miércoles, 13 de julio de 2011

La saga de los Baltar (médicos compostelanos)


Ya nos adelantó ayer la primicia el profesor Luis Montiel a través de la lista de correo de SEHM (Sociedad Española de Historia de la Mediciana), en la que nos indicaba que acababa de salir un trabajo sobre la biografía del cirujano compostelano Ángel Baltar Cortés
El libro "Dr. Ángel Baltar Cortés (1868-1934). Maestro de Cirujanos" ha sido escrito por el doctor Fernando J. Ponte Hernando (Logroño, 1959), que es doctor en Medicina por la Universidad de Santiago de Compostela, y se dedica profesionalmente a la Pediatría, siendo además profesor acreditado en Historia de la Ciencia.
Aún no hemos tenido la oportunidad de leer el texto, pero seguro que introduce aportaciones novedosas a la figura de este importante médico santiagués, a la cual ya se habían acercado a estudiar otros autores de la Historia de la Medicina de Galicia como por ejemplo el profesor José Carro Otero en su libro "Materiais para unha historia da Medicina galega"(1998), o Dimas Romero Vázquez en su "Galería de médicos gallegos ilustres" (1977).
Ignoramos si el libro se extiende a hablar de dos de los hijos del doctor Ángel Baltar que se dedicaron a la Medicina: Ramón Baltar Domínguez (1902-1981) y Antonio Baltar Domínguez (1906-1970). A ellos ya se les han hecho acercamientos desde libros y trabajos que se han publicado sobre la represión franquista en Galicia (libros de R.Gurriarán, I.Díaz Pardo, X.Alonso Montero, M. Díaz Rey, D.Simón...). Ambos fueron importantes profesionales y docentes de la medicina, implicados en la cultura y la política gallega de su tiempo, pese a las vicisitudes de a Guerra Civil y posguerra. Desde el verano de 1936, Antonio Baltar Domínguez tiene que exiliarse a Argentina (al igual que a Castelao, amigo de su familia). Su hermano Ramón Baltar Domínguez, que queda en Galicia en los años de la Guerra Civil, sufrirá cárcel, juicios y presiones varias desde la maquinaria represiva franquista en la posguerra. Hablaremos más extensamente de ellos otro día.
Hoy descubrimos una reseña en la prensa (Xornal.com) sobre la presentación del libro en Santiago de Compostela, y la reproducimos a continuación.
Enhorabuena al Prof. Ponte Hernando y a la editorial Inéditor por esta publicación.
-------------------------------------------------------------------------------------------http://www.xornal.com/artigo/2011/07/12/cultura/baltar-operou-castelao/2011071223583101506.html

O Baltar que operou a Castelao

IAGO FANDIÑO
12/07/2011 - 23:58 h.
[URL
Ponte Hernando narra a vida de Ángel Baltar, “pai da medicina moderna galega”
“Ángel Baltar e Castelao gozaron dunh­a grande amizade tras a operación do escritor en 1911”, relata o autor do libro Dr. Ángel Baltar Cortés (1868-1934). Maestro de Cirujanos (Inéditor, 2011), Fernando Ponte Hernando. Un esbozo que repasa os datos máis salientables, desde un perfil humano e profesional, da vida do brillante cirurxián galego Ángel Baltar Cortés e que foi presentado na tarde de onte no Museo do Pobo Galego.
“A relación entre ambas familias foi moi íntima”, segue a relatar o tamén doutor Ponte Hernando. “O propio Ángel Baltar ofreceu fondos para financiar varias melloras nas infraestruturas da vila de Rianxo, o que lle valeu para ser nomeado fillo adoptivo da vila”. Este é un dato máis sobre unha das figuras máis importantes, e tamén máis esquecidas, da historia contemporánea de medicina galega.
O doutor Ángel Baltar Cortés, que naceu en Padrón no 1868, foi un dos pais da cirurxía moderna de Galicia. O seu inquedo carácter de investigador levouno a ser un dos principais artífices do paso cara a unha nova cirurxía en Galicia. “Introduciu as análises clínicas a antisepsia, entre outra serie de avances de primeira orde”, relata o médico Fernando Ponte.
O cirurxián tivo unha vea creativa ao inventar varios instrumentos para o seu traballo. “Houbo algún que foi realmente pintoresco, como o gancho de extracción de moedas dos tractos respiratorios e dixestivos”, sinala o autor da biografía. “Foron unhas achegas importantes para a medicina da época”. Este carácter científico fixo que mantivese correspondencia cos maiores e máis importantes médicos europeos e foi o alicerce para fundar, xunto con Manuel Varela no ano 1908, o primeiro sanatorio cirúrxico de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela.
PRIMEIROS RAIOS X
Neste centro sanitario déronse as primeiras achegas que puideron garantir o paso cara a cirurxía moderna. Entre as máis importantes, atópanse os raios X ou uso de anestesia, que permitiron un gran avance médico xa que, como recorda Ponto Hernando, “antes, os pacientes tiñan que tomar alcol para non sufrir tanto nas operacións”.
O doutor explica que na época de Ángel Baltar a cirurxía “estaba a sufrir a súa revitalización”. Tal e como sinala no libro, “pásase dunha cirurxía de emerxencia, na que os dou­tores operaban en cru a unha moito máis relaxada e con grandes avances que permitiron chegar a recunchos do corpo humano nos que antes era impensable operar”.
O cirurxián sempre estivo pendente do mundo da medicina e, tras ser condecorado en 1928 coa Cruz de Beneficiencia, creou a Fundación Baltar, que outorga becas bianuais.
Outro dato salientable deste doutor é a amizade que tivo co intelectual galeguista Castelao. Tal é como comenta o neto de Ángel Baltar, Juan Ramón Baltar, que asistiu á presentación do libro, “a relación de amizade vén desde a infancia de Castelao, xa que o seu pai foi un gran amigo da familia e o vínculo dura ata hoxe”.
Pero aínda que a figura de Ángel Baltar goza dunha grande importancia dentro dos círculos da medicina, non ocorre o mesmo dentro da sociedade. Tal e como sinala Ponte Hernando, “o esquecemento social de Ángel Baltar é xeneralizado e pasa con outras figuras como Miguel Gil Casares”. Unha das posibles solucións para que as novas xeracións non esquezan a súa importancia é, segundo relata Juan Ramón Baltar, “a publicación de biografías que dean a coñecer o que fixeron outros médicos importantes”.
[URL] http://www.xornal.com/artigo/2011/07/12/cultura/baltar-operou-castelao/2011071223583101506.html

2 comentarios:

cargamonton noche dijo...

David , Suena interesante la reseña en en xornal , Si puedo La leere luego.

Saludos.

David Simón-Lorda dijo...

Antonio Baltar Domínguez
Un médico exiliado e con sensibilidade social http://www.culturagalega.org/albumdaciencia/detalle.php?id=1051