Fotografía postal de la "Residencia sanitaria" de Ourense, años 60. Tomado de www.todocoleccion.net |
"NOTA DE PRENSA da PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE"
Asunto: Declaracións da Conselleira de Sanidade sobre o Plan Director do CHUOU.
Ourense 29 de Setembro do 2011
As últimas declaracións da Sra.Pilar Farjas sobre o Plan Director do CHUOU nas que manifesta que as obras non foron “para adiante” por que o mesmo "non daba resposta adecuada ás prioridades asistenciais e ás necesidades dos pacientes" parecenos unha nova tomadura de pelo a todolos cidadáns da provincia de Ourense.
Que a máxima responsable da Consellería de Sanidade de Galicia, despois de diferentes movilizacións convocadas por esta Plataforma, despois de entrevistas con todolos grupos parlamentarios , incluido o PP, despois de solicitarlle unha entrevista que nunca nos foi concedida, despois de comparecer en sede parlamentaria, despois de vir en periodo de verán a inaugurar unha “habitación piloto” no Hospital de Piñor e decir, a preguntas dos periodistas, “que descoñecia como se ía financiar o Plan Director”, se descolgue agora decindo que o anterior Plan tiña graves problemas que o facian “inviable” parecenos un chanzo máis nesa escalada de propaganda e mentiras a que nos leva acostumbrada dende vai varios meses.
Consideramos que o problema da necesidade de infraestructuras sanitarias de Ourense non ten unha solución por parte do governo galego. Esta falla de solucións xunto coa presión social e mediática e a proximidade dunha nova xeira de movilizacións convocadas por esta plataforma e que rematarán o día 20 de Octubro nunha gran manifestación de toda a provincia na cidade de Ourense está a poñer moi nerviosos os nosos responsables sanitarios. Xunto con esta movilización están convocadas para o día 27 actos de protesta en todalas áreas de Galicia contra a política sanitaria que está a xestionar Dª Pilar Farjas. Polo tanto este clima social provoca que teñan que facer declaracións que xustifiquen a súa torpeza e a deixadez a que teñen sometida a poboación ourensán.
Resulta dificil de entender que despois de tres anos de lexislatura e despois de diferentes declaracións e pronunciamentos en distintos foros se nos diga nestes momentos que se acaban de enterar que o proxecto do Plan Director “non cumpría as condicións necesarias”, entón ¿que pasou ata este momento?, ¿cómo non se dixo nada ao respecto ata caseque finais do 2011?,
¿como non dixeron nada ela nen a máxima responsable do Sergas Dª Rocio Mosquera nas comparecencias parlamentarias?, ¿toman os de Ourense por persoas faciles de enganar? ¿ou non se enterán do seu cometido?
Para a Plataforma estas declaracións reafirmannos na razón e na xustiza das nosas peticións. Desgraciadamente as nosas “profecias” están a cumprirse e a data do Plan Director é “sine die”. Por todo elo proseguiremos con máis forza nas nosas reinvindicacións e movilizacións e pedimos a toda a cidadanía de Ourense ( sen distinción de ideolóxias) que amose o seu rexeitamento contra aqueles que están a converter a nosa sanidade pública non nun dereito básico das persoas senon nun negocio privado. A sanidade pública e patrimonio de todos e todas e non podemos permitir o seu deterioro.
Ourense 29 de Setembro do 2011."-
Nota prensa |
No hay comentarios:
Publicar un comentario