martes, 22 de octubre de 2024

Homenaxe ás vítimas do franquismo ( 31 de outubro, Día da Memoria e Homenaxe a todas as vítimas do golpe militar, a Guerra e a Ditadura). Acto en Ourense o 28 outubro (organiza Comisión Executiva municipal do PSdeG de Ourense)


 


Aprobada en outubro de 2022, a Lei de Memoria Democrática busca promover o coñecemento das etapas democráticas da historia de España e manter a memoria das vítimas da guerra española e da ditadura franquista.

Esta Lei de Memoria Democrática está destinada a toda a sociedade en xeral e, en particular, a todas as vítimas que sufriron danos físicos, morais, psicolóxicos ou patrimoniais, ou viron socavados os seus dereitos fundamentais, como consecuencia das violacións das normas internacionais de dereitos humanos e do dereito internacional humanitario durante o período que abrangue o golpe de estado do 18 de xullo de 1936, a guerra posterior e a ditadura, incluído o período ata a entrada en vigor da Constitución de 1978.
Nesa Lei estableceu varias datas como días oficiais de Memoria: o 31 de outubro, como Día da Memoria e Homenaxe a todas as vítimas do golpe militar, a Guerra e a Ditadura; e o 8 de maio, como Día de lembranza e homenaxe ás vítimas do exilio como consecuencia da Guerra e da Ditadura.

--------------------------------


Imaxe tomada de https://psdegpsoeourense.es/wp-content/uploads/2024/10/cartel_vitimasgcfranquismo.jpeg?w=1024


A Comisión Executiva municipal do PSdeG de Ourense organiza un acto para homenaxear ás vítimas da guerra civil e o franquismo no que se abordará a lei de Memoria Democrática.
👉 O encontro terá lugar o vindeiro luns, 28 de outubro, ás 19.30 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel e nel se abordará, entre outros aspectos, a Lei de Memoria Democrática
Contará coas intervencións da secretaria xeral, Natalia González; o secretario de Memoria Democrática, Xosé Lois Carrión, así como o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e a secretaria xeral de XX.SS. de Ourense, Alba Iglesias.

🟥 Ourense, 21 de outubro de 2024. A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE, da man da secretaria xeral, Natalia González, o secretario de Memoria Democrática, Xosé Lois Carrión, así como o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e a secretaria xeral de XX.SS. de Ourense, Alba Iglesias, homenaxeará ás vítimas da guerra civil e o franquismo o vindeiro luns, 28 de outubro, cun acto que terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
🟨 Trátase dunha homenaxe que non só recorda ás persoas asasinadas, tamén a aqueles que tiveron que exiliarse ou resultaron presas en cárceres e campos de concentración ou traballo, ademais de abordar distintos aspectos da Lei de Memoria Democrática aprobada hai dous anos nas Cortes Xerais. “Esta normativa fundaméntase no firme convencemento de que o coñecemento do noso pasado recente contribúe a asentar a nosa convivencia sobre bases máis firmes, protexéndonos de repetir os seus erros”, destaca Natalia González.
🟪 Pola súa banda, Xosé Lois Carrión engade que a lei “sitúa ás vítimas da guerra e da ditadura franquista no centro da acción pública e das políticas de memoria democrática, que teñen por obxecto dar cumprimento aos principios do dereito internacional dos dereitos humanos de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición”. 
+++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++++

No hay comentarios:

Publicar un comentario