Leuter González Salgado, o primeiro concelleiro galeguista en Ourense
(un post escrito y enviado por XOSÉ LOIS CARRIÓN GONZÁLEZ para publicar en este blog)
http://www.musarqourense.xunta.es/es/xeral/a-casa-do-concello-de-ourense-2/ |
Hai 87 anos, coa chegada da II República, entra no Concello de Ourense o primeiro concelleiro galeguista na historia da corporación, Leuter González Salgado.
Sen que mulleres e clero votaran, hai 87 anos Ourense recibiu con festa a chegada da II República española, aínda que as dereitas ganaran nas urnas no municipio.
A esas eleccións presentábanse 53 candidatos -24 republicano-socialistas galeguistas; 8 monárquicos; 4 liberais e 17 conservadores. Os veciños, maiores de 25 anos, depositaron o seu voto en 9 colexios electorais.
Sirvan estas letras coma homenaxe a todas aquelas persoas, homes e mulleres, que participaron dentro das forzas progresistas para que a República, a II República, fora unha realidade. E en especial permítaseme que lembre a unha daquelas persoas, un bo e xeneroso, como foi Eleuterio González Salgado, 'O Noso Leuter', como dixo o Patriarca das Letras Galegas, don Ramón Otero Pedrayo.'Meu avó.
Poño dúas imaxe del. A primeira é unha foto dos anos 30. A segunda imaxe, sacada da revista ‘Galicia Emigrante co seguinte texto: ‘Eleuter González Salgado, notable pedagogo gallego al que se deben además numerosos estudios breves dedicados a temas de Galicia, en una pose suya en la asamblea de municipios de Compostela, recogida en rápido apunte por el magistral lápiz de Maside’.
Tanto el coma outras moitas persoas quedaron no anonimato na Longa Noite de Pedra. Coido é interesante lembrar que a súa maior preocupación no Concello foi o desenvolvemento e mellora do Ensino Público, como mestre que era, iniciativas nas que contou sempre coa axuda de Suárez Castro, que anos máis tarde se converterá no Alcalde Mártir de Ourense.
Leuter González, cofundador de la Caja de Ahorros, formou parte da Xestora da Deputación no Primeiro Bienio, organizando diversos centros escolares como as Escolas Públicas en no ex–Hospital das Mercedes; aumentaron orzamentos municipais, crearon a Festa da Árbore de Ourense, así como introduciron institucións complementarias (cantinas, ropeiros, colonias…) ... todo elo seguindo normas e decretos do Ministerio de Instrucción y Cultura. .Entre 1934 e xullo do 36, Leuter presidiu a Cruz Vermella.
Leuter G. Salgado e o que leva unha paxarita en vez de gravata no centro da fotografía. Entrega de agasallos a nenos sen recursos na mañá de Reis (Magos) de 1936 organizada pola Cruz Vermella local. |
Co trunfo da rebelión fascista, tivo que abandonar Ourense e ir de mestre a Vilamarín. Anos máis tarde viría a creación de Galaxia, a fundación do Partido Socialista Galego.... historia para outro día.
Volvendo á proclamación da II República en Ourense, os xornais din que a música, as manifestacións cheas de bandeiras republicanas e galegas foron protagonistas daquel día. Unha das primeiras accións coa proclamación foi arrincar do salón de plenos do Concello o cadro existente do rei Alfonso XIII, retrato que foi destruído e tirado á rúa, mentres a banda de música tocaba A Marsellesa. O comercio pechou as súas portas e a rúa encheuse de Vivas á República ao tempo que se disparaban foguetes.
Primeira Corporación da II República en Ourense.
Os membros da Corporación da República en Ourense foron:
- Ángel Moure, republicasno-socialista, Distrito Nacente (DNa)
- Alfonso Vecino, republicano-socialista, (DNa)
- José Fernández Pérez
- Fernando Ledo. Socialista, (DNa)
- Eugenio Lorenzo Vidal, conservador, (DNa)
- Felisindo Mangana
- José de las Cuevas Vázquez, conservador, Distrito Norte (DN)
- Arturo Fernández Magdalena, conservador, (DN)
- Abelardo García, conservador, (DN)
- José González Paz, conservador, (DN)
- Justo Méndez Aguirre, UM, (DM)
- Jesús Soria González, UM, 277 votos (mesmo número de Luis Fábrega, republicano. Soreteouse quen dos dous quedaba na Corrporación e o azar tocoulle ao primerro) (DN)
- Antonio Álvarez Dopazo, republicano, Distrito Mediodía (DM)
- Cayo Vecino, republicano, (DM)
- Herminio Docabo, agrarista, (DM)
- Manuel Suárez Castro, socialista, (DM)
- Leonardo Pascual Santana, conservador, (DM)
- Alejandro Rodríguez Cobelas, conservador, 199 votos (empatando co tamén conservador Manuel Araujo, a quen o sorteo privou de entrar no Consistorio). (DM).
- Adolfo Menéndez, republicano, Distrito Poniente (DP)
- Eleuterio González Salgado, republicano-galeguista, (DP)
- Manuel Deza, socialista, (DP)
- Antonio Eire Santalla, conservaddor, (DP)
- Valeriano Feijooo Rivera, UM, 167 (DP).
Reunidos en pleno, os asistentes decidiron por 22 votos a favor e un en branco que a Alcaldía recaíra en Álvarez Dopazo. Suárez Castro, Adolfo Menéndez, Cayo Vecino e González Salgado foron nomeados primeiro, segundo, terceiro e cuarto tenente de alcalde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario