lunes, 24 de junio de 2024
LA DRA. OLIMPIA VALENCIA ("Ciclo recordando a..." en El Liceo de Ourense, 24 junio 2024)
viernes, 14 de junio de 2024
A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) homenaxea ao Dr. Carlos Guitián ( en Ourense, 15 xuño, 2024)
Carlos Guitián Rodríguez (1927-2024) |
Carlos Guitián en 2017. Imagen tomada de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2024/01/27/span-langglfalece-aos-96-anos-urologo-carlos-guitian-medico-galeguista-innovou-nunha-tecnica-cirurxicaspan/00031706386416824956281.htm |
A Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) homenaxea ao Dr. Carlos Guitián Rodríguez (1927-2024) mañá sábado en Ourense. Dende este blog sumámonos ao merecido homenaxe a este galeno ourensano .
”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
* Xosé González Martínez. Presidente do Foro E. Peinador.
Hai dous anos visitamos no seu domicilio ourensán ao doutor Carlos Guitián. Tiñamos mentes de facerlle unha entrevista. A súa saúde xa estaba quebrada e o resultado foi outro do previsto: apenas aproveitamos algunhas respostas, moi proveitosas, por certo, para aproximarmonos ao seu perfil biográfico
Carlos Guitián morreu con noventa e seis anos. A súa especialdidade médica foi a uroloxía. Moitos ourensáns recordan os seus acertados diagnósticos en tempos nos que a ciencia non acadara os graos de perfección que ten hoxe a expecialidade. Á consulta do doutor Guitián acudían pacientes dos pobos da provincia de Ourense, reenviados por médicos rurais con escasa formación para detectaren anomalías fisiolóxicas de difícil diagnóstico e tratamento, tal e como relata no seu libro “Enfermos pobres, médicos tristes”, o doutor Roberto Fernández Álvarez, cuxa lectura recomendo, ao persoal sanitario, pero tamén a todas as persoas que teñen interese pola historia da sanidade pública.
O doutor Carlos Guitián pertenceu por inclusión xeracional a unha élite médica que se deu en chamar Escola Médica Compostelana, constituída por catedráticos da Facultade de Medicina que tiñan consulta privada. Os pacientes con patoloxías severas incertas acudían con frecuencia á “Fonte Limpa”, que así denominaban popularmente os titulares daquelas clínicas privadas de médicos humanistas, avalados polos coñecementos científicos en conexión constante cos centros de investigación máis avanzados do mundo naqueles tempos.
Carlos Guitián formou parte desa élite médica. O seu selo humanístico fundamentabase no coñecementos das peculiaridades propias e na idiosincrasia dos doentes galegos (“as enfermidades son iguais en todos os sitios do mundo, pero os doentes non”). De aí que o noso admirado doutor estivese involucrado en cantas iniciativas culturais tivesen como obxectivo a galeguización de Galicia.
Coñecíno na chamada “Misa de Rosalía” que un grupo de crentes galeguistas convocaban anualmente cada 25 de xullo. E como estamos a falar dun modo de resistencia perante un réxime negador das manifestación culturais de raíz galega, permítome lembrar que a primeira liturxia en lingua galega fora oficiada polo P. Seixas colaborando eu co oficiante na condición de monaguillo na efeméride patriótica de 1965. Alí estaba eu con quince anos. A xente que acudía á igrexa de San Domingos de Bonaval era numéricamente pequena, pero cualitativamente de nivel intelectual elevado; os máis deles, sobreviventes da Xeración Nós, e cofundadores da restauración cultural de Galicia no franquismo. Non lembro quen foi, pero alguén dos presentes presentoume a Carlos Guitián como un máis “das novas xeracións de mozos que han continuar o noso labor”.
Pero foi outro 25 de xullo de 1969, cando a intervención policial dirixida polo axente da brigada social, Benito Nieto “O chepas”, a quen coñeciamos en Vigo, fora dunha contundencia desmedida por mor dunha voz que emitíu un “Viva Galicia Ceibe”. Lembro ao meu carón a Otero Pedrayo co caxato erguido pedíndolle inútilmente responsabilidade a aqueles policías desertores do arado indocumentados que repartían porrazos a eito, sen miramentos. Non esquezo a imaxe do escultor Camilo Nogueira, grande coma un castelo, caendo a rebullón polas escaleiras; outros intentaban fuxir en desbandada daquela desproporcionada agresividade policial. Deteñen a Xaime Isla Couto e isto motiva que Carlos Guitián alporizadamente dixera “non hai dereito”. A resposta do policía foi dicir “y Vd, también”, metendo os dous como sacos de patacas nun “Jeep”.
