- CREADO POR:
- Colectivo “ Persoas por nenos de Gaza “
- + DE 21.000 NENOS ASASINADOS: STOP Á BARBARIE DE GAZA
Viches furgonetas que levan mesturados nenos mortos e feridos chegando a un hospital? Nenos que comen area para mostrarnos a súa desesperación porque só hai area e non fariña. Nenos que abandonan o edificio no que viven porque en escasos minutos vai ser derrubado, vai ser feito cachizas, a pesar de que no mesmo queden anciáns e feridos. Isto non pode seguir. Non podemos seguir mirando para outro lado. Temos que velo, ten que doernos e facernos dano para que vexamos a autentica dimensión da ignominiosa traxedia. Mañá pode pasarnos a nós. Gaza non pode ser o elefante na habitación. Debemos falar do que pasa para recoñecer o auténtico tamaño desta traxedia retransmitida en directo por miles de testemuños. E actuar. máis de 21.000 nenos - nenas e nenos - morreron e todos os que aínda viven están a ser sometidos a un inferno de sufrimento e morte. Morte por armas e por fame. Debemos facer que se impoña o cesamento do fogo e se abran corredores humanitarios. Esta é a nosa iniciativa solidaria. Informar, concienciar e recadar fondos para Médicos Sen Fronteiras, para que poidan chegar co seu incrible labor ao maior número de nenos e salvar as súas vidas.
++++++++++++++++++++++++
ACTOS EN CELANOVA 20/09/2025
"Baixo o nome PERSOAS, uns medicos ourensanos impulsan esta iniciativa solidaria que recadará fondos para Médicos Sen Fronteiras. A través da súa web (no enlace que se achega a continuación) podedes facer unha doazón directamente a MSF:
Intevendrá s, mediante videoconferencia desde Valencia, Raúl Incertis, médico anestesista que acaba de regresar tras pasar 4 meses no Hospital de Nasser, a quen entrevistou antes de onte Carlos Alsina, e que foi recollido no último mes por decenas de medios.
Tamén participarán unha muller Palestina e a catedrática de Dereito Internacional Laura Carballo, que informarán sobre o que está a acontecer no ámbito da Xustiza Internacional e da ONU en relación co conflito.
Por último, cómpre dicirche que o colectivo ao que representamos leva por nome PERSOAS e ten como obxectivo reunir precisamente iso: a todas e todos os que se sintan persoas.
Encantaríanos contar contigo, porque só coa presenza nestes actos de persoas de todos os ámbitos sociais, económicos, culturais e políticos se poderá dar a esta barbarie que sofre Palestina a transversalidade precisa para construír unha inmensa maioría que apoie e defenda, en todo o mundo, ás vítimas máis vulnerables, facendo da empatía, da compaixón e da exixencia á comunidade internacional dun alto ao fogo inmediato e da axuda ás vítimas un sentir común, lonxe de calquera confrontación polarizante ou paralizante."