domingo, 1 de diciembre de 2013

MANIFESTO DÍA MUNDIAL DE LUCHA CONTRA EL SIDA- OURENSE

Este día 1 de Diciembre  se  celébró el Día Mundial de la Lucha contra el SIDA y con tal motivo el Comité Anti-Sida de Ourense y el Concello de Ourense celebraron un acto conmemorativo en la  Praza Bispo Cesáreo (delante de la  estatua de Blanco Amor) donde se procedió a la lectura de un interesante y valiente manifesto.

Este día 1 de Diciembre  se  celébró el Día Mundial de la Lucha contra el SIDA y con tal motivo el Comité Anti-Sida de Ourense y el Concello de Ourense celebraron un acto conmemorativo en la  Praza Bispo Cesáreo (delante de la  estatua de Blanco Amor) donde se procedió a la lectura de un interesante y valiente manifesto.
https://www.facebook.com/prosanidadedigna.ourensehttps://www.facebook.com/photo.php?fbid=542990972460822&set=pcb.542991005794152&type=1&theater
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

MANIFESTO DÍA MUNDIAL DE LUCHA CONTRA EL SIDA OURENSE

            Neste Día Mundial de loita contra a Sida volvemos visitar ó amigo Eduardo Blanco Amor, un símbolo de reivindicación da visibilidade dos diferentes e dos marxinados. Traemos o lazo vermello que significa a loita solidaria contra a enfermidade, que nos últimos 30 anos foi abrindo portas á esperanza. Sobre o vermello traemos un lazo de loito negro pola insolidariedade duns gobernos que están condenando os logros sociais e sanitarios.

Os recortes nos servizos comunitarios son realmente produto dunha ideoloxía que despreza o público. Hai un plan para reducilo ó mínimo, privatizando a xestión do rendible en beneficio de corporacións vencelladas ó gran capital e ós partidos políticos, e abocando o resto á volta ós tempos da beneficencia e a caridade. Con cifras de paro irrecuperables, relacións laborais salvaxes, o encarecemento da vida e a ruína das familias, se está producindo unha regresión social de imposible retorno. Nesta paisaxe, as persoas en situación de maior vulnerabilidade pola pobreza, a enfermidade ou a exclusión social son empurradas escaleiras abaixo.
A retirada da lista de coberturas farmacéuticas, e o repagamento de medicamentos que impuxo o SERGAS, prexudica dunha maneira especial ós afectados pola Sida. Moitas desas medicinas sonlles imprescindibles para tratarse de enfermidades menores, as chamadas “oportunistas”, asociadas á propia Sida. Enfermos de Sida que son pensionistas con prestacións económicas miserables se están vendo forzados a abandonar tratamentos. Isto provócalles un deterioramento de saúde que acaba provocando ingresos hospitalarios que si supoñen un elevado gasto evitable. Persoas afectadas por enfermidades graves cercanas á Sida, como cancros ou hepatites, teñen que asumir o custo de carísimos medicamentos que antes recibían sen custo nas farmacias dos hospitais.
            Os migrantes sen papeis nin recursos quedaron excluídos do sistema público de saúde, ó que unicamente poden acudir pola porta de urxencias, baixo a ameaza de ter que pagar unha factura imposible. Esta marxinación provoca novos riscos para a saúde pública ó deixar fóra de control sanitario moitas persoas en risco de vir xa enfermas ou de enfermar pola marxinación na que quedan.
            A casa de acollida para enfermos de Sida, que mantén aberta dende hai dúas décadas o Comité Anti – Sida de Ourense, perdeu nos últimos anos o 50 por cento do financiamento da Xunta. Isto ameaza seriamente a súa existencia, imprescindible xa que os recortes nos servizos públicos devolveron o risco de exclusión social dos afectados ó estado dos anos noventa do século pasado.
            As ONG que traballan cerca da Sida sofren un progresivo abandono por parte do Estado e da Xunta, que recortaron drasticamente, e mesmo suprimiron, as achegas para programas de prevención ou atención. Isto bota pola borda moitos anos de traballo coordinado entre as Administracións públicas e o movemento asociativo de base comunitaria, que se ten demostrado como o único método que ofrece resultados positivos na abordaxe do problema do VIH Sida entre poboacións marxinalizadas ou en risco, ante as que unicamente as asociacións que pisan as rúas teñen credibilidade. O abandono á súa sorte por parte das entidades do Estado das ONG que atenden á poboación marxinal fará afundir o solo que únicamente estas organización están interpoñendo entre ese crecente sector da poboación e o abismo da exclusión total.
Os recortes chegan tamén ós tratamentos para as persoas con problemas de drogas, ós sen fogar, as persoas con enfermidades mentais e outros sectores da poboación especialmente fráxiles. Os empobrecidos concellos están asumindo o custo de manter abertos con dignidade servizos socio sanitarios que son competencia doutras administración ante o risco de que desaparezan. No caso de Ourense é sinalado o da Unidade de Condutas Aditivas. A sanidade en Ourense está sufrindo serias agresións. Paralizar a modernización do CHUO e a construcción dos centros de saúde do Couto e da Carballeira, ou recortar servizos sanitarios, como o de pediatría, semella que están tomando a Ourense como campo de experimentación da liquidación do público.

            Por se fose pouco, a nova Lei de seguridade cidadán e o proxecto do Código Penal ameazan con talladas fundamentais o exercicio das liberdades cidadáns. Tipifican como delitos, fortemente sancionados e penados, comportamentos individuais como o mero consumo de drogas ou o uso da vía pública. Perseguen calquera forma de protesta, denuncia pública ou manifestación de desacordo. Pretenden silenciar unha sociedade civil que está reaccionando ante os abusos dun sistema que despreza ás persoas sobrantes nos seus pláns. 
________________________________________________________________________________

PRENSA: El Comité Anti-Sida de Ourense alerta de que los recortes potencian el avance de la enfermedad.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------
.


1 comentario:

David Simón-Lorda dijo...

Aunque las muertes por sida en la población general han disminuido un 30 por ciento en los últimos años, un grupo especialmente preocupante son los adolescentes. El número de muertes por sida entre los jóvenes ha aumentado un 50 por ciento entre 2005 y 2012. Esta información fue facilitada por la Organización Mundial de la Salud (OMS) en Ginebra con motivo del Día Mundial del Sida, que se celebrará el 1 de diciembre.http://www.univadis.es/medical-news/2d93b7c2d24a4ed83ae65b3e7fdfdab8?WT.mc_id=UNI_UNL_WED_ES_es_97