Imagen tomada de http://www.santiagodecompostela.org/umad/ (UMAD, Unidad Municipal de Atención a drogodependientes) |
Nota de prensa de SOS Sanidade Pública
SOS Sanidade Pública insta á Consellería de Sanidade a manter os
equipos de prevención e asistencia en materia de drogodependencia, que
funcionan desde hai máis de 20 anos.
Desde o ano 2010, ano no que o actual goberno do PP
chegou de novo a Xunta de Galiza, ven recortando, ano tras ano, os orzamentos
da rede de prevención e asistencia a drogodependentes que recolle o Plan Galego de Trastornos Adictivos.
O que recolle o proxecto de Lei de orzamentos
para o ano 2013, é un recorte de cantidades que ascende a
2.091.469 € sobre o orzamento do 2012. O que está a provocar é que no ano
2013 non se asine o convenio de colaboración ente a Consellería de Presidencia,
a Consellería de Sanidade e a Federación galega de Municipios e Provincias
(FEGAMP) en materia de drogodependencias e trastornos adictivos.
Con estes orzamentos a Consellería de Sanidade decidiu
suprimir todo o investimento dos Equipos de Prevención, ante esta
situación os Concellos son incapaces de seguir a prestar esta
asistencia, poñendo en risco a continuidade de prevención: 43 programas,
e consecuentemente os postos de traballo do persoal destes servizos, 61
traballadoras/es.
O peche dos equipos de prevención vai afondar nos
problemas sociais e de saúde pública. Paradoxicamente, por unha banda a
Consellería de Sanidade deixa sen dotación económica este programas, mentres
segue a manter a súa campaña de publicidade enganosa, xa que o Plan
Galego de Trastornos Adictivos 2011-16 recolle no seu obxectivos” impulsar os
programas de prevención de carácter universal”…
No referente aos Equipos que prestan
Asistencia, o recorte orzamentario vai por en risco a continuidade dos mesmos.
Os concellos non van poder asumir un recorte orzamentario de máis do 15%, que
nalgún deles suporá un recorte de máis de 40.000€
Desde SOS-Sanidade Pública esiximos á
Consellería de sanidade que manteña a dotación orzamentaria suficiente,
estamos a falar dos orzamentos do ano 2009, para garantir a
continuidade dos programas que están a levar a cabo os equipos de
prevención e asistencia. E instamos á Consellería de Sanidade a que
estableza as vías de diálogo para que esta prestación sexa da propia
Consellería contando cos profesionais existentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario