viernes, 13 de mayo de 2011

COLOQUIO – DEBATE SOBRE A SANIDADE PÚBLICA EN OURENSE, luns día 16 de maio, ás 17:00 horas, no Ateneo

COLOQUIO – DEBATE SOBRE A SANIDADE PÚBLICA EN OURENSE
(organizado pola Plataforma en defensa da sanidade pública en Ourense)

Os principais partidos que aspiran ao goberno municipal exporán as súas propostas na materia nun acto ante o público e os medios de comunicación
  
O luns día 16 de maio, ás 17:00 horas, no Ateneo, celebrarase un debate sobre a situación da sanidade pública en Ourense no que participarán representantes das principais candidaturas que nestes momentos compiten por lograr o futuro goberno municipal na nosa cidade.

Está confirmada a comparecencia das seguintes persoas:
  • Francisco Rodríguez, actual alcalde e candidato á reelección polo PSOE.
  • Isabel Pérez, tenente de alcalde e candidata do BNG á alcaldía de Ourense.
  • Miguel Abad, ex-delegado de Sanidade e membro da candidatura do PP encabezada por Rosendo Fernández.
  • Jon Saez, candidato de EU-IU á alcaldía de Ourense
 O acto público consistirá nunha intervención de cada candidato respostando ás propostas que lle plantexe un representante da Plataforma, que actuará de moderador, e que versarán sobre os principais problemas que atravesa na actualidade a sanidade pública, para rematar cunha intervención libre sobre o modelo social e sanitario que cada quen defende para Ourense e que vai levar á práctica no caso de que chegue a gobernar a cidade.
Están convidados todos os medios de comunicación, usuarios da sanidade pública, traballadores do sector e cidadanía en xeral, ata completar aforo.

O debate é aberto, pero atendendo a unha pauta que a Plataforma lle plantexa aos intervintes, aínda que sen pretender cortar a ninguén.
Tomado de El País Galicia, 22-4-2011

A idea á facer tres preguntas e unha cuarta cuestión aberta para que os/as relatores/as expoñan as súas ideas.

  1. Qué valoración fai do Plan Director que existe para o Complexo Hospitalario de Ourense ? Hai que retiralo, ou paga a pena retomalo ? En calquera caso, qué ten pensado facer e plantexar ante a Xunta de Galicia no caso de acadar o goberno municipal ?
  2. Cal é a posición que vostede mantén sobre o papel que deben xogar as infraestructuras sanitarias de Toén e Piñor ?
  3. En canto ao financiamento da infraestructuras sanitarias, sexan hospitais ou centros de saúde, qué modelo defende ? público, privado ou mixto ? asume o compromiso de incidir na concepción que vostede defende á hora de ceder, buscar ou xestionar terreos ?
  4. Dentro das competencias municipais en materia sanitaria, cales son as propostas do seu grupo para contribuír a unha cidade saudábel e con atención aos sectores máis desfavorecidos coma dependentes, persoas maltratadas, toxicómanos/as, desempregados/as de longa duración ou persoas en situación de exclusión ?
 Se houbese algunha suxerencia, pódese enviar ao correo da Plataforma (plataformasanidadeourense@gmail.com)


Ourense, a 14 de maio de 2011.

3 comentarios:

David Simón dijo...

Centros con fondos privados, ideal de Farjas, esixen a Madrid 80 millóns.
Os hospitais, co modelo que propón Feijóo, ameazan agora co colapso se non aumentan tamén o canon anual en 10 millóns.
http://www.xornal.com/artigo/2011/05/15/sociedad/centros-fondos-privados-ideal-farjas-esixen-madrid-millons-mais/2011051523343000702.html

David Simón dijo...

http://www.laregion.es/pdf.php?idnoticia=154631
LA REGION (Ourense)
La campaña llega a la sanidad pública
Ourense - 17-05-2011
Miembros de las candidaturas que compiten por la Alcaldía de la ciudad
participaron ayer en un debate sobre la situación y el futuro de la sanidad
pública en Ourense.

David Simón dijo...

http://pablovaamonde.blogspot.com/2011/05/saude-como-negocio-ii.html
A saúde como negocio (II)
http://www.galiciahoxe.com/opinion/gh/novo-hospital-vigo/idEdicion-2011-05-16/idNoticia-669372/

O novo hospital de Vigo. Construír os novos hospitais polo sistema PFI (Iniciativas de Financiamento Privado) é máis caro e deteriora a calidade asistencial. Así o demostran as experiencias do Reino Unido, Madrid e Valencia. Pero Núñez Feijoo parou o proxecto do goberno de progreso, que tiña iniciado o procedemento para a construción dun grande hospital en Vigo, referencia para toda a área Sur, con financiamento e xestión públicos e a un custo moi inferior. Dous anos despois, o novo proxecto, de financiamento e xestión privada, foi adxudicado a unha UTE (unión temporal de empresas) constituída por Acciona, Puentes y Calzadas, Altair, Concessia e Ocasa (Obras, Caminos y Asfaltos).

O Sergas queda comprometido a pagarlles ás empresas adxudicatarias preto de 72 millóns de euros ao ano durante vinte anos. Ademais estas obterán beneficios pola xestión dos aparcadoiros e outras explotacións comerciais, que o actual goberno lle cedeu tamén á dita UTE. Así aparece reflectido nun excelente informe elaborado pola AGDSP (Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública), que conclúe: "O cambio de proxecto incrementa o custo en máis de 1.000 millóns de euros". Unha parte importante dos orzamentos sanitarios pasará, deste xeito, a mans privadas, sen que os cidadáns obteñan beneficio ningún. Pola contra, é previsible un empeoramento da asistencia e da situación laboral dos traballadores.

A selección da adxudicación realizouna a consultora privada PriceWaterhouseCoopers (PwC), compañía que parece estar inmersa, segundo a AGDSP, "en todo tipo de procesos por delitos fiscais e por actuar con neglixencia en estafas e falsificación de contas de empresas nas que actuaba a dita consultora". Ademais, por se fora pouco, en PwC traballa a filla da xerente do Sergas. Con todos estes precedentes non é posible que PwC poida actuar como garante da legalidade e da ausencia de conflitos de interese.


Os propietarios e xestores do novo hospital son un grupo de empresarios e banqueiros con múltiples intereses en xogo e "as empresas construtoras seleccionadas parecen ter intereses cruzados co Partido Popular e están acusadas de prácticas concursais prohibidas". Así pois, non importa poñer en risco a sanidade galega, nin despilfarrar o diñeiro público (coa crise como escusa para usar este sistema) nin deixar hipotecado o sistema sanitario; nin siquera tentan gardar as aparencias. Este goberno semella que só procura favorecer os negocios de grupos afíns. Poñen, de novo, o público ao servizo do privado.