lunes, 18 de julio de 2011

Homenaje a las víctimas del franquismo en la comarca de Verín, Monterrei y Conxo- As Frieiras (Ourense): estreno del documental "Causa 1.021"

Dentro de unos días (22 de julio, viernes, a partir de las 21:30 en la plaza da Merced en Verín (Ourense) se estrena el documental "CAUSA 1.021".
El documental aborda el inicio de la Guerra Civil en Verín y la represión franquista sufrida diversas personas de la zona de Monterrei y As Frieiras. Entre ellas estaba el médico Carlos Reino Caamaño que era el alcalde de Verín por el Frente Popular (Izquierda Republicana) en julio de 1936.

+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
O acto inclúe a proxección dun documental sobre a represión fascista na zona e unha festa.
A Unión Local da CIG de Verín organiza este venres 21 de xullo un acto ao aire libre en homenaxe ás vítimas do franquismo nas comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras. A cita é na Praza da Merced a partir das 21.30 horas.
A parte central da homenaxe consistirá na proxección dun documental, realizado para esta celebración, no que se analizarán os sucesos que aconteceron na vila de Verín hai 75 anos, entre o día 20 e 22 de xullo de 1936, relativos a conformación dunha milicia popular armada para a defensa da República e contra o golpe de estado. Esta iniciativa daría lugar posteriormente á detención de ducias de persoas da comarca e á formación dun consello de guerra contra o alcalde, a corporación republicana da vila e sindicalistas e políticos que remataría co fusilamento dos representantes municipais do concello, no cuartel de San Francisco de Ourense. Outros militantes antifascistas da vila foron condenados a penas de máis de 20 anos de reclusión.
“Tras a proxección do documental haberá unha festa popular en homenaxe a todos as persoas que foron reprimidas, fusiladas, encarceradas, escapadas, exiliadas e executadas polo terrorismo falanxista e franquista nas comarcas de Verín e Conso Frieiras”, indican dende a Unión Local da CIG.