A Asociación cultural "A Bela Auria" recrea o Ourense dos anos 20 nunha festa de
carácter histórico. Propoñen 16 horas de
cultura para o 29 de setembro no Xardín do Posío, no Liceo e no Trampitán. Entre as actividades
figuran música, obradoiros para os máis cativos e cinema musicado.
SEMANA DO 1 AO 4 ORGANIZADO POR ALEHOU (Asociación de Licenciados e Estudantes de Historia Ourense) e A Bela Auria.
DATAS (Todos os días ás 20:00 no Liceo)
|
CONFERENCIANTES
|
TITULOS
|
Luns 1 de Outubro do 2012
|
David Simón Lorda
|
ALGUNAS HISTORIAS DE LA SANIDAD OURENSANA EN LAS PRIMERAS DÉCADAS DEL SIGLO XX (Del Hospital de As Mercedes al Hospital modelo de As Lagoas pasando por “La Gota de Leche” y la gripe de 1918 )
|
Martes 2 de Outubro do 2012
|
Beatriz Rodriguez Cougil
|
"La Educación en Ourense a principios del siglo XX"
|
Mércores 3 de Outubro do 2012
|
Andrea Valeiras Fernández
|
"Conquistando el cuarto poder: medios y sociedad a principios del s.XX"
|
Xoves 4 de Outubro do 2012
|
Luis Martínez-Risco Daviña
|
Vixencia de Nós
|
Conferencia sobre: "Algunhas historias da sanidade
ourensana nas primeiras décadas do século XX"
Liceo (Ourense)
O Liceo de Ourense acolle o luns, día 1 de outubro, unha conferencia sobre Algunhas historias da sanidade ourensana nas primeiras décadas do século XX, impartida por David Simón Lorda, doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. O acto está previsto para as20.00 horas, con entrada gratuíta.
Na súa intervención, David Simón trazará unha visión panorámica da organización da asistencia sanitaria en Ourense dos anos 20. Nesta liña, o ponente analizará aspectos como os hospitais da cidade, tanto os públicos como a iniciativa privada. Outros temas que abordará o conferenciante na súa intervención serán as epidemias, as campañas de vacunación e outros temas de organización e mellora da saúde pública que foron liderados pola sanidade municipal ou o Instituto provincial de Hixiene, pero tamén por iniciativas semi-privadas como La Gota de Leche.
A conferencia forma parte do programa de actividades organizado con motivo da celebración de A Bela Auria, a festa histórica de Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario