El Dr. Rafael de Vega (izquierda) en axto oficial (inauguración?) del Hospital Provincial de Santa María en Lugo. Año 1930. |
https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/anulada-condena-rafael-vega-executado-polo-fascismo-1936/20240807175955204341.html
tomado do link de Nós Diario:
"O Goberno estatal anula o xuízo a Rafael de Vega, médico republicano asasinado en Lugo en 1936
Masón e médico de Lugo, sufriu un xuízo sumarísimo.
O Goberno estatal procedeu, a través do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática, á declaración de recoñecemento e reparación persoal para o médico de Lugo Rafael de Vega Barrera, tras a solicitude presentada e ao quedar acreditado que sufriu "persecución por razóns políticas e ideolóxicas durante a época da guerra civil española".
Fíxoo con base no disposto na Lei de Memoria Democrática e ao declarar "ilegal e ilexítimo" o tribunal que xulgou Rafael de Vega Barrera e calquera outros órganos que, a partir do golpe de estado de 1936, constituíronse "para imporlle por motivos políticos, ideolóxicos, de conciencia ou crenza relixiosa condenas ou sancións", xa fosen estas penais ou administrativas.
Natural da vila de Zazuar (Burgos) e médico de profesión, era tamén membro da masonería. Traballou como cirurxián en Lugo e despois foi director do Hospital Municipal da cidade da Muralla, localidade na que foi o encargado de proclamar a Segunda República española desde o balcón da casa do Concello.
Durante as eleccións xerais de 1931 foi elixido deputado pola demarcación provincial de Lugo en representación do Partido Republicano Radical, sendo detido cinco anos despois, concretamente o 24 de xullo de 1936, polos militares sublevados, para ser posteriormente recluído na Prisión Provincial.
Logo, procesóuselle mediante procedemento sumarísimo urxente e, por sentenza de outubro de 1936 ditada polo Consello de Guerra instruído na praza militar, resultou condenado a pena de morte polo suposto delito de traizón. A súa execución produciuse o 21 de outubro de 1936. Posteriormente, os seus bens foron incautados e se lle impuxo unha multa de 1,5 millóns de pesetas en concepto de responsabilidade patrimonial".
‐---------
Outros links:
https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/search?q=Vega+barrera
https://www.researchgate.net/publication/269278703_Medicos_Ourensanos_Represaliados_en_la_Guerra_Civil_y_en_la_Posguerra_Historias_de_la_longa_noite_de_pedra . Médicos ourensanos represaliados en Guerra Civil y posguerra. David Simón Lorda. 2010. Ed. FUNDACIÓN DEZ DE MARZO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario