martes, 18 de octubre de 2011

A ATENCION PRIMARIA EN GALICIA en Outono do 2011: reflexions de Pablo Vaamonde e de Manuel Martín (AGDSP) na defensa da Sanidade Pública

 Acto de sinatura do Plan de Mellora da Atención Primaria 2007-2011. Presidido polo Presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño no Pazo de Raxoi, Abril 2007.
Apoiaron o Plan: Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec), la Federación de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública (FADSP), CIG, CCOO, UGT,  Sociedad Gallega de Medicina General-SEMG, Sociedad Española de Médicos de Atención Primaria (Semergen-Galicia), Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (Agapap), CESM y CSIF. 

´´´´´´´´´´´´´´
Ofrecemos aos lectores do blog dous textos asinados por profesionais da atención primaria de prestixio en Galicia.  Neles se denuncia a situación da Atención Primaria na nosa Comunidade Autónoma neste outono do 2011. En primer lugar , Manuel Martín y a continuación un post del blog de Pablo Vaamonde

"DESMANTELAMENTO  DA ATENCION PRIMARIA EN GALICIA
(O silencio dos cordeiros)"
por Manuel Martín (Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública e socio de Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria)


"A mobilización unitaria dos profesionais e organizacións da Atención Primaria, de fai poucos anos, estivo dirixida a conseguir os recursos, cambios organizativos e funcionais que permitisen ter a AP a capacidade resolutiva e a calidade asistencial necesaria  para ser o eixo do sistema.
Entre os resultados desta loita estivo o Plan de Mellora de AP en Galicia elaborado e consensuado por as  organizacións de AP e a Estratexia AP 21 apoiada polo Consello Interterritorial, os Servizos de saúde autonómicos e as organizacións do nivel primario. Desgraciadamente coa chegada da actual Conselleira de Sanidade la situación experimentou un cambio substancial:

  1. Paralizouse a aplicación do Plan de Mellora a pesar de que quedaban por crear 193 prazas de medicos de familia, 40 de pediatría ou 915 de todos as categorías profesionais; deixouse de investir o 60% do orzado ou se mantiveron as limitacións na o acceso aos recursos diagnósticos.

  1. Introduciuse un brutal recorte no orzamento de AP (21,7% nos dous últimos anos) moi lonxe do 2,3% de redución na Atención Hospitalaria.

  1. Nas novas xerencias únicas desaparece a AP que quedará sometida aos xerentes dos hospitais de área. Isto supón que a AP quedará sen posibilidade para xestionarse autónomamente, conseguir recursos, ou para controlar os procesos asistenciais. Con esta medida a administración sanitaria galega abandona o obxectivo de que a AP sexa algún día o eixo do sistema sanitario. 

No resto do estado a Estratexia AP 21  tamén foi abandonada pola maioria dos  gobernos autonómicos . 
Fronte a estas agresións das administracións un clamoroso silencio da AP en Galicia mentres O Foro da AP   (unha parodia sectaria  e conservadora da PT 10M ao servizo dun sindicato corporativo ), tampouco  fai nada. ¿Os profesionais perderon a esperanza dunha AP de calidade e aceptan o papel secundario no sistema? ; ¿non hai capacidade de iniciativa na AP?; ¿renunciamos ao  futuro? 
Chama a atención que non aproveitemos a crise  como a gran oportunidade da AP por estar baseada na promoción e prevención de saúde fronte ao consumismo e o uso intensivo e irracional de recursos tecnolóxicos custosos e iatroxénicos. 
Para esta viaxe non facían falta tantas alforxas (nin esforzos)."

++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

http://pablovaamonde.blogspot.com/2011/10/na-defensa-da-sanidade-publica.html

martes 18 de octubre de 2011

"Na defensa da sanidade pública

por PABLO VAAMONDE
Cando Núñez Feijóo tomou posesión como presidente da Xunta, en abril de 2009, debuxou un escenario catastrófico, baseado na crise económica, que lle permitiu predicar unha política de austeridade extrema.Afirmou, daquela, que os recortes nunca afectarían á sanidade e á educación, piares do estado do benestar.Mentiu: pasados dous anos os feitos desminten radicalmente as súas verbas: está a desenvolver unha política ultraliberal que provoca un deterioro notable nos servizos sanitarios públicos namentras favorece negocios privados a costa dos orzamentos. Nestes días pasados xa avisou“O que fixemos en Galicia é o que imos facer en toda España”. E non está só; tamén Ana Pastor afirmou que “o PP recortará un 25% do gasto coa súa reforma sanitaria”. O que non explicou é que servizos deixará de ofrecer a sanidade pública e cales terán que abonar os cidadáns mediante copago. 