A Irmandade da Sanidade Galega, que é unha entidade que pretende galeguizar aos profesionais da sanidade, convoca para o próximo día 15 de xuño, en Ourense, dous actos: un, na Avda. da Habana onde vivíu Carlos Guitián, para descubrir unha placa de homenaxe a súa memoria; media hora despois, outro de índole académica no paraninfo do Instituto Otero Pedrayo, que contará coa presenza do Presidente do Parlamento de Galicia, para glosar as virtudes que adornaron o intelixente e modélico bo facer profesional do homenaxeado. No mesmo acto ingresarán na Irmandade da Sanidade Galega dezasete novos irmandiños e irmandiñas, médicos e demais profesionais do sistema sanitario galego- dispostos a secundaren o exemplo galeguizador de Carlos Guitián, coa idea de crear unha escola de galeguismo na sanidade pública.
+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++
Otros Links:
- "Carlos Guitián Rodríguez, médico, voluntario y galeguista hasta la médula" https://www.laregion.es/articulo/ourense/obituario-carlos-guitian-rodriguez-medico-voluntario-galeguista-medula/202401280700531268717.html
-Del Dr Guitián al Dr. Romano: urología en Ourense y Galicia. https://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com/2017/04/del-dr-guitian-al-dr-romano-urologia-en.html
-"Carlos Guitián e as lembranzas", http://www.laregion.es/opinion/manuel-herminio-iglesias/carlos-guitian-lembranzas/20170412083305700522.html
-"Homenaxe ao doutor Carlos Guitián", http://www.farodevigo.es/opinion/2017/04/24/homenaxe-ao-doutor-carlos-guitian/1666136.html
-"Don Carlos Guitián, o médico que facía as recetas en galego", http://pablovaamonde.blogspot.com.es/2017/04/don-carlos-guitian-o-medico-que-facia.html
lunes, 3 de junio de 2024
Luís Pimentel o médico poeta (Medicina e Letras Galegas na Biblioteca da Facultade de Medicina da USC ,maio 2024)
https://sway.cloud.microsoft/isA46KzOx7DNeZA6?ref=Link&loc=endofstory |
https://www.zendalibros.com/tu-que-sabes-de-luis-pimentel/ |
Neste 2024 a Biblioteca da Facultade de Medicina da USC continúa a súa serie de mostras sobre antigos estudantes da facultade a quen se lles chegou a adicar o Día das Letras Galegas nalgunha ocasión.
Achegánse este ano á figura de Luís Pimentel (Lugo, 1895-1958), médico e poeta lucense homenaxeado pola Real Academia Galega no ano 1990.
Este médico-poeta estudou Medicina en Compostela entre 1914 e 1922. Logo, desenvolveu toda a súa carreira médica en Lugo.
A súa produción literaria non é moita pero relacionase estreitamente coa súa actividade profesional, tal como o deixa reflectido nestas verbas:
“Señoras e señores: Non é raro, senón frecuente, que os médicos teñamos aficións artísticas, ou literarias. Por esta frecuencia chegouse a pensar en cal sería o motivo: o contacto tan directo coa dor humana? (...) eu vos digo que a miña profesión de médico serviu para dar vida aos meus poemas, e tamén esta vocación de poeta (así o creo eu) para exercer a certa altura ética e estética a miña carreira (…)”
Déixamos un enlace a unha pequena presentación de Luís Pimentel e da súa obra, e que ten sido elaborada pola BIBLIOTECA da FACULTAD DE MEDICINA de SANTIAGO DE COMPOSTELA.
LINK a presentación a expo(Biblioteca de la Facultad de Medicina de la USC) :
Medicina e Letras Galegas
Luís Pimentel o médico poeta
https://sway.cloud.microsoft/isA46KzOx7DNeZA6?ref=Link&loc=endofstory
(Biblioteca de la Facultad de Medicina de la USC)
https://sway.cloud.microsoft/isA46KzOx7DNeZA6?ref=Link&loc=endofstory |