sábado, 16 de abril de 2022

"A Guerrilla antifranquista, un recoñecemento pendente". Acto del Abril Republicano 2022 ( Amigos da República, Ourense). 20 abril 2022.



"Botarse ao monte", grabado/dibujo de Conde Corbal, de su magnífica y poco conocida carpeta de 88 grabados titulada "O fardel da guerra, 1936-1986" (1987).



 ABRIL REPUBLICANO 2022.

AMIGOS DA REPÚBLICA OURENSE

PROGRAMA DE ACTOS.


Mércores, 20 ABRIL 2022

LICEO DE OURENSE

20:00


A Guerrilla antifranquista, un recoñecemento pendente

• Dionisio Pereira González

• Xosé Ramón Ermida Meilán


++++++++++++++++++++++++++++++++++++

Dionisio Pereira González: é economista e historiador galego. Autor de numerosos ensaios e artigos sobre a historia do anarquismo galego, sobre a represión franquista ou sobre a guerrilla antifranquista galega. Ten participado en proxectos interuniversitarios como Nomes e Voces entre 2006 e 2013. Foi Premio Galicia Mártir da Fundación Alexandre Bóveda no ano 2007. Falaranos dos traballos de investigación que realiza na actualidade sobre a guerrilla na “raia” ourensana con Portugal e as súas actividades e relacións coas redes de evasión naqueles anos.

Xosé Ramón Ermida Meilán (Foz,1973) é autor de diversas investigacións sobre a represión franquista, a historia do nacionalismo e os movementos sociais e políticos na Galiza contemporánea. Foi un dos coordinadores do exitoso coleccionable "A guerrilla galega ao descuberto", publicado no xornal “Nós Diario” a finais do ano 2021.

++++++++++++++++++++++++++++++++++++



 




No hay comentarios: