud Estudiantil Antifascista e a revista Espartaco, na que colaborou tamén o futuro avogado Amadeo Varela, falecido no ano 2002.

As orixes deste núcleo trotskistas hai que situalas a mediados do ano 1932 na formación dun grupo de persoas que simpatizaban coa Oposición Comunista de Izquierda e que deciden suscribirse á revista Comunismo, portavoz do trotskismo ibérico e da Izquierda Comunista de Andreu Nin. Podemos reconstruir a historia deste reducido grupo de militantes a través dalgúns datos hemerográficos e a da información achegada por Armando Fernández Mazas en varias entrevistas que nos concedeu entre 1987 e 1991, mesmo facilitándonos manuscritos da súa autoría. O principal aglutinante do grupo sería Juan Rodríguez Dever, coñecido empregado da Farmacia Fábrega, propiedade de Luís Fábrega, dirixente do Partido Radical e un dos máximos líderes do republicanismo local. Con el estaría o mestre Armando Fernández Mazas, cun labor xa destacado no sindicalismo de clase na Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Ourense (ATEO), así como os estudantes universitarios Juan Astorga Anta e Antonio Hermida Cachalvite.

No seu programa a Izquierda Comunista formulaba afortalar a democracia interna nos partidos e sociedades obreiras e criticaba o papel do Partido Comunista do que chegaban a dicir que facía "terrorismo interno nos sindicatos"; eles propuñan pola contra a unidade de acción de todos os partidos obreiros (socialistas e comunistas) a través das chamadas Alianzas Obreras. Estas Alianzas foron decisivas na Revolución de Outubro de 1934 e chamaban a confluír a toda a esquerda radical co movemento socialista. Á altura de 1934 tal soño parecía posible, sobre todo pola radicalización de Largo Caballero e dunha parte da UGT e mesmo do PSOE e das Juventudes Socialistas. Os ourensáns, segundo Armando, foron dos primeiros en practicar o entrismo nas Juventudes do PSOE, mesmo contra a opinión da propia Izquierda Comunista.
Os esquerdistas ourensáns víronse, pois, tentados a militar nas Juventudes Socialistas que dirixían Carrillo e Federico Melchor e que traballaban, para eles, na liña do marxismo revolucionario: "era a única forma de transformar a Agrupación Socialista que en Ourense era unha asociación de amigos de Manuel Suárez, defendía o liberalismo e o reformismo de Prieto e queriamos convertela á tendencia revolucionaria de Largo Caballero". Cos xa citados antes estaban tamén os mestres Adolfo Rodríguez Ansias, un dos dirixentes da ATEO, e Manuel Puga Rodríguez; os canteiros Luís e Ernesto Acuña Nóvoa; Juan Antonio Dopazo, de orixe labrega e con experiencia anarquista da emigración americana; o camareiro Severino Nóvoa; e o estudiante Lisardo Gómez. Todos eles e cinco ou seis persoas máis do grupo trotskista entraron na primavera de 1935 nas Xuventudes Socialistas. Poucos meses despois Izquierda Comunista fusionábase co Bloc Obrer i Camperol para formar o Partido Obrero de Unificación Marxista, pero os ourensáns xa estaban no PSOE, atraídos pola vontade revolucionaria de Largo Caballero, e non chegaron a integrarse no partido trotskista, que tivo un papel protagonista na guerra en Cataluña. As Xuventudes socialistas estaban entón dirixidas por Ramón Fuentes Canal, presidente e logo vítima inocente da represión fascista, o secretario era Antonio Taboada Nóvoa.
‘Espartaco’: voceiro antifascista
Este núcleo esquerdista estivo, con outros mozos de diferente ideoloxía, na xénese da Juventud Estudiantil contra la Guerra y el Fascismo e o seu xornal quincenal Espartaco, que apareceu en decembro de 1935 e editou seis números ata xullo de 1936 (coñecemos só dous, grazas á man xenerosa de Luís Taboada). O xornal e a Juventud Antifascista tiñan a súa sede na Praza do Cid (hoxe de novo Eirociño dos Cabaleiros, o seu nome medieval), onde estivera a antiga sede das sociedades obreiras ata a construción da Casa del Pueblo perto do Posío (en 1929). O xornal facíase na imprenta de La Zarpa, tiña catro páxinas en formato tabloide e dirixíao Severino Nóvoa, camareiro e destacado orador, logo procesado e fusilado; colaboraron nel o propio Armando e o seu irmán Mario Fernández Mazas, xunto con Amadeo Varela, Luís Taboada Camoeiras (das Mocidades Galeguistas), Modesto R. Seijo, Baltasar D. Santalla, Eduardo Villot Canal, Julio Velasco Astray, Ramón Jaimes Azpilcueta e José Luís López Cid.
Espartaco foi unha revista socialista e antifascista, moi crítica co republicanismo radical e pouco respectuosa cos políticos da dereita. Denunciaba o fascismo en Europa e no mundo, o fascismo italiano, o ascenso de Hitler e o nazismo, a ditadura de Getulio Vargas en Brasil e a ameaza totalitaria en España. Baltasar Santalla estudia este movemento en relación co mito da nación no fascismo italiano e o seu concepto de Estado (Disección del fascismo como idea, n.4, febreiro 1936). Eduardo Villot Canal, un mozo comunista, solicita o apoio da Mocidade Galeguista á causa do Frente Popular. Non hai, en cambio, artigos en galego nos números que vimos. O traballo máis denso e valioso é "Un filósofo de la barbarie: Max Scheler", asinado por Amadeo Varela, que o presenta como un apoloxista do patriotismo extremo e da guerra, "documento de incalculable valor psiquiátrico" e "cúmulo de monstrosidades". Segundo Armando Fernández Mazas, nos seus últimos números a revista tomaría
unha orientación demasiado filocomunista, pasando a ser controlada polo PCE e marxinando os colaboradores doutra militancia; tamén Luís Taboada se arredaba do proxecto, cada vez máis agresivo cos políticos doutros grupos republicanos. Sabemos da militancia trotskista noutras ciudades alegas, como Santiago e A Coruña, con presenza de grupos do POUM.
"Toda esta boa laboura, dicía Armando, foi freada pola cacicada de Carrillo e outros dirixentes ó acordar, sen consultar nin convocar Congreso ningún e decidindo pola súa conta, recomendar a xuntanza coas Xuventudes Comunistas en xuño de 1936" (AFM, 1987).
Maurín na cidade
Este grupo esquerdista trouxo á nosa cidade en 1933 ao trotskista Juan Fernández Andrade e á súa muller e, xa en xullo de 1936, a Joaquín Maurín, que pronunciou unha conferencia sobre o Frente Popular na Casa del Pueblo, convidado pola ATEO.
Neste sindicato de mestres tiveron certa incidencia ideolóxica, a través dos escritos en ATEO e Escuela del Trabajo do propio Armando, que asinaba cos pseudónimos Jorge Pla e Pompilio Fernández. Neles fai unha denuncia explícita e constante do estalinismo e da dependencia do PCE de Stalin, á vez que critica a "pereza combativa del partido socialista, prendado de la democracia burguesa". Recomenda a táctica do "frente único leninista" e apoia con matices a liña do Frente Popular, que eles chamaban Frente Obrero Republicano: moi cedo postulan a ruptura dos partidos obreiros con esta alianza electoral, deixando o poder aos partidos republicanos burgueses e reservándose para unha posición de apoio crítico en espera dun novo movemento insurreccional como o fracasado de Outubro de 1934.
En marzo de 1936, seguindo a liña de Andreu Nin, Armando escribía o seu desexo de "que el 16 de febrero (victoria do Frente Popular), que proviene de Octubre, conduzca a un nuevo Octubre triunfante" (ATEO). Nas súas entrevistas, Armando declaraba tamén que o entrismo nas Xuventudes do PSOE fora un éxito, porque frearan a corrupción da actividade societaria e minguaran o dominio dos reformistas, atraendo tamén a moitos militantes do Partido Radical-Socialista, o que seica alarmou o deputado deste partido Alfonso Pazos Cid.
En calquera caso, os largocaballeristas galegos no seu conxunto recolleron nun congreso un total de 700 votos, deles 124 en Ourense, que representaban só o 3,32 por cento do total da militancia socialista galega, segundo datos do historiador Santos Juliá (La izquierda del PSOE (1935- 1936)).
+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

