Mensaje/convite del Director del Arquivo Histórico Provincial de Ourense con motivo del Día Internacional de los Archivos:
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
Prezado/a amigo/a:
O vindeiro venres, 7 de xuño, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) celebra oDÍA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS a traveso dunha xornada de portas abertas que consistirá na organización de visitas guiadas ás 12.30 hs. e ás 18.30 hs. na súa sede da rúa Hernán Cortés 2 (máximo de 20 persoas por visita). Boa parte da visita dedicarase a comentar a mostra documental que este ano se dedica á fe pública e á documentación xerada por escribáns e notarios ao longo da Historia.
Os arquivos históricos provinciais concentran unha parte moi importante deste rico acervo documental e facilitan o acceso ao mesmo nas súas salas de consulta. Na mostra documental organizada polo AHPOu poderanse contemplar, pergamiños con escrituras medievais, rexistros de escrituras e protocolos notariais con información textual e figurativa de interese para a historia de Ourense. Tamén poderán verse expedientes xudiciais nos que os escribáns actuaron como secretarios de xulgado, así como libros de actas do Concello de Ourense do século XVIII, nos que o escribán de número exercía a función que hoxe desempeñan os secretarios municipais.
En definitiva, tratarase de facer ver a importancia da fe pública á hora de garantir aautenticidade dos documentos e como iso contribuíu ao afianzamento da seguridade xurídica no funcionamento das comunidades humanas complexas.
Un cordial saúdo,
Pablo Sánchez Ferro
Director do AHPOu
Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Hernán Cortés, 2
32005 OURENSE
Tfno: 988 22 34 93
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
No hay comentarios:
Publicar un comentario