A sanidade pública en Galicia experimentou, durante os catro anos de goberno de progreso, un avance extraordinario. O apoio político decidido aos servizos públicos plasmouse en melloras tecnolóxicas e organizativas, na integración na rede do Sergas das arruinadas Fundacións Sanitarias, na creación de novas prazas e a consolidación do emprego dos traballadores. O impulso foi especialmente visible na Atención Primaria (AP) donde se incrementou a carteira de servizos, dotouse de medios aos Centros de Saúde e informatizáronse as consultas, coa posta en marcha da historia clínica e a receita electrónica, que permiten mellorar a calidade da atención sanitaria. Toda esta tarefa puido ser realizada co apoio de moitos profesionais que aportaron o seu esforzo e colaboración. Tamén houbo que superar, daquela, a oposición frontal do PP e de certas forzas sindicais, que puxeron todos os atrancos posibles e provocaron crispación nos centros de traballo para dificultar os avances.

O actual goberno do PP fixo un enorme recorte no orzamento de AP (22% nos últimos dous anos), desmontou o Plan de Mellora e puxo en marcha a xerencia única que fai desaparecer as xerencias de AP e deixa este nivel asistencial como un apéndice dos hospitais. É ben sabido que a mellora na eficiencia dos servizos sanitarios pasa polo fortalecemento dao primeiro nivel asistencial, que debe constituir o eixo do sistema e estar dotada de persoal e medios para ter maior capacidade de resolución. Pero esta Xunta tomou o camiño contrario: aniquila a AP e favorece unha política sanitaria “hospitalocéntrica”, que provoca máis gasto, mais iatroxenia e menos eficiencia.
Diante destes feitos a resposta dos profesionais e das organizacións profesionais foi o silencio. Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública, clamaba nun escrito recente: “É que os profesionais perderon a esperanza nunha AP de calidade? Non hai capacidade de iniciativa na AP? Renunciamos ao futuro?”. Algúns  profesionais, se cadra, están satisfeitos coa situación: a proximidade ideolóxica ao partido gobernante poida que sexa maioritaria. Pero tamén debemos preguntarnos que están a facer as forzas sindicais, noutrora tan belixerantes e intransixentes –algunhas liderados por os  que agora ocupan postos directivos-; que traballos desenvolvenos partidos da oposición, ademáis de lamber nas propias feridas; e cales son as iniciativas dasorganizacións profesionais para defender o sistema público. Non é preciso preguntar a que se dedican osColexios de Médicos: son cómplices e compañeiros de viaxe do grupo no poder. 

A nosa sanidade é das mellores e máis eficientes do mundo: o investimento corresponde ao 6% do PIB cando a media na UE é do 9%. A reducción dos orzamentos, a eliminación de servizos e a precarización laboral van provocar a perda de calidade asistencialDe non producirse unha resposta dos cidadáns o deterioro da sanidadecontinuará sen remedio ata que só teñamos uns servizos de beneficencia para os máis e unha  sanidade privada para a élite económica. A plataformaSOS Sanidade Pública está a convocar mobilizacións contra dos recortes sanitarios: “Míntennos: queren converter a nosa sanidade pública e o dereito a unha atención sanitaria digna, nun negocio privado”. Se non hai resposta social seguirán a utilizar as tesouras, ata que non haxa xa onde cortar. Se deixamos destruir o sistema sanitario que hoxe temos perderase un elemento fundamental de cohesión social. Compre elevar a voz para que saiban que estas políticas de recorte público non son aceptadas pola maioría da poboación. E debemos lembrar que hai un punto de non retorno: chegados a certo nivel de destrucción xa non é posible recuperar o perdido".