COMENTARIO: 
Dice Marcos Valcárcel en este texto suyo de 2006 que conoce solo dos ejemplares del periódico Espartaco. No se si serían lo que hace unos años pudimos consultar en la Biblioteca de la Diputación de Ourense. Hemos visto otros en el Arquivo Municipal de Ourense y en el Archivo Militar de Ferrol.
Dejamos algunas fotos de estos ejemplares de ESPARTACO, que tuvo dos diseños de cabecera, y que pese a la temática y posicionamiento político, conseguía que algunos negocios y empresas locales insertasen anuncios publicitarios en sus páginas: Farmacia Fábrega, Casa de los Lentes, Café Bar Jardín, Café España, Kiosko Concepción Arenal (Alameda)... 

Cabecera de "Espartaco"(Ourense), 2 de febrero de 1936. Biblioteca de la Diputación de Ourense
 


"Espartaco"(Ourense), 2 de febrero de 1936. Biblioteca de la Diputación de Ourense



"Espartaco"(Ourense), 2 de febrero de 1936. Biblioteca de la Diputación de Ourense


"Espartaco"(Ourense), 2 de febrero de 1936. Biblioteca de la Diputación de Ourense



"Espartaco"(Ourense), 15 de diciembre de 1935. Biblioteca de la Diputación de Ourense


"Espartaco. Periódico antiguerrero y antifascista"(Ourense), 15 de diciembre de 1935. Biblioteca de la Diputación de Ourense

"Espartaco"(Ourense), 15 de diciembre de 1935. Biblioteca de la Diputación de Ourense

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------



"Espartaco"(Ourense), portada de 19 de enero de 1936  (Arquivo Municipal Ourense). Con publicidad de la Farmacia Fábrega.


No hay comentarios: